Saltar ao contido

Aeroporto de Badaxoz


Aeroporto de Badaxoz
Aeropuerto de Badajoz

IATA: BJZ – ICAO: LEBZ
Sumario
Tipo Civil/militar
Propietario AENA
Operador AENA
Cidade/Illa Badaxoz
Localización Badaxoz
Elevación (msnm) 185 metros / 606 pés
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
13/31 2.852×60 9.357×197 asfalto
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 49 304

O Aeroporto de Badaxoz é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado no concello de Badaxoz, a 14 km do centro urbano da cidade e a 45 km de Mérida.

Comparte pista e torre de control cunha base aérea do exército do aire español, a de Talavera la Real. A terminal civil e a base aérea están separadas pola pista, diferenciando así as dúas instalacións.

Entre 2006 e 2007, o aeroporto sufriu unha serie de obras para facer efectiva unha ampliación da terminal (de 2.500 m² a 4.400 m²), da plataforma de aeronaves (de 16.000 m² a unha para aviación comercial de 30.000 m² e outra de aviación xeral de 5.000 m²) e do aparcadoiro (pasando de 129 a 245 prazas, todas gratuítas).[1] O 28 de xullo de 2010 púxose fin a todas as obras coa posta en funcionamento do resto de instalacións.

En 2007 marcou o seu récord de pasaxeiros, con 91 789. No ano 2017 rexistrou 49 304 pasaxeiros e 1 865 movementos de aeronaves.[2]

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]
Aeroliñas Destinos
Iberia
operado por Air Nostrum
Madrid

[3]

Iberia
operado por Air Nostrum
Barcelona,[3]
  1. Diario Hoy - Ampliación do Aeroporto de Badaxoz
  2. "Presentación - Aeropuerto de Badajoz -". Aena.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal |url= incorrecto (Axuda) o 13 de decembro de 2018. Consultado o 13 de decembro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 El Periódico de Extremadura (ed.). "Aena confirma que Air Nostrum operará en Badajoz desde febrero". Consultado o 29 de setembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]