Saltar ao contido

Manila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaManila
Lungsod ng Maynila (tl)
City of Manila (en) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Imaxe

AlcumePearl of the Orient e Queen City of the Pacific and others Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 14°35′45″N 120°58′38″L / 14.5958, 120.9772
EstadoFilipinas
Área metropolitanaGrande Manila (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Filipinas (1976–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Binondo (en) Traducir
Ermita
Intramuros (pt) Traducir
Malate (en) Traducir
Paco (en) Traducir
Pandacan (en) Traducir
Port Area (en) Traducir
Quiapo (en) Traducir
Sampaloc (en) Traducir
San Miguel (en) Traducir
San Nicolas (en) Traducir
Santa Ana (en) Traducir
Santa Cruz (en) Traducir
Santa Mesa
Tondo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.846.513 (2020) Editar o valor en Wikidata (73.919,66 hab./km²)
Número de fogares486.293 (2020) Editar o valor en Wikidata
Lingua usadalingua tagala Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie24,98 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Pasig (pt) Traducir e Baía de Manila (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude9 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorMiguel López de Legazpi Editar o valor en Wikidata
Creación24 de xuño de 1571 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Manila (en) Traducir Editar o valor en WikidataMaria Sheilah Lacuna-Pangan (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoManila City Council (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico2 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webmanila.gov.ph Editar o valor en Wikidata
Facebook: ManilaPIO Instagram: manilapublicinfo BNE: XX452463 Editar o valor en Wikidata

Manila é a capital e cidade principal de Filipinas. Localízase na illa de Luzón, á beira da ampla baía do seu nome que se abre ó Mar do Sur da China. Con diferenza é o máis importante centro económico, comercial, industrial, financeiro e cultural do país a máis do seu maior porto. Aínda que a cidade en si ten 1 581 082 habitantes (2000), arrodéase dunha vasta coroa metropolitana que fai da aglomeración resultante unha das maiores do mundo (15 980 000, 2001)

Había un asentamento musulmán na desembocadura do río Pasig cando, en 1571, arribaron conquistadores españois ao mando de Miguel López de Legazpi que o destruíron, fundando no seu lugar unha colonia amurallada, berce da cidade actual.

Vista de Manila no 1665.

A historia de Manila ten os seus antecedentes nos asentamentos comerciais establecidos polos musulmáns moito antes da chegada dos españois, destacando os dous da desembocadura do río Pasig: Tondo ao norte, o máis importante, e Maynilad na beira sur. Comerciaban cos chineses e outras zonas da rexión. Os dous asentamentos estaban fortificados con troncos de palmeira.

Foi coa chegada e toma do poder polos conquistadores españois ao mando de Miguel de Legazpi en 1571, cando estes levantaron un forte na península onde se estendía Maynilad, confinada entre o Pasig e a ampla e pechada baía do oeste da illa de Luzón, coma ten comezado a historia de Manila.

Inicialmente construíron un simple bastión (Fortaleza de Nosa Señora da Guía 1571-91), seguido dun forte propiamente dito na punta máis defendible da península (Forte de Santiago 1589-1592)[1] e finalmente o amurallamento de toda a poboación asentada (1590-1606). Por iso recibiu o nome de Intramuros[2]. Eran 64 hectáreas coa típica disposición en cuadrícula das fundacións coloniais españolas:[3] rúas cruzándose ortogonalmente e deixando un bloque baleiro coma praza central cos poderes representativos o redor, catedral e palacio[4]. Fóra, por desconfianza despois do ataque chinés de 1574, ao leste foi disposto o barrio para ese grupo étnico á vez que mercado (Parián, demolido en 1783 e trasladado a beira oposta do río). Xusto onde se construíu a primeira ponte sobre o Pasig e por moito tempo a única, a Ponte Grande ou de España.[5]

A cidade sufriu con frecuencia terremotos que a destruíron. Ata sete veces ten sido reconstruída a catedral.

Os séculos XVIII e XIX verán o crecemento de Manila fóra de murallas pola imposibilidade física de facelo no interior.[6] Así desenvolveranse os diferentes barrios ou distritos: na beira norte do río o antigo asentamento de Tondo e Binondo xunto á ponte;[7] San Miguel augas arriba co Pazo de Malacañang. Despois chegaría a quenda das grandes infraestruturas, ferrocarril e porto, este último pechando Intramuros ao mar.[8]

Durante a retirada xaponesa na segunda guerra mundial, por mor do avance das tropas aliadas mais de 70.000 persoas foron asasinadas polo exército xaponés das cales unhas 300 eran españolas.[9]

  1. Imaxe Arquivado 05 de decembro de 2010 en Wayback Machine. en www.aenet.org.
  2. Imaxe en members.aol.com.
  3. Imaxe Arquivado 06 de novembro de 2013 en Wayback Machine. en www.fototeca.us.es.
  4. Imaxe Arquivado 05 de decembro de 2010 en Wayback Machine. en www.aenet.org.
  5. Imaxe Arquivado 05 de decembro de 2010 en Wayback Machine. en www.aenet.org.
  6. Imaxe Arquivado 05 de decembro de 2010 en Wayback Machine. en www.aenet.org.
  7. Imaxe Arquivado 05 de decembro de 2010 en Wayback Machine. en www.aenet.org.
  8. Imaxe Arquivado 05 de decembro de 2010 en Wayback Machine. en www.aenet.org.
  9. "La masacre de españoles en la liberación de Manila" ABC.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.