Agoitz
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade foral | Navarra | |||
Capital de | ||||
Capital | Aoiz/Agoitz (en) | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 2.970 (2023) (219,35 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua éuscara (zona lingüística) lingua castelá (zona lingüística) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 13,54 km² | |||
Altitude | 504 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 31430 | |||
Código INE | 31019 | |||
Páxina web | aoiz.es |
Agoitz (en castelán e tamén oficial: Aoiz) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na comarca de Sangüesa e a 28 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 2 684 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 13,54 km² e a súa densidade de poboación é de 198,23 hab./km².
Historia
[editar | editar a fonte]Os vestixios prehistóricos atopados na zona denotan un antigo poboamento, se ben a localización e o termo de Agoitz semellan datar da época da romanización. O núcleo de poboación xurdiu durante os séculos I a IV da nosa era. O nome de Agoitz, segundo os lingüistas é patronímico xentilicio e fai referencia ó señor ou encargado do fundus ou domini que dependía dunha cidade romana. No ano 924, parte do poboado de Agoitz foi destruído polo califa Abd al-Rahman III. Da vila tense constancia documental dende o século XI, cando estaba a cargo do conde Erroibar (val achegado á localidade). Agoitz formou parte do val de Longida até o 1424, ano do cal se segregou. En 1479, foi elevada á categoría de "Boa Vila" pola princesa Magdalena, nai e titora do rei neno Francisco I, recordando a Paz Xeral que se asinou na Vila diante da ermida de San Román despois de máis de 30 anos de guerra civil en Navarra entre agramonteses e beamonteses. O acto de paz, no cal os principais xefes rivais chantaron as súas espadas no chan é o motio temático do escudo da localidae, foi outorgado en 1494 polos reis Catarina de Navarra e Xoán III de Albret.
Tamén dende 1479, Agoitz dispuxo de representación nas antigas Cortes de Navarra. Despois da supresión do Tribunal de Comptos e a creación en 1835 dos "Partidos Xudiciais", Navarra quedou dividida en cinco demarcacións, semellantes aos Meiriñados históricos, na que o Meiriñado de Olite adxudicouse en Tafalla e a de Sangüesa a capitalidade de Agoitz. Na primeira metade do século XX a localidade foi un centro manufactureiro de grande entidade, na súa maior parte promovida pola Sociedade El Irati, S.A, que constituíu arredor de Agoitz un importante serradoiro, unha industria química e o primeiro tren de tracción eléctrica da Península Ibérica.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución demográfica | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1996 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 |
1 848 | 1 861 | 1 838 | 1 842 | 1 862 | 1 892 | 2 001 | 2 099 | 2 109 | 2 175 | 2 242 |
Fontes: Agoitz e Instituto de Estatística de Navarra |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agoitz |