Saltar ao contido

Domiciano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDomiciano

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Titus Flavius Domitianus Editar o valor en Wikidata
24 de outubro de 51 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte18 de setembro de 96 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida de arma branca Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
14 de setembro de 81 – 18 de setembro de 96
← Tito Flavio Sabino VespasianoNerva →
Senador romano
Cónsul romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano, Dinastia flaviana (pt) Traducir e principado Editar o valor en Wikidata
ProfesoresPublius Papinius Statius (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastia flaviana (pt) Traducir e Flavii Sabini (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeDomícia Longina Editar o valor en Wikidata
FillosTitus Flavius Caesar, Flavia, Vespasian the Younger, fillo adoptivo, Domitian the Younger, fillo adoptivo Editar o valor en Wikidata
PaisVespasiano Editar o valor en Wikidata  e Domitila a Maior Editar o valor en Wikidata
IrmánsTito Flavio Sabino Vespasiano
Domitila a Menor Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1435364 WikiTree: Augustus-102 Find a Grave: 34795131 Editar o valor en Wikidata

Titus Flavius Domitianus, nado en Roma o 24 de outubro de 51 e finado na mesma cidade o 18 de setembro de 96, foi un emperador romano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A desaparición prematura de Tito deu o poder ao seu irmán máis novo Domiciano, quen non tardou en rebelarse contra aquel. Como gobernante e administrador mostrouse moi capaz, pero no persoal caracterizouse pola súa desmesurada ambición e por un autoritarismo extremo.

Sucumbiu á tentación de instaurar unha monarquía absoluta, relegando o Senado, utilizando a súa condición de censor perpetuo para mantelo afastado e controlado estreitamente, en beneficio dun consello imperial que manexaba ao seu antollo. Esixiu a súa proclamación divina e que se lle rendesen os honores correspondentes.

Estes e outros aspectos negativos da excesiva concentración do poder, como as confiscacións arbitrarias e a lixeireza como se ditaban as condenas a morte, tiveron a súa contrapartida na mellora da xestión gobernamental.

Domiciano foi un déspota, pero non se deu os excesos de Calígula ou Nerón, senón que gastou as súas enerxías na acción política. Gañou en eficacia administrativa e medrou a presenza dos ecuestres no aparello burocrático, promoveu o retorno ás tradicións romanas, opoñéndose aos cultos de orixe oriental que estaban a invadir Roma. Puxo especial empeño no reforzamento das fronteiras. A xustiza fíxose máis efectiva e a fiscalización dos gobernadores provinciais fíxose cun maior rigor. Avanzou na romanización e ampliouse o dereito de cidadanía.

Cos problemas fronteirizos, en xeral, prevaleceron as armas romanas. Afianzouse o poder en Britania, levándose a cabo unha notable penetración en Escocia. Castigouse duramente aos catos, pobo xermánico, empurrándoos máis aló do Rin. Reorganizouse a Xermania, dividíndoa en Superior e Inferior a efectos administrativos e militares. Afianzou a presenza romana nos Campos Decumates, mellorando as comunicacións e fortificacións. Derrotou aos dacios, un pobo danubiano, que baixo o seu xefe Decébalo, previamente desfixera un exército romano, e logo concluíu con eles unha paz de circunstancias, debido á presión que exercían os marcomanos.

Pese ao rigor co que gobernou, Domiciano non tivo que facer fronte a rebelións, exceptuada a do gobernador da Xermania Superior, Lucio Antonio Saturnino, rapidamente sufocada. En troques, foi vítima das endémicas conxuras familiares, e na que lle custou a vida interveu a súa propia esposa.

Con el extínguese a dinastía Flavia, cuxos emperadores proporcionaron prosperidade, eficacia administrativa e fortaleza militar, pero cuxa actuación foi creando as condicións para transformar o principado nunha monarquía absoluta. Sexa como for, a obra dos Flavios supuxo un sólido cimento para a fecunda Pax Romana, que se había prolongar cos seguintes emperadores durante case un século.

Imperio Romano

Segue a:
Tito
Domiciano
(81-96)

Precede a:
Nerva
Dinastía Flavia