Saltar ao contido

Órgano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En bioloxía, principalmente na anatomía, un órgano é un conxunto de tecidos que evolucionaron para executar unha determinada función vital.

Algúns órganos comúns aos vertebrados son o corazón, o cerebro, o estómago etc.

Nas plantas "superiores", os órganos principais son a raíz, o caule, as follas, as flores e os froitos.

Un conxunto de órganos con funcións relacionadas chámase un sistema, conformando unha función máis complexa. Por exemplo, o sistema respiratorio dos animais ou o sistema radicular das plantas vasculares.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.