Saltar ao contido

Lucia di Lammermoor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lucia di Lammermoor
Lucía de Lammermoor
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos e 7 escenas
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaSalvatore Cammarano
Fontes literariasThe Bride of Lammermoor de Sir Walter Scott
Estrea26 de setembro de 1835
Teatro da estreaTeatro di San Carlo
Lugar da estreaNápoles
Duración2 horas 30 minutos[1]
Música
CompositorGaetano Donizetti
Personaxes

Lucía Ashton (soprano lixeira ou lírica)
Alisa (mezzosoprano)
Edgardo (tenor lírico)
Enrico Ashton (barítono)
Arturo de Bucklaw (tenor lírico ou lixeiro)
Raimondo Bidebent (baixo)
Normanno (tenor)
Soldados, cazadores, nobres e xente de Lammermoor[2]

Lucia di Lammermoor (en galego, Lucía de Lammermoor) é unha ópera en tres actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseado na novela The Bride of Lammermoor de Sir Walter Scott.[3] Trátase dunha das principais óperas do belcanto e é, xunto con Don Pasquale e L'Elisir d'Amore, da ópera máis representada de Donizetti na actualidade.

A acción transcorre nas terras escocesas de Lammermoor a finais do século XVI, nun momento de crise política e relixiosa, e conta a historia do amor de Sir Edgardo de Ravenswood e Lucia, irmá de Lord Enrico Asthon, que pactou a voda da moza cun nobre rico. Aproveitando a ausencia do namorado, e por medio dunha proba de infidelidade, Lord Enrico consegue que se celebre a voda, xusto no momento en que volta Sir Edgardo. Nun acto de tolemia, Lucia apuñala o seu home na cama nupcial.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Intérpretes na estrea, 26 de setembro de 1835
(Director: – )
Lucia soprano de coloratura Fanny Tacchinardi Persiani
Lord Enrico Ashton, Señor de Lammermoor; irmán de Lucia barítono Domenico Cosselli
Sir Edgardo de Ravenswood tenor Gilbert Louis Duprez
Lord Arturo Bucklaw, noivo de Lucia tenor Balestrieri
Raimondo Bidebent, un capelán calvinista baixo Carlo Ottolini Porto
Alisa, doncela de Lucia mezzosoprano Teresa Zappucci
Normanno, cazador; un criado de Enrico tenor Anafesto Rossi
Criados e serventes, convidados á voda
  1. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en castelán) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. pp. 154–155. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
  3. A trama da novela orixinal está baseada nun incidente real que tivo lugar en 1669 na zona das colinas Lammermuir das Terras Baixas Escocesas. A familia verdadeiramente implicada foron os Dalrymple. Mentres que o libreto conserva a intriga básica de Scott, tamén contén trocos moi importantes no que se refire ás personaxes e aos acontecementos. Na novela de Scott, é súa nai, Lady Ashton, e non Enrico, quen é a vilana e malvada perpetradora de toda a intriga. Tamén, Laird of Bucklaw foi só ferido por Lucia logo da súa desafortunada vida, e máis tarde se recuperou, marchou ao estranxeiro e sobreviviunos a todos. Na ópera, o descenso de Lucia á tolemia é máis rápida, dramática e moi espectacular, mentres que no libro é un pouco máis misteriosa e ambigua. Tamén, na novela, a última charla de Edgardo e Lucia, e a súa despedida (supervisada pola súa nai) é moito menos melodramática e máis calmada, aínda que o efecto final é igualmente devastador para ambos. Ao final da novela, o Señor de Ravenswood desaparece (o seu corpo nunca se atopa) e é presumiblemente morto de algún xeito nun accidente camiño do seu duelo co irmán maior de Lucia; polo tanto, non comete un suicidio espectacular de estilo operístico cun stiletto ao coñecer a morte de Lucia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.