Air Canada Rouge
Air Canada Rouge | ||
---|---|---|
IATA RV | OACI ROU | Indicativo ROUGE |
Fundación | decembro de 2012 | |
Inicio das operacións | 1 de xullo de 2013 | |
Plan de voo frecuente | Aeroplan | |
Alianza | Star Alliance (afiliada) | |
Frota | 49 | |
Destinos | 49 | |
Páxina web: https://flyrouge.com |
Air Canada Rouge é unha aeroliña para destinos turísticos subsidiaria de Air Canada. A compañía está totalmente integrada na rede da súa empresa nai e de Air Canada Express, os voos véndense con números de voo de Air Canada pero aparecen como "operados por Air Canada Rouge" (de xeito semellante aos voos operados baixo a marca Air Canada Express). Rouge significa "vermello" en francés.
Historia
[editar | editar a fonte]A aeroliña creouse en decembro do ano 2012 e comezou a operar o 1 de xullo de 2013 como parte do Air Canada Leisure Group para competir máis eficientemente con Air Transat, Sunwing e WestJet no mercado das viaxes de vacacións, operando principalmente rutas a Europa o Caribe e os Estados Unidos. No momento do seu lanzamento tiña unha frota de catro avións, 2 Airbus A319 e 2 Boeing 767, transferidos da súa compañía nai. A súa frota aumentou ata os 28 avións en 18 meses e en agosto de 2017 contaba con 24 Boeing 767, 20 Airbus A319 e 5 Airbus A321.
O 24 de marzo de 2014 Air Canada anunciou plans para que Air Canada Rouge se expandise cara ao oeste do Canadá, comezando esa mesma primavera para servir principalmente mercados de lecer dende Vancouver e Calgary cara aos Ánxeles, San Francisco, Las Vegas, Phoenix, Palm Springs, Honolulu, Maui e Anchorage.[1]
Frota
[editar | editar a fonte]En agosto de 2017 a frota de Air Canada Rouge estaba formada polos seguintes avións:[2]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros[3] | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
B | E | Total | |||||
Airbus A319-100 | 20 | — | 12 | 124 | 136 | ||
Airbus A321-200 | 5 | — | 16 | 184 | 200 | ||
Boeing 767-300ER | 24 | — | 24 | 258 | 282 | ||
Total | 49 | 0 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Newswire (ed.). "Air Canada rouge Expands to Western Canada". Consultado o 28 de setembro de 2017.
- ↑ Canadian Civil Aircraft Register (ed.). "Frota de Air Canada Rouge". Consultado o 28 de setembro de 2017.
- ↑ Air Canada (ed.). "Our Fleet". Consultado o 28 de setembro de 2017.