Cebú
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Filipinas | ||||
Rexión | Visayas Centrais (pt) | ||||
Capital | Cebú (cidade) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.325.385 (2020) (672,65 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 662.639 (2015) | ||||
Lingua usada | Lingua cebuana Língua porohanon (pt) Bantayanon (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4.943,72 km² | ||||
Medición | 32 () × 196 () km | ||||
Punto máis alto | Mount Manunggal (en) (1.097 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 6 de agosto de 1569 | ||||
Organización política | |||||
• Governor of Cebu (en) | Gwendolyn García (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Cebu Provincial Board (en) , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 6000–6053 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 32 | ||||
ISO 3166-2 | PH-CEB | ||||
Páxina web | cebu.gov.ph | ||||
A illa de Cebú, chamada A Raíña do Sur, é a illa principal da provincia de Cebú, na Rexión Visayas Central VII, do arquipélago das Visayas, en Filipinas. Sitúase entre as illas de Luzón ao norte, Bohol e Leyte ao leste separadas polo estreito de Cebú, Mindanao ao sur e Negros e Palawan, ao oeste. Dista 630 km ou 392 millas de Manila.
Principais datos
[editar | editar a fonte]A illa sitúase entre os 9º 25’ e os 11º 15’ de latitude norte e os 123º 13’ e 124º 5’ de lonxitude leste.
O Fuso Horario é GMT 8 horas. En hora local, amence ao redor das 6:00 e atardece ás 18:00.
Ten unha superficie de 4.422 km², sendo a novena en extensión do arquipélago. Ten 225 km de lonxitude norte-aur e 35 km de anchura leste-oeste.
Ten unha poboación aproximada de 3 millóns de habitantes.
Os principais núcleos de poboación son Cebú City, Bogo, San Remigio, Medellín e Daanbantayan.
Os seus habitantes chámanse Cebuanos (en cebuano: Sugbuanon)
Clima
[editar | editar a fonte]Pertence á Zona Climática Tropical
- Estacións:
- Tempada Seca: de novembro a xaneiro
- Tempada Húmida: de febreiro a outubro
- Precipitacións: 1.500 mm/ano
- Humidade media anual: 83%
- Temperatura media anual: 30 °C.
- Rango diúrno de Temperaturas: 26 °C a 38 °C.
- Temperatura mínima nocturna: 18 °C (no Período Frío de outubro a febreiro).
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Formación:
- A illa de Cebú formouse no período Carbonífero, fai 350 millóns de anos.
- Sismoloxía e Vulcanismo:
- Nun arquipélago caracterizado polo vulcanismo e a actividade sísmica, a illa de Cebú pertence á zona de inactividade, co que só sofre pequenos terremotos. O de maior entidade dos últimos anos foi en 1991 cunha magnitude de 4 na escala Richter. Non houbo vítimas mortais.
- Orografía:
- A illa de Cebú caracterízase pola predominancia de terras altas, sen cuberta vexetal, con alturas superiores aos mil metros, aínda que existen algunhas zonas de planicie na zona Norte da illa.
- Hidrografía:
- Debido á súa Orografía e á forte deforestación, cerca do 60% das precipitacións son de escorrentía.
Economía
[editar | editar a fonte]A minería, a exportación de mobles e bixutería e o tráfico portuario de Cebú City, constitúen as principais fontes de ingresos da illa.
Na zona central da illa destacan as minas de:
Historia
[editar | editar a fonte]Na etapa de descubrimento e colonización hispana, pódense distinguir dúas fases:
Fernão de Magalhães
[editar | editar a fonte]- En marzo de 1521 Fernão de Magalhães desembarca nun poboado de pescadores chamado Zubu ou Sugbu, sendo ben recibidos polo xefe da illa, que logo de 8 días, foi bautizado, con varios centenares de súbditos. En agradecemento, e para confirmar a alianza, Magalláns atacou a veciña illa de Mactán, onde achou a morte.
Logo da morte dos seus sucesores Duarte Barbosa e Serrano, as naves Trindade e Vitoria abandonaron a illa rumbo ás Molucas.
Legazpi
[editar | editar a fonte]- En 1563 Filipe II de España rei das España, ordena ao vicerrei de Nova España, Luís de Velasco a organización dunha expedición ao Arquipélago de San Lázaro, nome inicial de Filipinas, que foi encomendada a Miguel López de Legazpi, que partiu de México o 21 de novembro de 1564, acompañado do cosmógrafo e mariño frei Andrés de Urdaneta e doutros catro agostiños, que foron os primeiros evanxelizadores do arquipélago filipino.
- En marzo de 1565 Legazpi arriba ás Filipinas. O 27 de abril de 1565, encabezando un grupo de 380 homes de armas e de mar, desembarca na illa de Cebú, e toma posesión da mesma en nome da Coroa española. O 8 de maio de 1565 procede a fundar a Vila de San Miguel, actual Cebú City, constituída en capital dos dominios hispanos e base da expansión e conquista de Filipinas ata a fundación de Manila en 1571.