A conquista do Oeste
A conquista do Oeste | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | How the West Was Won |
Director | John Ford Henry Hathaway George Marshall |
Produtor | Bernard Smith |
Guión | James R. Webb |
Música | Alfred Newman |
Fotografía | William Daniels Milton Krasner Charles Lang Joseph LaShelle |
Montaxe | Harold F. Kress |
Estudio | Cinerama Releasing Corporation |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | 1 de novembro de 1962 (estrea en Londres) 20 de febreiro de 1963 (Estados Unidos) |
Duración | 164 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 14 483 000 dólares[1][2][3] |
Recadación | 50 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
A conquista do Oeste (en inglés: How the West Was Won) é un filme épico de western estadounidense de 1962.[4] Foi un dos últimos filmes épico ao "estilo antigo" realizado por Metro-Goldwyn-Mayer que tivo grande éxito. O elenco multiestelar inclúe a Carroll Baker, Lee J. Cobb, Henry Fonda, Carolyn Jones, Karl Malden, Gregory Peck, George Peppard, Robert Preston, Debbie Reynolds, James Stewart, Eli Wallach, John Wayne e Richard Widmark. O filme está narrado por Spencer Tracy.
Ambientado entre 1839 e 1889, segue catro xeracións dunha familia cando se mudan dende o occidente do estado de Nova York ao océano Pacífico. O filme foi un dos só dous filmes dramáticos realizado co proceso de tres proxectores sobre pantalla curva chamado Cinerama, o que aumentou o seu impacto orixinal. A banda sonora foi cualificada no número 25 da lista de 100 bandas sonoras do American Film Institute. O filme foi un éxito de crítica e en 1997 foi seleccionado para a súa conservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".
Estreouse na Televisión de Galicia o 6 de xaneiro de 2003.[5]
Argumento
[editar | editar a fonte]O filme comeza coa narración por Spencer Tracy mentres a cámara aérea voa sobre as montañas Rochosas. "Esta terra hoxe ten un nome", di Tracy nas primeiras liñas do filme, "e está sinalada nos mapas".
O filme consta de catro episodios sobre a colonización do Oeste que teñen lugar entre 1830 e 1890 máis un interludio ambientado na guerra civil estadounidense:
- "The Rivers" (1839), dirixido por Henry Hathaway
- "The Plains" (1851), dirixido por Henry Hathaway
- "The Civil War" (1861–1865), dirixido por John Ford
- "The Railroad" (1868), dirixido por George Marshall
- "The Outlaws" (1889), dirixido por Henry Hathaway
Un breve epílogo mostra como os modernos Estados Unidos creceron dende o Oeste a principios da década de 1960, que inclúe fotogramas do encoro Hoover, o intercambiador de catro niveis nos Ánxeles e a ponte Golden Gate en San Francisco.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Spencer Tracy como narrador
- Introducidos en "The Rivers"
- James Stewart como Linus Rawlings
- Carroll Baker como Eve Prescott Rawlings
- Debbie Reynolds como Lillith Prescott van Valen
- Karl Malden como Zebulon Prescott
- Agnes Moorehead como Rebecca Prescott
- Walter Brennan como Col. Jeb Hawkins
- Brigid Bazlen como Dora Hawkins
- Lee Van Cleef como river pirate (sen acreditar)
- Introducidos en "The Plains"
- Gregory Peck como Cleve Van Valen
- Robert Preston como Roger Morgan
- Thelma Ritter como Agatha Clegg
- David Brian como Lilith's attorney
- John Larch como Grimes a gambler (sen acreditar)
- Clinton Sundberg como Hylan Seabury (sen acreditar)
- Introducidos en "The Civil War"
- George Peppard como Zeb Rawlings
- Andy Devine como Corporal Peterson
- Harry Morgan como Xen. Ulysses S. Grant
- John Wayne como Gen. William Tecumseh Sherman
- Russ Tamblyn como Confederate deserter
- Raymond Massey como Presidente Abraham Lincoln
- Ken Curtis como Cpl. Ben (sen acreditar)
- Introducidos en "The Railroad"
- Henry Fonda como Jethro Stuart
- Richard Widmark como Mike King
- Introducidos en "The Outlaws"
- Lee J. Cobb como Marshal Lou Ramsey
- Eli Wallach como Charlie Gant
- Carolyn Jones como Zeb Rawlings' wife, Julie
- Mickey Shaughnessy como Deputy Stover
- Harry Dean Stanton como membro da banda de Gant (sen acreditar)
- Jack Lambert como membro da banda de Gant (sen acreditar)
O flime supuxo a última aparición de Raymond Massey, de 66 anos, como Abraham Lincoln, papel que interpretara previamente no teatro (Abe Lincoln in Illinois e a adaptación de John Brown's Body), no cinema (Abe Lincoln in Illinois) e na televisión (The Day Lincoln Was Shot, e dúas producións de Abe Lincoln in Illinois).
Éxito comercial
[editar | editar a fonte]Sorprendentemente para un filmes estadounidense deste tipo, A conquista do Oeste tivo a súa estrea mundial no Reino Unido, no Casino Cinerama de Londres o 2 de novembro de 1963. O filme foi emitido no Casino durante 123 semanas, ata abril de 1965.
A conquista do Oeste tivo un grande éxito comercial. Producido cun grande orzamento para esa época de quince millóns de dólares, logrou 46,5 millóns nos cines norteamericanos,[6] converténdose no segundo filme con máis público de 1963. Obtivo cincuenta millóns de dólares en todo o mundo.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sheldon Hall, Epics, Spectacles, and Blockbusters: A Hollywood History Wayne State University Press, 2010 p 164
- ↑ LeVasseur, Andrea. "How the West was Won – Synopsis". amctv.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2008. Consultado o 26 de abril de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Box Office Information for How the West was Won. IMDb via Internet Archive. Consultado o 17 de xuño de 2018.
- ↑ Crítica en Variety; 7 de novembro de 1962, páxina 6.
- ↑ La Voz de Galicia, 6 de xaneiro de 2003. Páx. 70
- ↑ Box Office Information for How the West Was Won. The Numbers. Consultado o 2 de setembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A conquista do Oeste |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A conquista do Oeste na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 1962
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por John Ford
- Filmes dirixidos por Henry Hathaway
- Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer
- Filmes ambientados nos Estados Unidos de América
- Filmes ambientados en 1839
- Filmes ambientados en 1851
- Filmes ambientados en 1861
- Filmes ambientados en 1865
- Filmes ambientados en 1868
- Filmes ambientados en 1889
- Filmes rodados en Arizona
- Filmes rodados en California
- Filmes rodados en Illinois
- Filmes rodados en Oregón
- Filmes rodados en Dacota do Sur
- Filmes rodados en Utah
- Filmes sobre nativos americanos
- Filmes preservados no National Film Registry
- Filmes de 1962 con versión en galego