Arrival (filme)
Arrival | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Denis Villeneuve |
Produtor | Dan Levine Shawn Levy David Linde Karen Lunder Aaron Ryder Paul Barbeau Glen Basner Dan Cohen Eric Heisserer Martin Henri Michael Jackman Tory Metzger Milan Popelka Stan Wlodkowski |
Guión | Eric Heisserer |
Baseado en | Relato: Story of Your Life de Ted Chiang |
Intérpretes | Amy Adams Jeremy Renner Forest Whitaker |
Música | Jóhann Jóhannsson |
Fotografía | Bradford Young Nicolas Lepage |
Montaxe | Joe Walker |
Estudio | FilmNation Entertainment 21 Laps Entertainment Lava Bear Films |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 1 de setembro de 2016 (Festival de Venecia); 18 de novembro de 2016 |
Duración | 116 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ciencia ficción |
Orzamento | 47 000 000 USD$[2] |
Recadación | 195 000 000 USD$[2] |
Na rede | |
http://www.arrivalmovie.com/ | |
|
Arrival é un filme estadounidense de drama e ciencia ficción, dirixido por Denis Villeneuve e escrito por Eric Heisserer. Con Amy Adams e Jeremy Renner nos papeis principais, baséase no premiado relato Story of Your Life de Ted Chiang.[3] A estrea mundial foi no 1º de setembro de 2016 no Festival Internacional de Cine de Venecia. En Galicia estreouse coa dobraxe en castelán (La llegada) o 18 de novembro de 2016[4].
Argumento
[editar | editar a fonte]Cando uns extraterrestres aterran en todo o mundo, unha experta lingüista é recrutada polos militares estadounidenses para determinaren se estes veñen en paz ou supoñen unha ameaza. A medida que aprende a se comunicar cos extraterrestres comeza a experimentar certos procesos, que se converten na clave para desbloquear o maior misterio sobre o verdadeiro propósito da súa visita.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Amy Adams como a doutora Louise Banks
- Jeremy Renner como Ian Donnelly
- Forest Whitaker como Coronel Weber
- Michael Stuhlbarg como Axente Halpern
- Tzi Ma como Xeral Shang
- Mark Ou'Brien como Capitán Marks
- Jadyn Malone como Hannah ao seis anos de idade.
- Abigail Pniowsky como Hannah aos oito anos de idade.
- Julia Scarlett Dan como Hannah aos doce anos de idade
- Frank Schorpion como o doutor Kettler.
- Lucas Chartier-Dessert como Lasky.
- Christian Jadah como Combs.
- Lucy Van Oldenbarneveld como CNAC Anchor.
Produción
[editar | editar a fonte]Xa se planeara unha adaptación do relato Story of Your Life, a cargo de Eric Heisserer, dende novembro de 2012. A rodaxe levaríase a cabo en Montreal, Quebec, coa participación da produtora FilmNation Entertainment.[5][6] O 2 de abril de 2014, Deadline.com revelou que Denis Villeneuve fora elixido para dirixir unha adaptación do filme escrito por Eric Heisserer e coproducido por FilmNation Entertainment e Lava Bear Films. Amy Adams estaba "en conversacións iniciais" para o papel principal como a Dra. Louise Banks, unha experta lingüista.[7]
O 14 de maio de 2014, a Paramount Pictures emitiu un comunicado de prensa indicando que adquirira os dereitos de distribución en América do Norte para a adaptación do filme —titulado daquela: Story of Your Life— co lanzamento tentativo para o 2016. Tanto o director Denis Villeneuve e a actriz Amy Adams foran confirmados para o proxecto, baseado "nun novo borrador dun guion" de Eric Heisserer.[8] Jeremy Renner uniuse á película o 6 de marzo de 2015 para interpretar un profesor de física emparellado coa personaxe de Adams, ademais de estar relacionado co goberno para axudar a se comunicar cos alieníxenas.[9] Forest Whitaker uniuse ao filme o 1º de abril de 2015, e Michael Stuhlbarg uniuse ao elenco como axente da CIA Halpern en xuño de 2015.[10][11]
Rodaxe
[editar | editar a fonte]A rodaxe comezou o 7 de xuño de 2015 en Montreal (Québec, Canadá)[12][13], xusto despois de que Renner rematase a rodaxe de Captain America: Civil War.[9]
O reino de Galicia en Arrival
[editar | editar a fonte]No primeiro acto, case ao comezo do filme, a Dra. Louise Banks na clase de Lingüística avanzada, na universidade, fala do portugués e do motivo polo que soa diferente ao resto das linguas romances. A continuación fai referencia ao reino de Galicia como orixe da súa historia.
