Maria di Rohan
Maria di Rohan María de Rohan | |
---|---|
Marie de Rohan-Montbazon, figura histórica na que se basea a ópera. | |
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Salvatore Cammarano |
Fontes literarias | Un duel sous le cardinal de Richelieu de Lockroy e Edmond Badon |
Estrea | 5 de xuño de 1843 |
Teatro da estrea | Kärntnertortheater |
Lugar da estrea | Viena |
Música | |
Compositor | Gaetano Donizetti |
Personaxes | |
Maria di Rohan (en galego María de Rohan) é unha ópera tráxica en tres actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseado en Un duel sous le cardinal de Richelieu de Lockroy e Edmond Badon. A súa estrea tivo lugar no Kärntnertortheater de Viena o 5 de xuño de 1843.
Esta ópera é moi pouco representada na actualidade, figurando nas estatísticas de Operabase con unicamente 3 representacións no período 2005-2010.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 5 de xuño de 1843 |
---|---|---|
Maria, condesa de Rohan | soprano | Eugenia Tadolini |
Riccardo, conde de Chalais | tenor | Carlo Guasco |
Enrico, duque de Chevreuse | barítono | Giorgio Ronconi |
Armando di Gondì | tenor (daquela contralto) | Michele Novaro |
O vizconde de Suze | baixo | Friedrich Becher |
de Fiesque | baixo | Gustav Hölzel |
Aubry (secretario de Chalais) | tenor | Anton Müller |
Un familiar de Chevreuse | baixo | |
Cabaleiros, o gabinete do Rei, paxes, gardas e criados domésticos de Chevreuse |
Argumento
[editar | editar a fonte]Maria, casada co Duque de Chevreuse (encarcerado por matar o sobriño do Cardeal Richelieu nun duelo), pide axuda ao seu antigo amante e Conde de Calais, Riccardo. Maria é insultada e Riccardo sae na súa defensa, retando a un duelo ao ofensor. Chevreuse sae en liberdade e xúralle lealdade. Maria tenta inutilmente impedir o duelo e confesa o seu amor por Riccardo, quen lle escribe unha carta de despedida que debería serlle entregada a Maria no caso de morrer. Chevreuse loita no seu lugar no duelo e resulta ferido levemente, mais, mentres tanto os homes do Cardeal entran no cuarto de Riccardo e levan varios documentos. Chervreuse amósalle un pasadizo secreto a Riccardo polo cal poder escapar e este pídell a Maria que o siga. Riccardo regresa para levar a Maria con el, mais Chevreuse atopa a súa carta, admitindo Maria a súa culpa. Chevreuse reta a un duelo a Riccardo, que se suicida.
Momentos destacados
[editar | editar a fonte]Maria ten unha conmovedora escena de entrada no primeiro acto con Culpa, fatal mestizia. No terceiro acto hai unha fermosa escena de Chevreuse con Bella e di sol vestita. Mentres que Riccardo ten o seu momento de lucimento no segundo acto coa aria Alma soave e cara, na que pensa no duelo co home que insultou a Maria.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 15 de abril de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |