Saltar ao contido

Porcelana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Gasparoff (conversa | contribucións)
 
Liña 10: Liña 10:
== Orixe ==
== Orixe ==
[[Ficheiro:Meissen-Porcelain-Dancers.JPG|miniatura|dereita|220px|[[Porcelana de Meissen]].]]
[[Ficheiro:Meissen-Porcelain-Dancers.JPG|miniatura|dereita|220px|[[Porcelana de Meissen]].]]
A orixe da porcelana está na China, na época da [[dinastía Shui]] ([[581]]-[[617]]). Xa no período seguinte, a [[dinastía Tang]] ([[618]]-[[906]]), a porcelana obtivo enorme pulo e fabricáronse obxectos da maior calidade artística. As primeiras noticias sobre o material chegaron a Europa da boca e a pluma de Marco Polo, pero o comercio efectivo non comezou ata mediado o [[século XIV]]. Os obxectos, xa preciosos no seu lugar de orixe, aumentaban de prezo polas dificultades do transporte, polo que os clientes europeos chegaban a pagar por eles sumas exorbitantes. Este feito provocou que pronto se intentase fabricala nos países importadores, pero se descoñecían completamente tanto a composición exacta da pasta como as temperaturas adecuadas para a súa cocción. Os diversos experimentos foron permitindo a descuberta de novos materiais: na corte dos [[Médici]]s inventouse unha falsa porcelana, a porcelana branda o tenra, similar á cerámica [[maiólica]], que coce a menor temperatura e é menos resistente que a porcelana dura. Este tipo de pasta acadou en [[Inglaterra]] gran calidade.
A orixe da porcelana está na China, na época da [[dinastía Shui]] ([[581]]-[[617]]). Xa no período seguinte, a [[dinastía Tang]] ([[618]]-[[906]]), a porcelana obtivo enorme pulo e fabricáronse obxectos da maior calidade artística. As primeiras noticias sobre o material chegaron a Europa da boca e a pluma de Marco Polo, pero o comercio efectivo non comezou ata mediado o [[século XIV]]. Os obxectos, xa preciosos no seu lugar de orixe, aumentaban de prezo polas dificultades do transporte, polo que os clientes europeos chegaban a pagar por eles sumas exorbitantes. Este feito provocou que pronto se intentase fabricala nos países importadores, imitando as decoracións da [[Cerámica azul e branca|cerámica branca e azul]], pero descoñecían completamente tanto a composición exacta da pasta como as temperaturas adecuadas para a súa cocción. Os diversos experimentos foron permitindo a descuberta de novos materiais: na corte dos [[Médici]]s inventouse unha falsa porcelana, a porcelana branda ou tenra, similar á cerámica [[Mallólica|maiólica]], que coce a menor temperatura e é menos resistente que a porcelana dura. Este tipo de pasta acadou en [[Inglaterra]] gran calidade.


== Variedades ==
== Variedades ==

Revisión actual feita o 15 de maio de 2021 ás 05:17

Flores de porcelana (Madrid, século XVIII).

A porcelana é un material de cerámica feito a partir doutros materiais, como arxila en forma de caolinita, cuarzo e feldespato, refinados a altas temperaturas. Trátase dun produto de cor branca, impermeable e translúcido.

Denominación

[editar | editar a fonte]

O termo "porcelana" procede dun malentendido. Cando Marco Polo escribiu as súas memorias de volta das súas viaxes, contou que nas costas de Asia se pescaban uns moluscos de cunchas brancas que eran moi apreciadas pola súa beleza e cuxo nome era porcelana. No mesmo capítulo da súa obra louvou a beleza e brancura da cerámica chinesa, polo que moitos lectores, dado que se descoñecía a composición da cerámica chinesa, interpretaron que esta se facía a partir das cunchas do molusco, polo que lle deron ó material o seu nome.

Composición

[editar | editar a fonte]

A pasta da porcelana componse de caolín e feldespato e debe sufrir un complicado proceso de cocción en varias fases e a distintas temperaturas que oscilan entre os 700 e os 1450 °C. O produto final é un material translúcido de aspecto vitrificado, pouco poroso, de cor branca e sonoro ó tacto que permite a fabricación de obxectos notables polo seu brillo, finura e resistencia á calor. As porcelanas considéranse obxectos suntuarios e o seu estudo encádrase dentro das artes decorativas.

Porcelana de Meissen.

A orixe da porcelana está na China, na época da dinastía Shui (581-617). Xa no período seguinte, a dinastía Tang (618-906), a porcelana obtivo enorme pulo e fabricáronse obxectos da maior calidade artística. As primeiras noticias sobre o material chegaron a Europa da boca e a pluma de Marco Polo, pero o comercio efectivo non comezou ata mediado o século XIV. Os obxectos, xa preciosos no seu lugar de orixe, aumentaban de prezo polas dificultades do transporte, polo que os clientes europeos chegaban a pagar por eles sumas exorbitantes. Este feito provocou que pronto se intentase fabricala nos países importadores, imitando as decoracións da cerámica branca e azul, pero descoñecían completamente tanto a composición exacta da pasta como as temperaturas adecuadas para a súa cocción. Os diversos experimentos foron permitindo a descuberta de novos materiais: na corte dos Médicis inventouse unha falsa porcelana, a porcelana branda ou tenra, similar á cerámica maiólica, que coce a menor temperatura e é menos resistente que a porcelana dura. Este tipo de pasta acadou en Inglaterra gran calidade.

Variedades

[editar | editar a fonte]

Existen dúas grandes variedades de porcelana:

  • Porcelana branda: non contén caolín e cócese con menos calor que a pasta dura, polo que poden utilizarse para decorala pigmentos e técnicas que non soportan temperaturas tan intensas. De orixe chinesa, chegou a Europa no século XVIII da man de artesáns alemáns, en especial dos que traballaban nas manufacturas de Meissen.
  • Porcelana dura: coce a maior temperatura e a pasta adquire grande resistencia e unha cor branca grisalla.