Saltar ao contido

Édouard Belin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÉdouard Belin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1876 Editar o valor en Wikidata
Vesoul, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte4 de marzo de 1963 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Territet, Suíza (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaVeytaux (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente Sociedade Francesa de Fotografía
1937 – 1952 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónHigher Federal Graphical Institute of Education and Research (en) Traducir - fotografía (1898–1899)
College Gérôme (en) Traducir - baccalauréat (–1894)
Faculté de droit de Dijon (en) Traducir (1894–) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninventor, enxeñeiro, fotógrafo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata

Édouard Belin, nado en Vesoul o 5 de marzo de 1876 e morto en Territet, Montreux (Suíza) o 4 de marzo de 1963, foi un inventor francés.

Inventou en 1907 o belinógrafo, un sistema que permitía o envío de fotografías a distancia, por medio das liñas telefónicas ou telegráficas. A partir de 1914 comezouse a transmitir en probas o sistema pero non se perfeccionou ata 1921, permitindo transmitir imaxes por ondas de radio. No aparello cópiase a imaxe punto por punto, e mídese a intensidade lumínica por medio dun ollo eléctrico, esa intensidade envíase ao receptor, e alí unha fonte de luz reproduce as medidas de intensidade do ollo eléctrico, mentres realiza os mesmos desprazamentos exactamente, imprimíndoo en papel fotográfico, obtense así unha copia da imaxe orixinal.

Édouard Belin foi presidente da Sociedade Francesa de Fotografía.