Saltar ao contido

Arrival (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arrival
Ficha técnica
DirectorDenis Villeneuve
ProdutorDan Levine
Shawn Levy
David Linde
Karen Lunder
Aaron Ryder
Paul Barbeau
Glen Basner
Dan Cohen
Eric Heisserer
Martin Henri
Michael Jackman
Tory Metzger
Milan Popelka
Stan Wlodkowski
GuiónEric Heisserer
Baseado enRelato: Story of Your Life
de Ted Chiang
IntérpretesAmy Adams
Jeremy Renner
Forest Whitaker
MúsicaJóhann Jóhannsson
FotografíaBradford Young
Nicolas Lepage
MontaxeJoe Walker
EstudioFilmNation Entertainment
21 Laps Entertainment
Lava Bear Films
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea1 de setembro de 2016
(Festival de Venecia); 18 de novembro de 2016 Galicia
Duración116 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCiencia ficción
Orzamento47 000 000 USD$[2]
Recadación195 000 000 USD$[2]
Na rede
http://www.arrivalmovie.com/
IMDB: tt2543164 Filmaffinity: 420650 Allocine: 226509 Rottentomatoes: m/arrival_2016 Mojo: arrival2016 Allmovie: v654945 TCM: 2065196 Metacritic: movie/arrival
Facebook: ArrivalMovie Twitter: arrivalmovie Instagram: arrivalmovie Netlix: 80117799 Editar o valor en Wikidata

Arrival é un filme estadounidense de drama e ciencia ficción, dirixido por Denis Villeneuve e escrito por Eric Heisserer. Con Amy Adams e Jeremy Renner nos papeis principais, baséase no premiado relato Story of Your Life de Ted Chiang.[3] A estrea mundial foi no 1º de setembro de 2016 no Festival Internacional de Cine de Venecia. En Galicia estreouse coa dobraxe en castelán (La llegada) o 18 de novembro de 2016[4].

Argumento

[editar | editar a fonte]

Cando uns extraterrestres aterran en todo o mundo, unha experta lingüista é recrutada polos militares estadounidenses para determinaren se estes veñen en paz ou supoñen unha ameaza. A medida que aprende a se comunicar cos extraterrestres comeza a experimentar certos procesos, que se converten na clave para desbloquear o maior misterio sobre o verdadeiro propósito da súa visita.

  • Amy Adams como a doutora Louise Banks
  • Jeremy Renner como Ian Donnelly
  • Forest Whitaker como Coronel Weber
  • Michael Stuhlbarg como Axente Halpern
  • Tzi Ma como Xeral Shang
  • Mark Ou'Brien como Capitán Marks
  • Jadyn Malone como Hannah ao seis anos de idade.
  • Abigail Pniowsky como Hannah aos oito anos de idade.
  • Julia Scarlett Dan como Hannah aos doce anos de idade
  • Frank Schorpion como o doutor Kettler.
  • Lucas Chartier-Dessert como Lasky.
  • Christian Jadah como Combs.
  • Lucy Van Oldenbarneveld como CNAC Anchor.

Produción

[editar | editar a fonte]
Jeremy Renner en 2014.
Forest Whitaker en 2014.

Xa se planeara unha adaptación do relato Story of Your Life, a cargo de Eric Heisserer, dende novembro de 2012. A rodaxe levaríase a cabo en Montreal, Quebec, coa participación da produtora FilmNation Entertainment.[5][6] O 2 de abril de 2014, Deadline.com revelou que Denis Villeneuve fora elixido para dirixir unha adaptación do filme escrito por Eric Heisserer e coproducido por FilmNation Entertainment e Lava Bear Films. Amy Adams estaba "en conversacións iniciais" para o papel principal como a Dra. Louise Banks, unha experta lingüista.[7]

O 14 de maio de 2014, a Paramount Pictures emitiu un comunicado de prensa indicando que adquirira os dereitos de distribución en América do Norte para a adaptación do filme —titulado daquela: Story of Your Life— co lanzamento tentativo para o 2016. Tanto o director Denis Villeneuve e a actriz Amy Adams foran confirmados para o proxecto, baseado "nun novo borrador dun guion" de Eric Heisserer.[8] Jeremy Renner uniuse á película o 6 de marzo de 2015 para interpretar un profesor de física emparellado coa personaxe de Adams, ademais de estar relacionado co goberno para axudar a se comunicar cos alieníxenas.[9] Forest Whitaker uniuse ao filme o 1º de abril de 2015, e Michael Stuhlbarg uniuse ao elenco como axente da CIA Halpern en xuño de 2015.[10][11]

A rodaxe comezou o 7 de xuño de 2015 en Montreal (Québec, Canadá)[12][13], xusto despois de que Renner rematase a rodaxe de Captain America: Civil War.[9]

O reino de Galicia en Arrival

[editar | editar a fonte]

No primeiro acto, case ao comezo do filme, a Dra. Louise Banks na clase de Lingüística avanzada, na universidade, fala do portugués e do motivo polo que soa diferente ao resto das linguas romances. A continuación fai referencia ao reino de Galicia como orixe da súa historia.

