Peixe (alimento): Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:Produto da pesca mediante HotCat Etiqueta: Reversión manual |
m engado a Categoría:Produtos da pesca mediante HotCat |
||
Liña 41: | Liña 41: | ||
[[Categoría:Alimentos de orixe animal]] |
[[Categoría:Alimentos de orixe animal]] |
||
[[Categoría:Peixes]] |
[[Categoría:Peixes]] |
||
[[Categoría:Produtos da pesca]] |
Revisión actual feita o 12 de xuño de 2024 ás 14:43
Moitas especies de peixes son capturadas polos humanos e consumidas como alimento en practicamente todas as rexións do mundo. O peixe foi unha importante fonte dietética de proteínas e outros nutrientes ao longo da historia da humanidade.
Desde 1961, o aumento medio anual do consumo aparente de peixe (3,2 por cento) superou o crecemento da poboación (1,6 por cento) e superou o consumo de carne de todos os animais terrestres, combinados (2,8 por cento) e individualmente (bovino, ovino, porcino etc.), agás aves de curral (4,9 por cento). En termos per cápita, o consumo de peixe alimentario pasou de 9,0 kg en 1961 a 20,2 kg en 2015, a unha taxa media de aproximadamente 1,5 por cento ao ano.[1] A expansión do consumo foi impulsada non só polo aumento da produción, senón tamén pola combinación de moitos outros factores, entre eles a redución do desperdicio, a mellor utilización, a mellora das canles de distribución e a crecente demanda dos consumidores, vinculada ao crecemento da poboación, ao aumento da renda dispoñible e á urbanización.[1]
Europa, o Xapón e os Estados Unidos representaron xuntos o 47 por cento do consumo total de peixe alimentario do mundo en 1961, pero só un 20 por cento en 2015. Do total global de 149 millóns de toneladas en 2015, Asia consumiu máis de dous terzos (106 millóns de toneladas a 24,0 kg per cápita).[1] Oceanía e África consumiron a parte máis baixa. O cambio é o resultado dos cambios estruturais no sector e en particular do crecente papel dos países asiáticos na produción de peixe, así como dunha diferenza significativa entre as taxas de crecemento económico dos mercados de peixe máis tradicionais do mundo e os de moitos mercados emerxentes cada vez máis importantes, especialmente en Asia.[1]
Preparación
[editar | editar a fonte]O peixe pódese preparar de varias maneiras. Pódese servir sen cociñar (por exemplo, o sashimi), curado por marinación (ceviche), en escabeche (arenques en escabeche) ou afumado (salmón afumado); ou cociñados ao forno, fritidos (fish and chips), á prancha, pochado (court-bouillon) ou ao vapor.
O historiador británico William Radcliffe escribiu en Fishing from the Earliest Times:
Valores nutritivos
[editar | editar a fonte]A nivel mundial, o peixe e os produtos pesqueiros proporcionan unha media de só unhas 34 calorías por habitante e día. Porén, máis que como fonte de enerxía, a contribución dietética do peixe é significativa en termos de proteínas animais de alta calidade e facilmente dixeribles e especialmente na loita contra as deficiencias de micronutrientes.[1] Unha porción de 150 g de peixe proporciona entre o 50 e o 60 por cento das necesidades diarias de proteína dun adulto. As proteínas do peixe son esenciais na dieta dalgúns países densamente poboados onde a inxestión total de proteínas é baixa, e son particularmente importantes nas dietas dos pequenos estados insulares en desenvolvemento.[1]
Intermediate Technology Publications escribiu en 1992 que "o peixe proporciona unha boa fonte de proteínas de alta calidade e contén moitas vitaminas e minerais. Pódese clasificar como peixe branco, peixe azul e marisco. O peixe branco, como o abadexo e o atún, conteñen moi pouca graxa (normalmente menos do 1%), mentres que os peixes azuis, como as sardiñas, conteñen entre un 10 e un 25. Estes últimos, polo seu alto contido en graxa, conteñen unha serie de vitaminas liposolubles (A, D, E e K) e ácidos graxos esenciais, todos os cales son vitais para o funcionamento saudable do corpo".[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 In brief, The State of World Fisheries and Aquaculture, 2018 (PDF). FAO. 2018.
- ↑ Juvenal: The Satires Satire IV: Mock Epic, pages 25–29. Traducido por A. S. Kline 2011.
- ↑ Fellows Pp and Hampton A (Eds.) (1992) Fish and fish products Arquivado 08 de febreiro de 2019 en Wayback Machine. Chapter 11 in: Small-scale food processing – A guide for appropriate equipment Intermediate Technology Publications, FAO, Rome. ISBN 1 85339 108 5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peixe |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aquamedia, "Consumption of Fishery Products" retrieved from https://web.archive.org/web/20060223203558/http://www.feap.info/economics/Tradebalance_en.asp on 2007-09-17.
- Paston-Williams, Sara (2006) Fish: Recipes from a Busy Island National Trust Books. ISBN 9781905400072.
- Sweetser, Wendy (2009) The Connoisseur's Guide to Fish & Seafood Sterling Publishing Company,. ISBN 9781402770517.
- Tidwell, J. H.; Allan, G. L. (2001). "Fish as food: Aquaculture's contribution: Ecological and economic impacts and contributions of fish farming and capture fisheries". EMBO Reports 2 (11): 958–963. PMC 1084135. PMID 11713181. doi:10.1093/embo-reports/kve236.
- University of Michigan Health System, "Fish & Seafood" retrieved from https://web.archive.org/web/20070526011755/http://www.med.umich.edu/umim/clinical/pyramid/fish.htm on 2007-09-17.
- VegDining.com, "Frequently Asked Questions-Definitions" retrieved from http://www.ivu.org/faq/definitions.html on 2007-09-17.
- The State of World Fisheries and Aquaculture 2000, 2000, retrieved from [1] on 2007-11-17. World Health Organization.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Science Daily Benefits Of Eating Fish Greatly Outweigh The Risks, New Study Says
- Science Daily Experts Say Consumers Can Eat Around Toxins In Fish
- Scientific American Soy and fish protect from cancer: study.