Gato de Cheshire
O gato de Cheshire é un personaxe ficticio creado por Lewis Carroll na súa coñecida obra Alicia no país das marabillas.
Características
Ten a capacidade de aparecer e desaparecer a vontade, entretendo a Alicia mediante conversacións paradoxais de tinguiduras filosóficas. Con todo, aparece para animar a Alicia cando esta se materializa no campo de cróquet da Raíña de Corazóns e cando a nena é condenada a morte e o gato desconcerta a todos facendo desaparecer o seu corpo pero facendo visíbel a súa cabeza, mentres provoca unha masiva discusión entre o Rei, a Raíña e o verdugo acerca de se se pode decapitar a alguén que non ten, de feito, corpo.
Outra das súas características máis singulares é que o Gato de Cheshire pode desaparecer gradualmente até que non queda máis nada que o seu amplo sorriso, facendo notar a Alicia que moitas veces podería ver a un gato sen sorriso pero nunca a un sorriso sen gato.