Aeroméxico
Aeroméxico | ||
---|---|---|
IATA AM | OACI AMX | Indicativo AEROMEXICO |
Fundación | 15 de setembro de 1934 (como Aeronaves de México) | |
Inicio das operacións | 15 de febreiro de 1972 (como Aeroméxico) | |
Alianza | SkyTeam | |
Frota | 64 | |
Destinos | 56 | |
Holding | Grupo Aeroméxico | |
Dirixentes | Andrés Conesa Labastida (CEO) | |
Páxina web: www.aeromexico.com |
Aeroméxico é a aeroliña máis grande de México con sede no areoporto internacional da Cidade de México. É a única aeroliña iberoamericana con destinos en Asia e voa tamén a Estados Unidos, Canadá, iberoamericano e Europa. É membro fundador da SkyTeam Alliance.
Historia
[editar | editar a fonte]Aeronaves de México foi fundada en 1934 por Antonio Díaz Lombardo. O primeiro avión foi un Stinson SR, tripulado polo piloto Julio Zinser, o cal protagonizou o voo inaugural na ruta Cidade de México-Acapulco o día 14 de setembro de 1934. A escaseza de avións, motores e repostos provocada pola segunda guerra mundial, obrigou a Antonio Díaz a buscar un socio no medio aeronáutico e o 30 de abril de 1941 Aeronaves de México vendeu a Pan American o 25% das súas accións.
En 1955 a empresa tiña oficinas en 21 cidades do país e dúas nos Estados Unidos. A súa frota estaba formada por 15 avións (12 eran DC-3, dous DC-4 e un C-47 cargueiro) e pouco despois incorporarían catro Convair. En 1957 obtivéronse permisos para voar as rutas Cidade de México-Nova York e Acapulco-Os Ánxeles. No mesmo ano, accionistas mexicanos recuperaron as accións en poder de Pan American e dous anos despois, o goberno federal adquiríu por decreto todas as accións e bens de Aeronaves de México.
En 1964 Aeronaves contaba con xa con 2 980 empregados e ofrecía servizo a 32 cidades da República, así como voos a cidades de Estados Unidos, Europa, Canadá e Suramérica.
En 1982, a crise económica elevou a débeda en dólares do sector aeronáutico e dificultou as operacións nesa moeda. Os pasaxeiros internacionais diminuíron un 27% e un 7% os nacionais. O 15 de abril de 1988 comezou en Aeronaves de México unha folga que derivou na quebra da empresa e a suspensión das operacións.
O 1 de outubro de 1988 naceu Aerovías de México, S.A. de C.V., conservando o nome comercial de Aeroméxico e o emblema do cabaleiro aguia. A aeroliñea comezou as súas operacións con 25 avións e un cadro de persoal duns 3 500 empregados. As prioridades da empresa foron consolidar o negocio e lograr estándares de puntualidade, confiabilidade, coidado no manexo de equipaxe e servizo, para conquistar a preferencia do público.
A mediados de 1995, despois dunha fraude de 75 millóns de dólares polo Director Xeral Gerardo de Prevoisin, Aeroméxico fíxose con parte da Corporación Internacional de Transporte Aéreo (CINTRA) xunto a Mexicana. En 1996 empezou un código compartido con Delta Air Lines e Air France, e en 2000 converteuse en membro de SkyTeam Alliance.
Frota
[editar | editar a fonte]Frota de Aeroméxico en xaneiro do 2011[1].
Avión | Total | Pasaxeiros | Rutas | Notas |
---|---|---|---|---|
Boeing 737-700 | 28 | 124 | México, Perú e Estados Unidos | |
Boeing 737-800 | 10 (1 pedido) |
150 | México e Estados Unidos | |
Boeing 767-200ER | 4 | 181 | Europa, Monterrey e Suramérica | |
Boeing 767-300ER | 2 | 209 (18/191) | Europa e Suramérica | |
Boeing 777-200ER | 4 | 277 | Brasil, Europa, China, Xapón e Tijuana | |
Boeing 787-8 | (3 pedidos) | Entrada en servizo no 2011 Servizos internacionais de longo alcance | ||
McDonnell-Douglas MD-88 | 1 |
Aparellos retirados
[editar | editar a fonte]- Stinson SR Reliant
- Travel Air
- Bellanca Pacemaker
- Beechcraft 17 Staggerwing
- Avro Anson
- Boeing 247D
- Lockheed Constellation
- Bristol Britannia
- Convair 340
- Douglas DC-3
- Douglas DC-4
- Douglas DC-6
- Douglas DC-8
- McDonnell Douglas DC-9-15
- McDonnell Douglas DC-9-31/32
- McDonnell Douglas DC-10-15
- McDonnell Douglas DC-10-30
- Boeing 757-200
- McDonnell Douglas MD-82
- McDonnell Douglas MD-83
- McDonnell Douglas MD-88
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 01 de febreiro de 2011.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aeroméxico |