Saltar ao contido

Estado de Pohnpei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEstado de Pohnpei
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 6°51′N 158°13′L / 6.85, 158.22Coordenadas: 6°51′N 158°13′L / 6.85, 158.22
EstadoEstados Federados de Micronesia Editar o valor en Wikidata
CapitalKolonia Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación36.196 (2010) Editar o valor en Wikidata (97,41 hab./km²)
Lingua usadaLíngua mokilesa (pt) Traducir
Língua nukuoro (pt) Traducir
Língua mortlockesa (pt) Traducir
Língua kapingamarangi (pt) Traducir
Língua pingelapesa (pt) Traducir
Crioulo ngatik (pt) Traducir
Língua pohnpeiana (pt) Traducir
Lingua chuuk Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie371,6 km² Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+11 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2FM-PNI Editar o valor en Wikidata

O Estado de Pohnpei é un dos catro estados dos Estados Federados de Micronesia (FSM). Os outros estados son Kosrae, Yap e Chuuk. A illa principal do Estado é Pohnpei.

Pohnpei, cando era un territorio do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico, nun principio contiña Kosrae, que era un municipio da comarca.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O estado de Pohnpei atópase no océano Pacífico. Atópase preto do extremo oriental das illas Carolinas e está a medio camiño entre Honolulu e Manila. A superficie do estado de Pohnpei ten unha superficie de 372 km², estando constituído por unha illa principal (Pohnpei) e 161 pequenas illas e atois. A súa altitude máxima, 791 m. atópase nun picacho remanente dun volcán.

As illas exteriores de Pohnpei son illas baixas, e inclúen Pingelap, Mokil, Ant, Pakin, Ngatik, Nukuoro, Oroluk e Kapingamarangi. Tamén se inclúe a gran parte mergullada do Arrecife Minto.

Coa excepción das chairas costeiras, taludes e abanos aluviais, a maior parte da illa de Pohnpei, unha Illa elevada, é montañosa, exuberante e verde. A súa selva é densa e rica; extensos pantanos de mangleiros se aliñan na costa. A illa é máis ou menos circular no seu contorno, os seus 130 km de circunferencia están rodeados por un arrecife de coral.

Municipios

[editar | editar a fonte]

Referencias

[editar | editar a fonte]