“ |
A historia do portugués comeza no reino de Galicia, na Idade Media, cando a lingua era unha forma de arte. |
” |
— Arrival, guión de Eric Heisserer, escena 12, p. 5., (Final Shooting Draft)[14] |
Na versión final do guión de rodaxe o diálogo da personaxe Louise Banks contén unha liña máis, xusto despois de dicir que «a lingua era unha forma de arte» engade «O xeito no que se escribía e se falaba tiña o seu xerme na estética»[14]. Nese momento un incidente interrompe a clase: a arribada, a chegada, que dá título á película.
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Premio | Categoría | Receptores | Resultado | Ref(s) |
---|---|---|---|---|
Premios Óscar | Mellor película | Shawn Levy, Dan Levine, Aaron Ryder, David Linde | Pendente | [15] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Pendente | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Pendente | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Pendente | ||
Mellor deseño de produción | Patrice Vermette, Paul Hotte | Pendente | ||
Mellor montaxe | Joe Walker | Pendente | ||
Mellor son | Bernard Gariépy Strobl, Claude La Haye | Pendente | ||
Mellor edición de son | Sylvain Bellemare | Pendente | ||
Globo de Ouro | Mellor actriz - Drama | Amy Adams | Nomeada | [16] |
Mellor banda sonora | Jóhann Jóhannsson | Nomeado | ||
Premios BAFTA | Mellor película | Shawn Levy, Dan Levine, Aaron Ryder, David Linde | Pendente | [17] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Pendente | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Pendente | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Pendente | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Pendente | ||
Mellor música orixinal | Jóhann Jóhannsson | Pendente | ||
Mellor montaxe | Joe Walker | Pendente | ||
Mellor son | Bernard Gariépy Strobl, Claude La Haye, Sylvain Bellemare | Pendente | ||
Mellor efectos visuais | Louis Morin | Pendente | ||
American Film Institute | Top 10 de películas | Arrival | Gañadora | [18] |
National Board of Review | Mellor actriz | Amy Adams | Gañadora | [19] |
Top 10 | Arrival | Gañadora | ||
Premios da Crítica Cinematográfica | Mellor película | Arrival | Nomeada | [20][21] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Nomeado | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Nomeada | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Gañador | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Nomeado | ||
Mellor deseño de produción | Patrice Vermette | Nomeada | ||
Mellor música | Jóhann Jóhannsson | Nomeado | ||
Mellor montaxe | Joe Walker | Nomeado | ||
Mellores efectos visuais | Nomeada | |||
Mellor película de ciencia ficción/terror | Arrival | Gañadora | ||
Evening Standard British Film Awards | Mellor logro técnico | Max Richter (contribución á música) | Gañador | [22] |
Círculo de Críticos de San Francisco | Mellor película | Arrival | Pendente | [23] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Pendente | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Pendente | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Pendente | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Pendente | ||
Mellor deseño de produción | Patrice Vermette | Pendente | ||
Mellor música | Jóhann Jóhannsson | Pendente | ||
Mellor montaxe | Joe Walker | Pendente | ||
Crítica de Washington DC. | Mellor película | Arrival | Nomeada | [24] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Nomeado | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Nomeada | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Gañador | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Nomeado | ||
Mellor deseño de produción | Patrice Vermette | Nomeada | ||
Mellor música | Jóhann Jóhannsson | Nomeado | ||
Mellor montaxe | Joe Walker | Nomeado | ||
Crítica de San Diego | Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Pendente | [25] |
Mellor fotografía | Bradford Young | Pendente | ||
Mellor deseño de produción | Patrice Vermette | Pendente | ||
Mellor montaxe | Joe Walker | Pendente | ||
Mellores efectos visuais | Arrival | Pendente | ||
Crítica de St. Louis | Mellor película | Arrival | Finalista | [26][27] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Finalista | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Nomeada | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Finalista | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Nomeado | ||
Mellor música | Jóhann Jóhannsson | Nomeado | ||
Mellores efectos visuaies | Nomeada | |||
Mellor película de terror/ciencia ficción | Arrival | Finalista | ||
Hollywood Music in Media Awards | Música Orixinal en Película de Ciencia ficción/Fantasía | Jóhann Jóhannsson | Nomeado | [28] |
