Ward Cunningham
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de maio de 1949 (75 anos) Michigan City, Estados Unidos de América (pt) |
Residencia | Portland |
Educación | Universidade de Purdue (pt) Highland High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Enxeñaría de software |
Ocupación | programador, informático teórico, evangelista tecnológico (pt) |
Período de actividade | 1984 - |
Empregador | Microsoft (pt) (2003–2005) |
Páxina web | c2.com |
Howard G. "Ward" Cunningham, nado en Michigan City o 26 de maio de 1949,[1] é un programador estadounidense que desenvolveu a primeira wiki e foi coautor do "Manifesto for Agile Software Development"[2] Pioneiro no padrón de deseño e da programación extrema, comezou a codificar a WikiWikiWeb en 1994, e instalouna na páxina web da consultoría de software que creou coa súa esposa, Karen,[3] Cunningham & Cunningham (coñecida habitualmente polo seu nome de dominio, c2.com), o 25 de marzo de 1995, como anexo ao Portland Pattern Repository. Escribiu un libro sobre wikis titulado The Wiki Way e inventou o Framework for Integrated Tests.
Cunningham foi un voceiro clave nos primeiros tres relatorios da serie de conferencias sobre a investigación e a práctica das wikis e tamén no Wikimedia Developer Summit 2017.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cunningham naceu en Michigan City, Indiana e criouse en Highland, Indiana, permanecendo alí durante o instituto.[5] Recibiu o seu grao en enxeñaría interdisciplinar (enxeñaría eléctrica e ciencias da computación) e o seu mestrado en ciencias da computación pola Universidade Purdue, en que se graduou en 1978.[6] Foi foundador de Cunningham & Cunningham, Inc. e tamén actuou como director de R&D en Wyatt Software e como enxeñeiro xefe en Tektronix Computer Research Laboratory. É o fundador de The Hillside Group e participou na conferencia Pattern Languages of Programming que patrocina. Cunningham formou parte da comunidade Smalltalk. Entre decembro de 2003 e outubro de 2005, traballou para Microsoft Corporation no grupo "Patterns & Practices". De outubro de 2005 a maio de 2007 tivo o posto de Director of Committer Community Development na Eclipse Foundation.
En maio de 2009, Cunningham uniuse a AboutUs como CTO.[7][8] O 24 de marzo de 2011, The Oregonian informou que Cunningham saíra de AboutUs para unirse a CitizenGlobal, unha startup con sede en Venice-Beach que traballa en contidos de vídeo.[9] Continúa como "aseso" de AboutUs.[10][11] Cunningham abandonou CitizenGlobal para ser programador en New Relic.[12]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Cunningham vive en Beaverton, Oregón.[12] Ten unha licenza Extra Class de radioafeccionado outorgada pola Federal Communications Commission, e o seu sinal de chamada é Kilo Nine Oscar X-ray, K9OX.[13][14][15][16]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Leuf, Bo; Cunningham, Ward (2001). The Wiki Way. Addison-Wesley Professional. ISBN 978-0201714999.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Henderson, Harry (2009). Encyclopedia of Computer Science and Technology. Facts On File. p. 122. ISBN 978-0-8160-6382-6.
- ↑ Manifesto for Agile Software Development
- ↑ Lih, Andrew (2009). The Wikipedia Revolution, páx. 58. Hyperion, Nova York. ISBN 9781401303716.
- ↑ "Wikimedia Developer Summit 2017 Program". Consultado o 17 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Ward's Home Page". Consultado o 29 de setembro de 2018.
- ↑ The Wikipedia Revolution - Andrew Lih, page 46
- ↑ Bishop, Todd. (26 de xaneiro de 2004) Seattle Post-Intelligencer. Microsoft Notebook: Wiki pioneer planted the seed and watched it grow. Section: Business; Page D1.
- ↑ Rogoway, Mike (18 de maio de 2007). "Inventor of the wiki has a new job in Portland". The Oregonian business blog.
- ↑ "Our Proven Leadership Team". Citizen Global Website. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2012. Consultado o 2012-05-08.
- ↑ Rogoway, Mike (24 de marzo de 2011). "Ward Cunningham, inventor of the wiki, has a new job in SoCal". The Oregonian business blog.
- ↑ "Ward Cunningham Joins CitizenGlobal". Blog.ratedstar.com. 31 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2015. Consultado o 25 de febreiro de 2020.
- ↑ 12,0 12,1 "Ward Cunningham Joins the New Relic Family". New Relic Blog. 5 de abril de 2013. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2015. Consultado o 2 de decembro de 2014.
- ↑ Federal, Communications Commission. "K9OX". United States Government. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2018. Consultado o 4 de novembro de 2016.
- ↑ Federal, Communications Commission. "Ward Cunningham". United States Government. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2018. Consultado o 4 de novembro de 2016.
- ↑ Federal, Communications Commission. "K9OX, Expired". United States Government. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2018. Consultado o 4 de novembro de 2016.
- ↑ TenTec, Wiki. "Ward Cunningham". Ten Tec Wiki. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2016. Consultado o 4 de novembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ward Cunningham |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- WikiWikiWeb, including his WikiHomePage
- 2012 Dr. Dobb's Interview
- EclipseCon 2006 interview with Ward Cunningham (MP3 audio podcast, running time 20:01) Arquivado 15 de setembro de 2013 en Wayback Machine.
- The Microsoft patterns & practices group home page
- The Simplest Thing That Could Possibly Work (entrevista de 2004)
- "The Web's wizard of working together Arquivado 31 de marzo de 2009 en Wayback Machine." – profile originally in The Oregonian, 19 de decembro de 2005
- You can look it up: The Wikipedia story – excerpt from the 2014 book The Innovators