A historia do portugués comeza

no reino de Galicia, na Idade Media,

cando a lingua era unha forma de arte.

— Arrival, guión de Eric Heisserer, escena 12, p. 5., (Final Shooting Draft)[14]

Na versión final do guión de rodaxe o diálogo da personaxe Louise Banks contén unha liña máis, xusto despois de dicir que «a lingua era unha forma de arte» engade «O xeito no que se escribía e se falaba tiña o seu xerme na estética»[14]. Nese momento un incidente interrompe a clase: a arribada, a chegada, que dá título á película.

Premios e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Premio Categoría Receptores Resultado Ref(s)
Premios Óscar Mellor película Shawn Levy, Dan Levine, Aaron Ryder, David Linde Pendente [15]
Mellor director Denis Villeneuve Pendente
Mellor guión adaptado Eric Heisserer Pendente
Mellor fotografía Bradford Young Pendente
Mellor deseño de produción Patrice Vermette, Paul Hotte Pendente
Mellor montaxe Joe Walker Pendente
Mellor son Bernard Gariépy Strobl, Claude La Haye Pendente
Mellor edición de son Sylvain Bellemare Pendente
Globo de Ouro Mellor actriz - Drama Amy Adams Nomeada [16]
Mellor banda sonora Jóhann Jóhannsson Nomeado
Premios BAFTA Mellor película Shawn Levy, Dan Levine, Aaron Ryder, David Linde Pendente [17]
Mellor director Denis Villeneuve Pendente
Mellor actriz Amy Adams Pendente
Mellor guión adaptado Eric Heisserer Pendente
Mellor fotografía Bradford Young Pendente
Mellor música orixinal Jóhann Jóhannsson Pendente
Mellor montaxe Joe Walker Pendente
Mellor son Bernard Gariépy Strobl, Claude La Haye, Sylvain Bellemare Pendente
Mellor efectos visuais Louis Morin Pendente
American Film Institute Top 10 de películas Arrival Gañadora [18]
National Board of Review Mellor actriz Amy Adams Gañadora [19]
Top 10 Arrival Gañadora
Premios da Crítica Cinematográfica Mellor película Arrival Nomeada [20][21]
Mellor director Denis Villeneuve Nomeado
Mellor actriz Amy Adams Nomeada
Mellor guión adaptado Eric Heisserer Gañador
Mellor fotografía Bradford Young Nomeado
Mellor deseño de produción Patrice Vermette Nomeada
Mellor música Jóhann Jóhannsson Nomeado
Mellor montaxe Joe Walker Nomeado
Mellores efectos visuais Nomeada
Mellor película de ciencia ficción/terror Arrival Gañadora
Evening Standard British Film Awards Mellor logro técnico Max Richter (contribución á música) Gañador [22]
Círculo de Críticos de San Francisco Mellor película Arrival Pendente [23]
Mellor director Denis Villeneuve Pendente
Mellor actriz Amy Adams Pendente
Mellor guión adaptado Eric Heisserer Pendente
Mellor fotografía Bradford Young Pendente
Mellor deseño de produción Patrice Vermette Pendente
Mellor música Jóhann Jóhannsson Pendente
Mellor montaxe Joe Walker Pendente
Crítica de Washington DC. Mellor película Arrival Nomeada [24]
Mellor director Denis Villeneuve Nomeado
Mellor actriz Amy Adams Nomeada
Mellor guión adaptado Eric Heisserer Gañador
Mellor fotografía Bradford Young Nomeado
Mellor deseño de produción Patrice Vermette Nomeada
Mellor música Jóhann Jóhannsson Nomeado
Mellor montaxe Joe Walker Nomeado
Crítica de San Diego Mellor guión adaptado Eric Heisserer Pendente [25]
Mellor fotografía Bradford Young Pendente
Mellor deseño de produción Patrice Vermette Pendente
Mellor montaxe Joe Walker Pendente
Mellores efectos visuais Arrival Pendente
Crítica de St. Louis Mellor película Arrival Finalista [26][27]
Mellor director Denis Villeneuve Finalista
Mellor actriz Amy Adams Nomeada
Mellor guión adaptado Eric Heisserer Finalista
Mellor fotografía Bradford Young Nomeado
Mellor música Jóhann Jóhannsson Nomeado
Mellores efectos visuaies Nomeada
Mellor película de terror/ciencia ficción Arrival Finalista
Hollywood Music in Media Awards Música Orixinal en Película de Ciencia ficción/Fantasía Jóhann Jóhannsson Nomeado [28]
Crítica de Kansas Mellor guión adatado Eric Heisserer Gañador [29]
Mellor película de Sci-fi/Terror Arrival Gañadora
Australian Academy of Cinema and
Television Arts International Awards
Mellor película Arrival Pendente [30]
Mellor director Denis Villeneuve Pendente
Mellor actriz Amy Adams Pendente
Alianza de Mujeres Periodistas de Cine Mellor película Arrival Nomeada [31][32]
Mellor director Denis Villeneuve Nomeado
Mellor actriz Amy Adams Nomeada