Crítica de Kansas | Mellor guión adatado | Eric Heisserer | Gañador | [29] |
Mellor película de Sci-fi/Terror | Arrival | Gañadora | ||
Australian Academy of Cinema and Television Arts International Awards |
Mellor película | Arrival | Pendente | [30] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Pendente | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Pendente | ||
Alianza de Mujeres Periodistas de Cine | Mellor película | Arrival | Nomeada | [31][32] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Nomeado | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Nomeada | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Nomeado | ||
Mellor montaxe | Joe Walker | Nomeado | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Nomeado | ||
Crítica de Florida | Mellor guión adaptado | Annette Bening | Nomeada | [33] |
Mellor fotografía | Bradford Young | Nomeado | ||
Mellor dirección de arte | Patrice Vermette | Nomeada | ||
Mellor banda sonora | Jóhann Jóhannsson | Nomeado | ||
Mellores efectos visuais | Gañadora | |||
Crítica de Carolina do Norte | Mellor película | Arrival | Nomeada | [34][35] |
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Gañador | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Nomeado | ||
Mellores efectos visuais | Nomeada | |||
Online Film Critics Society | Mellor película | Arrival | Nomeada | [36][37] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Nomeado | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Nomeada | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Nomeado | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer, Ted Chiang | Gañadores | ||
Mellor montaxe | Joe Walker | Nomeado | ||
Crítica de Seattle | Mellor película | Arrival | Pendente | [38] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Pendente | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Pendente | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Pendente | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Pendente | ||
Mellor deseño de produción | Patrice Vermette | Pendente | ||
Mellor música | Jóhann Jóhannsson | Pendente | ||
Mellor montaxe | Joe Walker | Pendente | ||
Mellores efectos visuais | Louis Morin | Pendente | ||
Asociación de Críticos de Cine de Austin | Mellor película | Arrival | Nomeada | [39] |
Mellor director | Denis Villeneuve | Nomeado | ||
Mellor actriz | Amy Adams | Nomeada | ||
Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Gañador | ||
Mellor fotografía | Bradford Young | Nomeado | ||
Top 10 do ano | Arrival | Gañadora | ||
Mellor música | Jóhann Jóhannsson | Nomeado | ||
Directores de Casting | Mellor casting nun drama de alto orzamento | Francine Maisler, Lucie Robitaille | Pendente | [40] |
Premios Eddie | Mellor montaxe en película dramática | Joe Walker | Pendente | [41] |
Círculo de Críticos de Oklahoma | Mellor guión adaptado | Eric Heisserer | Gañador | [42] |
Gremio de directores artísticos | Mellor dirección artística en película de fantasía | Patrice Vermette | Pendente | [43] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification, ed. (19 de setembro de 2016). "Arrival (12A)". Consultado o 19 de setembro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 Box Office Mojo (ed.). "Arrival (2016)". Consultado o 17 de febreiro de 2017.
- ↑ Walter, Damien (11 de novembro 2016). Guardian News and Media Limited, ed. "Ted Chiang, the science fiction genius behind Arrival" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2017.
- ↑ Estreas da semana. Arrival a partir de 41m58s (Diario Cultural. Radio Galega) (Santiago de Compostela). 18/11/2016. Consultado o 27 de xaneiro de 2017.
- ↑ Fleming Jr, Mike (27/11/2012). Deadline Hollywood, ed. "FilmNation, Lava Bear Team For Nic Mathieu-Helmed Thriller ‘Story Of Your Life’" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2017.
- ↑ Lesnick, Silas (27/11/2012). ComingSoon.net, ed. "Shawn Levy to Produce Sci-Fi Tale Story of Your Life" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2017.
- ↑ Fleming Jr (02/04/2014). Deadline Hollywood, ed. "Amy Adams Circles Denis Villeneuve-Helmed Alien Tale ‘Story Of Your Life’" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2017.
- ↑ Fleming Jr, Mike (14/05/2014). Deadline Hollywood, ed. "UPDATE: Cannes: Paramount Confirms ‘Story Of Your Life’ Acquisition; $20 Million Is Fest Record Deal" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2017.
- ↑ 9,0 9,1 Kit, Borys (06/03/2015). The Hollywood Reporter, ed. "Jeremy Renner Joins Amy Adams in Sci-Fi 'Story of Your Life'" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2017.
