Saltar ao contido

Francesco Balilla Pratella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancesco Balilla Pratella

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1880 Editar o valor en Wikidata
Lugo, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte17 de maio de 1955 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Rávena, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemetery of Lugo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatorio Statale di Musica "Gioachino Rossini" (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, musicólogo Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoÓpera Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Brief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) Traducir, (p.168), Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0695337 BNE: XX1076576 Musicbrainz: ace0cc1b-7b1a-4995-8a36-3b3973538acd Discogs: 359257 IMSLP: Category:Pratella,_Francesco_Balilla Allmusic: mn0001632440 Editar o valor en Wikidata
Cuberta da edición de 1912 de Musica futurista, de Francesco Balilla Pratella (deseño de Umberto Boccioni.

Francesco Balilla Pratella, nado en Lugo di Romagna o 1 de febreiro de 1880 e finado en Rávena o 17 de marzo de 1955, foi un compositor e musicólogo italiano da primeira metade do século XX, considerado como un dos máximos expoñentes do futurismo musical.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Francesco Balilla Pratella naceu nun ambiente familiar favorable para a práctica da música. O seu pai tocaba a guitarra e foi de quen recibiu as súas primeiras clases cando era un neno. En 1899 foi admitido no Conservatorio de Pésaro, onde estudou composición con Pietro Mascagni e Cicognani, graduándose en 1903.

Finalizados os seus estudos trasladouse a París, onde coñeceu a Luigi Russolo e se converteu en parte integrante do grupo de artistas futuristas animado por Marinetti, creador da corrente futurista en 1909 e que estaba interesado en promocionar a música futurista. O Manifesto tecnico della musica futurista 1911 proclamaba «o atonalismo, a enharmonía, a polifonía en sentido absoluto, e o ritmo libre». Un ano antes, no seu Manifesto dei musicisti futuristi. xa abogaba polo emprego de escalas microtonais e combinacións polirrítmicas, así como pola introdución na música do espírito da multitude, de grandes fábricas, de trens, liñas transatlánticas, de combates navais, de coches e de avións".

Antes de reunirse e unirse ao futurista Marinetti, había un grande interese nas cancións populares da súa rexión que influirán á escritura de cinco poemas sinfónicos titulados Romagna, que logo acabaron na ópera dialectal La Sina’d Vargöun (Rosellina dei Vergoni), escena da Romagna baixa para a música en tres actos. La Sina’d Vargöun gañou o concurso Baruzzi e púxose en escena en 1909 no Teatro comunal de Boloña. O 20 de agosto de 1910 Pratella levou a cabo o intermedio de La Sina’d Vargöun no Teatro comunal de Imola, onde coñeceu a Marinetti, con quen xa tivera correspondencia.

A partir de 1911, a casa de Pratella converteuse nun punto de referencia para pintores, músicos e literatos atraídos pola corrente da que Pratella era un dos máximos expoñentes. Entre as personalidades que frecuentaban o "cenáculo artistico lughese" encóntranse: Giorgio Morandi, Osvaldo Licini, Filippo De Pisis, Riccardo Bacchelli, Domenico Rambelli, Roberto Sella e Nino Pasi entroutros.

En 1912 a editorial boloñesa Bongiovanni publicou un volume chamado Musica futurista, no que Pratella era presentado como o punto de referencia da música futurista. O Inno alla vita foi a súa primeira composición que se adheriu aos principios musicais do futurismo e foi presentada no Teatro Costanzi de Roma o 21 de febreiro de 1913 con ocasión dunha «noite futurista». En 1913 comezou a compoñer L'aviatore Dro, a súa segunda grande obra futurista, na cal introducía unha orquestra mixta de instrumentos tradicionais e da familia intonarumori, aínda que non foi ata 1920 cando a finalizou, estreándoa o 4 de setembro de 1920 no Teatro Rossini de Lugo (Italia).

Principais publicacións

[editar | editar a fonte]

Entre 1910 e 1912 Pratella publicou tres manifestos radicais:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]