Amaranthus cruentus
Amaranthus cruentus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Amaranthus cruentus | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
Amaranthus cruentus, é unha especie herbácea pertencente á familia Amaranthaceae. Atópase en Norteamérica e Suramérica. É unha das tres especies de amaranto cultivadas como fonte de gran, as outras dúas son A. hypochondriacus e A. caudatus.
Descrición
[editar | editar a fonte]Amaranthus cruentus é unha herba anual coroada con acios de flores de cor rosa escuro. A planta pode crecer até os 2 m de altura, e florece desde verán a outono. Crese que procedía de Amaranthus hybridus, coa que comparte moitas características morfolóxicas. Esta especie atopábase en uso como unha fonte de alimento en América Central desde antes do 4000 a. C. A planta é xeralmente de cor verde, pero unha variante de cor púrpura foi utilizada nos rituais incas. Este cultivo é fonte dunha gran gama de nutrientes, é moi usado na India.
Uso
[editar | editar a fonte]As sementes cómense como un gran de cereal. Son de cor negra no medio silvestre e branca na forma domesticada. Trátase dunha fonte para fariña, flocos de millo, cocida e en confeitaría chamada alegría. As follas poden cociñarse como as espinacas, e as sementes poden xerminar en brotes nutritivos. Aínda que A. cruentus xa non é un alimento básico, aínda é cultivado e vendido como un alimento saudable.
É un cultivo importante para os agricultores de subsistencia en África.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Amaranthus cruentus foi descrita por Carl von Linné e publicada en Systema Naturae, Editio Decima 2: 1269. 1759.[2]
amaranthus: nome xenérico que procede do grego amaranthos, que significa "flor que non murcha".
cruentus: epíteto latino que significa "ensanguentado", facendo referencia á coloración das inflorescencias.[3]
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Grubben, G.J.H. & Denton, O.A. (2004) Plant Resources of Tropical Africa 2. Vegetables. PROTA Foundation, Wageningen; Backhuys, Leiden; CTA, Wageningen.
- ↑ [Ligazón morta]
- ↑ Amaranthus cruentus en Flora de Canarias
- ↑ Amaranthus cruentus en PlantList
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amaranthus cruentus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Amaranthus cruentus |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- USDA profile Amaranthus cruentus
- Edible plants info page
- Jepson Manual treatment
- Taxonomic, Scientific, and Distribution Information
- Van Wyk, Ben-Erik (2005). Food Plants of the World. Portland, Oregon: Timber Press, Inc. ISBN 0-88192-743-0
- Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Amaranthus cruentus (TSN 20730)" (en inglés).
- PROTAbase on Amaranthus cruentus