- ↑ Kroll, Justin (01/04/2015). Variety, ed. "Forest Whitaker Eyes ‘Story of Your Life’ With Amy Adams" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2017.
- ↑ White, James (17/06/2015). Empire, ed. "He'll co-star with Amy Adams and Jeremy Renner in the sci-fi drama" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2017.
- ↑ SSN Insider Staff (08/06/2015). SSN Insider, ed. "On the Set for 6/8/15: Paul Feig & Melissa McCarthy Start Shooting Ghostbusters, Ryan Reynolds Finishes Off Deadpool & More" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10/06/2015. Consultado o 25 de xaneiro de 2017.
- ↑ Kelly, Brendan (07/06/2015). Montreal Gazette, ed. "Amy Adams, Jennifer Garner spotted in Montreal as Hollywood filming heats up" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2017.
- ↑ 14,0 14,1 LA Screenwriter, ed. (2016). "Arrival Script". ARRIVAL Screenplay by Eric Heisserer Based on the Story “Story of Your Life” written by Ted Chiang. Final Shooting. Draft August 20, 2015 (en inglés). p. 5 ; escena 12.- INT. UNIVERSITY CLASSROOM — DAY. Arquivado dende o orixinal (Inclúe ligazón ao ficheiro PDF do guión) o 29 de decembro de 2016. Consultado o 24 de xaneiro de 2017.
The story of Portuguese begins with the Kingdom of Galicia, in the middle ages, where the language was seen as an expression of art. The way it was written and spoken was rooted in aesthetics.
- ↑ "Oscar 2017: los nomeados a los premios de la Academia" (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2017.
- ↑ "nomeados a los Globos de Ouro 2017: ‘La La Land’ se perfila como favorita" (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Premios BAFTA 2017: todos los nomeados" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Las 10 mejores películas del año según el American Film Institute" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2016.
- ↑ "'Manchester frente al mar' se lleva el premio de la National Board of Review" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2016.
- ↑ "Lista de nomeados a los Critics' Choice Awards" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2016.
- ↑ "'La La Land' triunfa en los Critics' Choice Awards" (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2016.
- ↑ "Palmarés de los Evening Standard British Film Awards" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2016.
- ↑ "Nominaciones del Círculo de Críticos de San Francisco" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2016.
- ↑ "'La La Land' se lleva 7 premios da Crítica de Washington D.C." (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2016.
- ↑ "Nominaciones de la asociación de críticos de San Diego" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2016.
- ↑ "Nominaciones de la Asociación de Críticos de St. Louis" (en castelán). Consultado o 11 de decembro de 2016.
- ↑ "'La La Land' domina el palmarés da Crítica de St. Louis" (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2016.
- ↑ "gañadores de los Hollywood Music in Media Awards" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2016.
- ↑ "'Manchester frente al mar' triunfa en los premios da Crítica de Kansas" (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2016.
- ↑ "Lista de nominaciones a los AACTA International Awards" (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2016.
- ↑ "Nominaciones de los premios de la AWFJ (Alianza de mujeres periodistas)" (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2016.
- ↑ "'Moonlight' domina los premios de la Alianza de Mujeres" (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2016.
- ↑ "'Langosta' consigue su primer premio a Mejor Película en Florida" (en castelán). Consultado o 26 de decembro de 2016.
- ↑ "Crítica de Carolina del Norte: lista completa de candidatos" (en castelán). Consultado o 27 de decembro de 2016.
- ↑ "'La La Land' triunfa entre los críticos de Carolina del Norte" (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Nominaciones a los premios de la Online Film Critics Society" (en castelán). Consultado o 27 de decembro de 2016.
- ↑ "'Moonlight' domina los premios de la Online Film Critics Society" (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Nominaciones a los premios da Crítica de Seattle" (en castelán). Consultado o 27 de decembro de 2016.
- ↑ "'Moonlight' triunfa en los premios da Crítica de Austin" (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2016.
- ↑ "Nominaciones del Gremio de Directores de Casting" (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Nominaciones del gremio de montadores: 'Silencio', fuera" (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Oklahoma se divide entre 'La La Land' y 'Manchester frente al mar'" (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Nominaciones del gremio de directores artísticos" (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Filmes de 2016
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Denis Villeneuve
- Filmes de FilmNation Entertainment
- Filmes de Paramount Pictures
- Filmes de ciencia ficción dos Estados Unidos de América
- Filmes sobre extraterrestres
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes ambientados en Montana
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX