Quiroga
Quiroga | |
---|---|
Casa do concello | |
Situación | |
Xentilicio[1] | quirogués |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca de Quiroga |
Poboación | 3.099 hab. (2023)[2][3] |
Área | 317,4 km²[3] |
Densidade | 9,76 hab./km² |
Entidades de poboación | 22 parroquias[4] |
Capital do concello | - |
Política (2023 [5]) | |
Alcalde | José Luis Rivera Castro (IxQ[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 2 Outros: IxQ: 3 |
Eleccións municipais en Quiroga | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 67,72% |
Na rede | |
http://www.concellodequiroga.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Quiroga é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 3.257 habitantes.
Xeografía
Quiroga está situada ó sueste da provincia de Lugo nas beiras do río Sil. Limita co concello de Folgoso do Courel ao norte, coa provincia de Ourense ó sur, Ribas de Sil e A Pobra do Brollón ó oeste e Vilamartín de Valdeorras e provincia de León polo leste.
Dista 84 km da capital provincial, Lugo e ten unha superficie de 319 km².
Poboación
Censo total | 3.257 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 269 (8.26 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.713 (52.59 %) |
Maiores de 65 anos | 1.275 (39.15 %) |
Patrimonio
Na igrexa de Santa María da Ermida, do século XII, atopouse un relevo paleocristián en mármore, do século V, coñecido como Crismón de Quiroga. En 1925 trasladouse ó Museo da Catedral de Lugo, onde se expón actualmente.
Na parroquia de Sequelos consérvanse os restos do Castelo dos Novais e da Torre de Sequeiros. Quiroga conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 141 Ruta do Ouro e do Camiño Real, unha ruta sendeirista circular de 16 km con principio e fin na aldea de Margaride.
Deporte
No concello de Quiroga hai varias entidades deportivas:
- Quiroga FC, equipo de fútbol que xoga na Segunda Galicia. Fundado en 2011 é herdeiro do Club Deportivo Quiroga, que competiu entre 1980 e 2006.
- Quiroga FSF, equipo de fútbol sala.
- Club de Montaña Formigueiros
- Motoclube A Curuxa
- Enduro Quiroga
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Quiroga.
-
Auditorio municipal e Museo Etnográfico.
-
Albergue municipal.
-
Museo xeolóxico de Quiroga.
-
Explotación romana de ouro Covas do Medo en Margaride.
-
Túnel romano en Montefurado.
-
Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós.
Parroquias
Lugares de Quiroga
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Quiroga vexa: Lugares de Quiroga.
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Quiroga".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quiroga |
Outros artigos
Ligazóns externas
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |