Saltar ao contido

Bombardier Aviation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Bombardier Aviation

Bombardier CRJ900
LocalizaciónDorval, Quebec
Industriaaeroespacial
Produtosavións
Na rede
http://www.aerospace.bombardier.com/
editar datos en Wikidata ]

Bombardier Aviation é unha construtora aeronáutica canadense que forma parte do grupo Bombardier Inc. A compañía compite coa brasileira Embraer por ser o terceiro fabricante de avións máis grande do mundo tras Boeing e Airbus. A súa sede atópase en Dorval, Quebec.

Historia

Tras 30 anos dedicándose aos ferricarrís, no ano 1986 Bombardier Inc. decidiu entrar no sector aeronautico e mercou Canadair en 1986, recuperando a súa rendibilidade. Posteriormente mercou en 1989 a empresa de Belfast Short Brothers, que estaba a piques de quebrar. Ao pouco tempo, en 1990, faríase coa xa quebrada Learjet Company de Wichita, Kansas, fabricante de avións executivos, e finalmente en 1992 adquiriría a subsidiaria de Boeing de Havilland Aircraft of Canada baseada en Toronto, Ontario, que nese momento estaba a dar perdas.[1]

A división aeroespacial representa na actualidade a metade dos beneficios da compañía. Os avións máis populares de Bombardier son as familias de avións rexionais Dash 8, CRJ100/200/440, e CRJ700/900/1000. Tamén fabrica os anfibios Bombardier 415, habituais nos ceos galegos no verán, e os avións executivos Global Express e Challenger. Learjet é subsidiaria de Bombardier e continúa baseada en Wichita.

Avións

Reactores executivos actuais

Bombardier Global

Reactores executivos antigos

Reactores comerciais actuais

Lufthansa Regional CRJ-200
Bombardier CSeries CS100 Flight Test Vehicle (FTV1) at Mirabel

Reactores comerciais antigos

Turbohélices actuais

Turbohélices antigos

Avións militares

Vehículos aéreos non tripulados

Notas

  1. Bombardier (ed.). "Historia de Bombardier". Consultado o 21 de xuño de 2015. 
  2. Flight Global (ed.). "Transport Canada registers first Global 7000". Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  3. The Economic Times (ed.). "Bombardier inks $1.7 bn deal with SpiceJet for 50 jets". Consultado o 14 de xuño de 2018. 

Ligazóns externas