Saltar ao contido

Axuda:Caracteres especiais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
A:CE

Moitos caracteres especiais que non se atopan nos teclados estándar dos ordenadores poden mostrarse útiles, quizais imprescindíbeis, para algúns proxectos que non utilizan só o alfabeto latino. Esta páxina contén as recomendacións sobre aqueles símbolos de uso seguro e como os empregar. Tódolos proxectos Wikimedia empregan desde MediaWiki 1.5 o sistema Unicode (UTF-8).

Visualización

[editar | editar a fonte]

A maioría dos navegadores actuais posúen certo nivel de soporte para o texto Unicode, pero algúns son máis eficientes do que outros. O problema máis común é que o Internet Explorer baséase en fontes axustadas previamente no rexistro do sistema, no lugar de procurar unha fonte de caracteres que poida amosar un determinado símbolo ou letra. Isto fai que en ocasións o navegador teña que empregar fontes particulares. Existen na Galipedia unha serie de marcadores que fan iso. Por exemplo, o modelo {{unicode}} é usado para texto Unicode en xeral e o modelo {{IPA}} para o Alfabeto Fonético Internacional.

Windows 7

[editar | editar a fonte]

O soporte Unicode é estendido trala instalación do paquete opcional Windows Update KB2729094[1], dispoñíbel para as versións de 32-bit e 64-bit do Windows 7 SP1. Esta adaptación regresiva do Windows 8 actualiza a fonte Segoe UI, engadindo soporte do navegador para Emoji e outros símbolos para Windows 7.

Mostrando caracteres especiais

[editar | editar a fonte]

Para amosar caracteres Unicode ou especiais nas páxinas webs, o ordenador precisa ter instaladas unha ou máis fontes Unicode. Ademais o navegador precisa estar configurado de forma correcta para usar estas fontes. A fonte por defecto para textos latinos nas versións máis vellas de Internet Explorer (IE) para Windows é Times New Roman. As edicións máis vellas desta fonte non inclúen moitos dos bloques Unicode. Para ver caracteres especiais correctamente no IE debe configurarse para usar unha fonte que inclúa o maior número de bloques ou caracteres Unicode, como TITUS Cyberbit Basic ou GNU Unifont, dispoñibles de forma libre.

Os símbolos especiais deberían verse correctamente sen necesidade de configuracións a maiores con Konqueror, Opera, Safari e a maioría dos navegadores máis recentes. Para ver mellor este tipo de caracteres pode instalarse un software adicional de renderizado de caractes.

Con Mozilla Firefox a configuración por defecto debe cambiarse. No menú de "Opcións"->"Ferramentas", selecciona a icona "Contido". Nese menú selecciona "Avanzado" baixo "Fontes e Cores". Desmarca a caixa por defecto "permitir que as páxinas escollan as súas propias fontes", e escolle unha das opcións Unicode (por exemplo "Unicode (UTF-32BE)") ou "Arabic (ISO-8859-6)" na caixa de "Codificación de caracteres por defecto".

Para usar unha das fontes Unicode dispoñible para caracteres especiais dentro dunha táboa HTML ou caixa, especifica o código class="Unicode" na etiqueta correspondente da fila TR da táboa. No código das táboas wiki, usa este código tralo equivalente |- (|- class="Unicode").

Para amosar caracteres especiais individuais poden usarse códigos decimais ou hexadecimais HTML no lugar do carácter. Para visualizar un parágrafo con moitos caracteres Unicode, pode usarse tamén <p class="Unicode"> ... </p>, ou, <span class="Unicode"> ... </span>.

A clase class="Unicode" pode usarse en páxinas web, HTML ou etiquetas wiki cando se precisa amosar diversos caracteres de varios rangos de bloques Unicode. Se os caracteres especiais pertencen a uns poucos bloques Unicode, relacionados coa escritura latina, pode usarse class="latinx". Para caracteres especiais ou símbolos relacionados co Alfabeto Fonético Internacional, pode usarse class="IPA". Para caracteres gregos ou símbolos relacionados, pode usarse class="polytonic".

Cambiando a fonte estándar do Internet Explorer

[editar | editar a fonte]

Dende a barra do menú, navega ata:  Ferramentas > Opcións de Internet > (Lapela xeral >) Fontes > Fonte das páxinas web: para selecionar a fonte dunha lista. A selección por defecto de Windows é Times New Roman. Para poder visualizar diversos caracteres especiais selecciona unha fonte distinta, como por exemplo Lucida Sans Unicode, e selecciona OK.

Fontes para sistemas de escrita específicos

[editar | editar a fonte]

Escritos antigos

[editar | editar a fonte]

Por exemplo Alfabeto fenicio, Alfabeto itálico antigo, Lineal B etc.

Usuarios de Windows

Fontes libres:

Usuarios de Linux

Se utilizas un Linux baseado en Debian (p. ex. Ubuntu, Linux Mint), transfire e instala o paquete deb ttf-ancient-fonts mediante:

sudo apt-get install ttf-ancient-fonts

ou

sudo aptitude install ttf-ancient-fonts

Alfabeto Shaw

[editar | editar a fonte]

Alfabeto glagolítico

[editar | editar a fonte]

Alfabeto Fonético Internacional

[editar | editar a fonte]

A maior parte dos símbolos IPA non están incluídos na forma máis empregada da fonte Times New Roman. Para ara poder ver correctamente os símbolos IPA neste navegador é necesario configuralo para incluír unha fonte que inclúa caracteres adicionais IPA. Algunhas destas fontes son Lucida Sans Unicode, dispoñible en Windows XP, Gentium, Charis SIL, Doulos SIL, DejaVu Sans e TITUS Cyberbit, dispoñibles de forma libre, ou Arial Unicode MS incluída no Microsoft Office.

Nesta páxina Internet Explorer está forzado a usar unha destas fontes por defecto, polo que deberían verse correctamente. Porén, isto pode non ser así para tódalas páxinas que conteñen caracteres IPA. Ten isto en conta se ves símbolos de erro como "຦". Os caracteres especiais deberían visualizarse correctamente sen configuración a maiores en Mozilla Firefox, Konqueror, Opera, Safari e outros navegadores máis recentes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Frecha. Volver á páxina de axuda.