Yoichiro Nambu

físico estadounidense

Yoichiro Nambu (南部 陽一郎 Nanbu Yōichirō?), nado en Toquio o 18 de xaneiro de 1921 e falecido en Osaca o 5 de xullo de 2015, foi un físico estadounidense de orixe xaponesa.

Modelo:BiografíaYoichiro Nambu

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 南部 陽一郎 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1921 Editar o valor en Wikidata
Toquio, Xapón Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xullo de 2015 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Toyonaka, Xapón Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Toquio - física (–1952)
Universidade de Princeton
Fukui Prefectural Fujishima High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico teórico, físico, catedrático, investigador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Chicago
Universidade Ritsumeikan
Osaka City University (en) Traducir
Universidade de Toquio Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosBindu A. Bambah (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoSavas Dimopoulos (en) Traducir e Ramon Brewster Hoff (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.193) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: 南部-18 Find a Grave: 149567302 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

É famoso por ter proposto a "cor de carga" da cromodinámica cuántica, por ter realizado traballos en principios de ruptura espontánea de simetría electrodébil na física de partículas, e por ter descuberto que o modelo de dobre resonancia podería explicarse coa teoría de cordas da mecánica cuántica, sendo ademais, canda Holger Bech Nielsen, John H. Schwarz e Leonard Susskind, un dos fundadores desta teoría. Foi recoñecido con numerosos premios e honras tales como o Premio Nobel de Física, Premio J. Robert Oppenheimer, a Medalla Nacional de Ciencias dos Estados Unidos, Orde de Cultura do Xapón, a Medalla Max Planck, o Premio Wolf, a Medalla Franklin, a Medalla Dirac ou o Premio Sakurai.

Nambu converteuse inicialmente en profesor de física da Universidade de Osaka en 1950. Tamén foi profesor emérito da Universidade de Chicago.

A Acción Nambu-Goto da teoría de cordas recibe ese nome na honra de Nambu e de Tetsuo Goto. Por outra parte, os bosóns sen masa planteanse na teoría de campos con ruptura espontánea de simetría e denomínanse ás veces bosons Nambu-Goldstone.

O 7 de outubro de 2008 foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus descubrimentos en física subatómica, xunto cos xaponeses Makoto Kobayashi e Toshihide Maskawa.[1][2]

  1. "Nobel para tres exploradores de la materia subatómica". El País (en castelán). 2008-10-07. ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-03-01. 
  2. La Jornada, ed. (7 de outubro de 2008). "Nobel de Física a investigadores de la “ruptura espontánea de la simetría”" (en español). Consultado o 19 de decembro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar