Saltar ao contido

Écija

Modelo:Xeografía políticaÉcija
Imaxe

Localización
Mapa
 37°32′28″N 5°04′45″O / 37.541111111111, -5.0791666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Sevilla Editar o valor en Wikidata
CapitalÉcija (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación39.530 (2023) Editar o valor en Wikidata (40,5 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie976 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude100 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Santo padrónPaulo de Tarso Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataRicardo Gil-Toresano Riego (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal41400 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE41039 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webecija.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450765

Écija[1] é un concello da provincia de Sevilla, sita a 95 km da capital hispalense, no interior da comunidade autónoma de Andalucía. Pertence á comarca homónima. Consonte o censo de 2005, Écija tiña unha poboación de 38.911 habitantes, sendo a quinta cidade máis populosa da provincia. O río Genil, principal afluente do Guadalquivir, atravesa o seu núcleo urbano.

As primeiras testemuñas arqueolóxicas permiten supor que o primitivo asentamento de Astigi, estivo situado, no actual Cerro de San Gil ou do Alcázar, en época tartesa.

Arredor do 14 a.C., en época de Augusto, fundouse xunto a ese lugar a Colonia Augusta Firma Astigi, que fora capital dun dos catro conventos xurídicos da provincia romana da Bética e unha das máis importantes cidades de Hispania. Ademais da súa importancia estratéxica sobre a Vía Augusta e á beira do río Genil, na época denominado Singilis, antigamente navegábel até a cidade, Astigi posuía a preeminencia no sistema de produción e exportación a longa distancia do aceite de oliveira por todo o Imperio romano.

Entre o século V e o século XI, Astigi foi sé dun bispado, desaparecido en medio da dominación islámica do Al-Andalus.

Durante o período andalusí o seu nome evolucionou para Istiya ou Astiya. Un dos sobrenomes árabes da Écija andalusí era Madinat al-qutn, "a cidade do algodón". Desta época data o recinto amurallado, con torres albarranas á maneira das fortificacións almohades.

A conquista castelá da cidade foi efectuada por Fernando III en 1240. Tras a conquista instaláronse en Écija numerosas e ilustres familias castelás. A fertilidade da comarca e a súa nova posición, fronteiriza co reino de Granada, impulsaron un notábel desenvolvemento económico e social.

O rei Henrique III concedeulle carta foral en 1402. Os primeiros gremios organizáronse a partir do século XVI e atinxen o seu máximo esplendor no século XVIII.

O seu desenvolvemento económico reflíctese na gran cantidade de construcións relixiosas e civís comprendidas entre os séculos XII e XVIII. O XVIII é considerado o "século de Ouro ecijano", debido a súa riqueza económica e artística. A cidade foi declarada Conxunto Histórico-Artístico no ano 1966.

  1. Tanto a Enciclopedia Galega Universal como a Diciopedia do século 21 utilizan esta forma
  2. Excmo. Ayuntamiento de Écija (1988). Actas del I Congreso sobre historia de Écija. Tomo I. ISBN 84-87165-05-2. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]