Mellor guión adaptado Eric Heisserer Nomeado
Mellor montaxe Joe Walker Nomeado
Mellor fotografía Bradford Young Nomeado
Crítica de Florida Mellor guión adaptado Annette Bening Nomeada [33]
Mellor fotografía Bradford Young Nomeado
Mellor dirección de arte Patrice Vermette Nomeada
Mellor banda sonora Jóhann Jóhannsson Nomeado
Mellores efectos visuais Gañadora
Crítica de Carolina do Norte Mellor película Arrival Nomeada [34][35]
Mellor guión adaptado Eric Heisserer Gañador
Mellor fotografía Bradford Young Nomeado
Mellores efectos visuais Nomeada
Online Film Critics Society Mellor película Arrival Nomeada [36][37]
Mellor director Denis Villeneuve Nomeado
Mellor actriz Amy Adams Nomeada
Mellor fotografía Bradford Young Nomeado
Mellor guión adaptado Eric Heisserer, Ted Chiang Gañadores
Mellor montaxe Joe Walker Nomeado
Crítica de Seattle Mellor película Arrival Pendente [38]
Mellor director Denis Villeneuve Pendente
Mellor actriz Amy Adams Pendente
Mellor guión adaptado Eric Heisserer Pendente
Mellor fotografía Bradford Young Pendente
Mellor deseño de produción Patrice Vermette Pendente
Mellor música Jóhann Jóhannsson Pendente
Mellor montaxe Joe Walker Pendente
Mellores efectos visuais Louis Morin Pendente
Asociación de Críticos de Cine de Austin Mellor película Arrival Nomeada [39]
Mellor director Denis Villeneuve Nomeado
Mellor actriz Amy Adams Nomeada
Mellor guión adaptado Eric Heisserer Gañador
Mellor fotografía Bradford Young Nomeado
Top 10 do ano Arrival Gañadora
Mellor música Jóhann Jóhannsson Nomeado
Directores de Casting Mellor casting nun drama de alto orzamento Francine Maisler, Lucie Robitaille Pendente [40]
Premios Eddie Mellor montaxe en película dramática Joe Walker Pendente [41]
Círculo de Críticos de Oklahoma Mellor guión adaptado Eric Heisserer Gañador [42]
Gremio de directores artísticos Mellor dirección artística en película de fantasía Patrice Vermette Pendente [43]
  1. British Board of Film Classification, ed. (19 de setembro de 2016). "Arrival (12A)". Consultado o 19 de setembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Box Office Mojo (ed.). "Arrival (2016)". Consultado o 17 de febreiro de 2017. 
  3. Walter, Damien (11 de novembro 2016). Guardian News and Media Limited, ed. "Ted Chiang, the science fiction genius behind Arrival" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2017. 
  4. Estreas da semana. Arrival a partir de 41m58s (Diario Cultural. Radio Galega) (Santiago de Compostela). 18/11/2016. Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 
  5. Fleming Jr, Mike (27/11/2012). Deadline Hollywood, ed. "FilmNation, Lava Bear Team For Nic Mathieu-Helmed Thriller ‘Story Of Your Life’" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 
  6. Lesnick, Silas (27/11/2012). ComingSoon.net, ed. "Shawn Levy to Produce Sci-Fi Tale Story of Your Life" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 
  7. Fleming Jr (02/04/2014). Deadline Hollywood, ed. "Amy Adams Circles Denis Villeneuve-Helmed Alien Tale ‘Story Of Your Life’" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 
  8. Fleming Jr, Mike (14/05/2014). Deadline Hollywood, ed. "UPDATE: Cannes: Paramount Confirms ‘Story Of Your Life’ Acquisition; $20 Million Is Fest Record Deal" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 
  9. 9,0 9,1 Kit, Borys (06/03/2015). The Hollywood Reporter, ed. "Jeremy Renner Joins Amy Adams in Sci-Fi 'Story of Your Life'" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 
  10. Kroll, Justin (01/04/2015). Variety, ed. "Forest Whitaker Eyes ‘Story of Your Life’ With Amy Adams" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 
  11. White, James (17/06/2015). Empire, ed. "He'll co-star with Amy Adams and Jeremy Renner in the sci-fi drama" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 
  12. SSN Insider Staff (08/06/2015). SSN Insider, ed. "On the Set for 6/8/15: Paul Feig & Melissa McCarthy Start Shooting Ghostbusters, Ryan Reynolds Finishes Off Deadpool & More" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10/06/2015. Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 
  13. Kelly, Brendan (07/06/2015). Montreal Gazette, ed. "Amy Adams, Jennifer Garner spotted in Montreal as Hollywood filming heats up" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 
