Sōsō no Frieren
Sōsō no Frieren | |
---|---|
葬送のフリーレン | |
Xénero | Shounen, Fantasía |
Manga | |
Creado por | Yamada Kanehito (guión), Abe Tsukasa (ilustracións) |
Editor | Weekly Shounen Sunday |
Publicado en | Shougakukan |
Primeira edición | 28 de abril de 2020[1] |
Última edición | actualidade |
Núm. de volumes | 11 |
Anime | |
Dirixido por | Saitou Keiichirou |
Estudio | MADHOUSE |
Canle televisiva | NTV, outros |
Primeira emisión | 29 de setembro de 2023 |
Última emisión | actualidade |
Núm. de capítulos | 28[2] |
Sōsō no Frieren (葬送のフリーレン?, lit. Frieren do Funeral) é unha serie de manga xaponesa creada por Yamada Kanehito e ilustrada por Abe Tsukasa. Publícase na revista semanal Weekly Shounen Sunday dende o ano 2020.
Foi gañadora da 14ª Edición do Manga Taishou e o Premio Shinsei da 25ª Edición do Premio Cultural Osamu Tezuka. A data de novembro de 2023, o número total de volumes en circulación ten superado as 11 millóns de copias[3].
Sinopse
O grupo de 4 heroes que derrotou ó Rei Demo, formado polo heroe Himmel, o monxe Heiter, o guerreiro Eisen e a maga Frieren, voltan á capital conmovidos trala súa viaxe de 10 anos, mais a Frieren, sendo unha elfa que fácilmente pode vivir máis de 1000 anos, resultoulle unha viaxe tremendamente curta. Antes de separaren, coa promesa de voltar a encontrarse, os catro contemplan o Meteoro da Era, o cal dise só pasa cada 50 anos.
Frieren reúnese cun Himmel xa envellecido 50 anos máis tarde e, xunto con Heiter e Eisen, voltan a ver a choiva de meteoritos. Himmel falece pouco despóis e, no seu funeral, Frieren chora ao entender que non sabía nada de Himmel e nunca se esforzara por averiguar máis del. Confundida pola súa dor, Frieren emprende unha viaxe para coñecer aos humanos e coleccionar maxia e feitizos.
Vinte anos despois, Frieren visita ó anciano Heiter. Este lle pide a Frieren que descifre as escrituras dun grimorio e tome a unha orfa de guerra, Fern, como aprendiz. Catro anos máis tarde Heiter falece, Frieren remata de descrifrar o grimorio, e Fern convertiuse nunha maga habilidosa. Entón, ambas emprenden xuntas unha nova viaxe.