Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, nado na Coruña o 19 de xuño de 1524 e finado en Madrid o 21 de agosto de 1590, foi o V conde de Lemos e un dos aristócratas máis importantes do reino de Galiza durante o século XVI.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Pedro Fernández de Castro-Andrade e Portugal 19 de xuño de 1524 (Gregoriano) A Coruña, España |
Morte | 21 de agosto de 1590 (66 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Conde Conde de Lemos |
Fillos | Fernando Ruiz de Castro Andrade y Portugal |
Pais | Fernando Ruiz de Castro y Portugal e Tareixa de Andrade e Ulloa |
Traxectoria
editarEra o fillo primoxénito de Fernando Ruiz de Castro Osorio e Portugal, ao que sucedeu en 1575, e da súa esposa Tareixa de Andrade, primoxénita de Fernando de Andrade, II Conde de Vilalba e I Conde de Andrade. Ostentou os títulos de V Conde de Lemos, II Marqués de Sarria, III conde de Vilalba e II conde de Andrade. Na súa persoa fusiónanse as Casas de Andrade e Lemos
Tivo varios fillos, entre eles Fernando Ruiz de Castro Andrade e Portugal.
Criado na corte do emperador Carlos V prestou grandes servizos militares a Filipe II durante a guerra con Portugal. Faleceu repentinamente aos 66 anos de idade.