  14. 14,0 14,1 LA Screenwriter, ed. (2016). "Arrival Script". ARRIVAL Screenplay by Eric Heisserer Based on the Story “Story of Your Life” written by Ted Chiang. Final Shooting. Draft August 20, 2015 (en inglés). p. 5 ; escena 12.- INT. UNIVERSITY CLASSROOM — DAY. Arquivado dende o orixinal (Inclúe ligazón ao ficheiro PDF do guión) o 29 de decembro de 2016. Consultado o 24 de xaneiro de 2017. The story of Portuguese begins with the Kingdom of Galicia, in the middle ages, where the language was seen as an expression of art. The way it was written and spoken was rooted in aesthetics. 
  15. "Oscar 2017: los nomeados a los premios de la Academia" (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2017. 
  16. "nomeados a los Globos de Ouro 2017: ‘La La Land’ se perfila como favorita" (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  17. "Premios BAFTA 2017: todos los nomeados" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 10 de xaneiro de 2017. 
  18. "Las 10 mejores películas del año según el American Film Institute" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  19. "'Manchester frente al mar' se lleva el premio de la National Board of Review" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  20. "Lista de nomeados a los Critics' Choice Awards" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  21. "'La La Land' triunfa en los Critics' Choice Awards" (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2016. 
  22. "Palmarés de los Evening Standard British Film Awards" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  23. "Nominaciones del Círculo de Críticos de San Francisco" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  24. "'La La Land' se lleva 7 premios da Crítica de Washington D.C." (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  25. "Nominaciones de la asociación de críticos de San Diego" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  26. "Nominaciones de la Asociación de Críticos de St. Louis" (en castelán). Consultado o 11 de decembro de 2016. 
  27. "'La La Land' domina el palmarés da Crítica de St. Louis" (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2016. 
  28. "gañadores de los Hollywood Music in Media Awards" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  29. "'Manchester frente al mar' triunfa en los premios da Crítica de Kansas" (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2016. 
  30. "Lista de nominaciones a los AACTA International Awards" (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2016. 
  31. "Nominaciones de los premios de la AWFJ (Alianza de mujeres periodistas)" (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2016. 
  32. "'Moonlight' domina los premios de la Alianza de Mujeres" (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2016. 
  33. "'Langosta' consigue su primer premio a Mejor Película en Florida" (en castelán). Consultado o 26 de decembro de 2016. 
  34. "Crítica de Carolina del Norte: lista completa de candidatos" (en castelán). Consultado o 27 de decembro de 2016. 
  35. "'La La Land' triunfa entre los críticos de Carolina del Norte" (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  36. "Nominaciones a los premios de la Online Film Critics Society" (en castelán). Consultado o 27 de decembro de 2016. 
  37. "'Moonlight' domina los premios de la Online Film Critics Society" (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2017. 
  38. "Nominaciones a los premios da Crítica de Seattle" (en castelán). Consultado o 27 de decembro de 2016. 
  39. "'Moonlight' triunfa en los premios da Crítica de Austin" (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2016. 
  40. "Nominaciones del Gremio de Directores de Casting" (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2017. 
  41. "Nominaciones del gremio de montadores: 'Silencio', fuera" (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2017. 
  42. "Oklahoma se divide entre 'La La Land' y 'Manchester frente al mar'" (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2017. 
  43. "Nominaciones del gremio de directores artísticos" (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]