Ramón Núñez Centella
Ramón Núñez Centella, nado na Coruña o 16 de agosto de 1946, é un divulgador científico galego. Dende o ano 2008 é director do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de agosto de 1946 (78 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Divulgador científico |
Lingua | Lingua castelá |
Premios
| |
Traxectoria
editarLicenciado en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela e Master of Arts en Didáctica das ciencias pola Universidade de Nova York, Ramón Núñez dedicouse ó ensino das ciencias dende 1970, cando se integrou no grupo Padres y Maestros, dirixido por Jesús Garrido. Na revista desta asociación publicou numerosos artigos sobre a didáctica e sobre a aplicación das ideas de Jean Piaget á educación científica. Realizou a adaptación a España do programa SCIS, da Universidade de California en Berkeley, para o ensino activo da ciencia a nivel elemental. Entre 1976 e 1977 formou parte do equipo do Project City Science (Universidade de Nova York) baixo a dirección de F. James Rutherford.
En 1981 e 1982 organizou a "Mostra Bibliográfica pra Escola Galega", un catálogo de libros sobre Galicia dirixido a ensinantes e estudantes. Na súa segunda edición recolléronse máis de 800 referencias bibliográficas. En 1982 comezou a escribir artigos de divulgación científica en La Voz de Galicia, baixo o pseudónimo "M. da Cortiña".
En 1983 o concello da Coruña nomeouno director do Servizo Municipal de Educación, dende onde propuxo e deseñou a Casa das Ciencias, inaugurada en 1985 baixo a súa dirección. Dende entón exerceu como divulgador, defendendo a interdisciplinariedade cultural, a diverxencia, o espírito lúdico e a provocación intelectual como ferramenta educativa. Con eses mesmos principios deseñou e dirixiu, ademais, a Domus (Casa do Home) e o Aquarium Finisterrae (Casa dos Peixes), que se inauguraron en 1995 e 1999, respectivamente.
Tamén participou no deseño museolóxico doutros centros, coma o Museo das Ciencias Príncipe Felipe de Valencia, en colaboración con Manuel Toharia, e apoiou e asesorou a creación de museos de ciencia e planetarios en España, coma o Parque das Ciencias de Granada e o Planetario de Pamplona. É autor do guión de numerosas exposicións e programas de planetario e auspiciou diferentes iniciativas para a renovación do ensino das ciencias e a promoción da divulgación científica, coma o Premio Luís Freire de investigación científica.
Colaborador habitual da revista Muy Interesante dende 1991, tamén publicou artigos de opinión e de divulgación científica en xornais coma El País, La Vanguardia, Diario 16 e La Voz de Galicia, onde foi un dos creadores do suplemento "La Voz de la Escuela". En 1992 recibiu o Premio Nacional de Periodismo Científico, outorgado polo CSIC. É membro da Academia de Gastronomía de Galicia, da Asociación Española de Periodismo Científico, da Academia de Ciencias de Nova York e da Royal Institution. Pronunciou centos de conferencias en todo o mundo sobre museoloxía, divulgación, didáctica das ciencias, periodismo científico e historia da ciencia.
Obra
editarProxectos museolóxicos
editar- Casa das Ciencias (A Coruña, 1985)
- Domus (A Coruña, 1995)
- Aquarium Finisterrae (A Coruña, 1999)
- Museo das Ciencias Príncipe Felipe (Valencia, 2000)
- Museo da Evolución Humana (Burgos, en construción)
- MUNCYT (A Coruña, 2012)
Libros
editar- Nombres comunes, visiones propias: Diccionario heterodoxo, 1996 (ISBN 84-8211-087-X)
- Guía para perderse en Domus (Coordinador), 1997 (ISBN 84-86836-67-0)
- Galileo, mensajero de las estrellas (Coordinador), 2002 (ISBN 84-95600-10-2)
- Galicia, camiño celeste (obra colectiva), 2003 (ISBN 84-08-07545-5)
- O marisco en Galicia (obra colectiva), 2004 (ISBN 84-9785-035-1)
- Tocar, pensar, sentir, soñar, 2005 (ISBN 84-95600-32-3)
- La huella de Einstein (Coordinador), 2005 (ISBN 84-689-4110-7)
- Esta es mi gente, 2007 (ISBN 84-935631-0-3)
- Un científico en la cocina, 2007 (ISBN 84-08-07545-5)
- Esta es mi gente. Inventos y anécdotas de 46 mentes prodigiosas, 2007.
Exposicións máis relevantes
editar- Nuevos materiales (1989)
- Madera del aire (1990)
- Las vueltas que da la vida (1992)
- Hache-dos-O (léase agua) (1993)
- El rostro humano (1995)
- Blanca y redonda (1997)
- Amarillo por naturaleza (1997)
- De craneo et calvaria (1998)
- Sección de Genética (Domus 2002)
- Bosque de cromosomas (MCPF Valencia 2003)
- Vacunas para todos (2003)
- Palabras de la Ciencia (2004)
- Los huesos vivientes (2004)
- Homínidos y homínidas (Domus 2005)
Principais programas de planetario
editar- El Zodíaco (1987)
- La Familia del Sol (1989)
- Vía Láctea (1993)
- Crónicas marcianas (1996)
- Galileo, mensajero de las estrellas (2001)
- Cita con Venus (2004)
Módulos expositivos destacados
editar- El esqueleto azul (Domus 1995)
- Gioconda Sapiens (Domus 1995)
- El gabinete del Capitán Nemo (Aquarium Finisterrae 1999)
- El gen de la telomerasa (Domus 2002)
Notas
editar- ↑ "Organización del Museo Nacional de Ciencia y Tecnología". Consultado o 04 de xaneiro de 2013. (en castelán)
- ↑ "La FECYT nombra a Ramón Núñez Centella director del Museo Nacional de la Ciencia y la Tecnología de A Coruña" (en castelán)