American Horror Story
American Horror Story | |
---|---|
Formato | Terror Suspense erótico[1] Antolóxica Ficción sobrenatural Slasher Comedia negra Drama[2] |
Creado por | |
Desenvolvido por |
|
Intérpretes | véxase o apartado American Horror Story |
Tema de apertura |
|
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 12 |
Episodios | 132 (Lista de episodios) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) |
|
Cámara | Cámara única |
Duración | 37–73 minutos[3] |
Distribuidor | 20th Television |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | FX |
Primeiro episodio | 5 de outubro de 2011 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
https://www.fxnetworks.com/shows/american-horror-story | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
American Horror Story é unha serie de televisión de terror creada e producida por Ryan Murphy e Brad Falchuk. Descrita como unha serie antolóxica, cada temporada está concibida como unha miniserie autónoma que segue a un conxunto dispar de personaxes e escenarios, e unha historia co seu propio principio, nó e desenlace. Algúns elementos do argumento de cada tempada están vagamente inspirados en feitos reais.[4][5][6] Os únicos actores presentes en tódalas tempadas son Evan Peters e Sarah Paulson, xunto con Lily Rabe e Frances Conroy que aparecen en todas agás nunha tempada.
A primeira temporada da serie, logo retitulada como American Horror Story: Murder House, transcorre en 2011 e céntrase na historia da familia Harmon, que se muda de Boston aos Ánxeles a unha mansión encantada polos habitantes anteriores. A segunda temporada, titulada American Horror Story: Asylum, sitúase en 1964 e narra as historias dos pacientes dunha institución para criminais dementes. A terceira temporada titulada American Horror Story: Coven, takes place in Nova Orleáns, Luisiana, durante o ano 2013, e conta a historia dun aquelarre de bruxas que se enfronta a todos aqueles que as queren destruír. A cuarta tempada, subtitulada Freak Show, ten lugar en Jupiter, Florida, durante o ano 1952, céntrase nun dos poucos espectáculos dos horrores que quedan nos Estados Unidos. A quinta tempada, subtitulada Hotel, ten lugar nos Ánxeles, California, durante o ano 2015, e céntrase no persoal e nos residentes dun hotel sobrenatural. A sexta tempada, subtitulada Roanoke, ten lugar en Carolina do Norte entre os anos 2014–16, e céntrase nos eventos paranormais que ocorren nunha illada casa encantada polos mortos da colonia Roanoke. A sétima tempada, subtitulada Cult, ten lugar no suburbio fiticio de Brookfield Heights, Míchigan, durante o ano 2017, e céntrase nunha seita que aterroriza ós residentes despois das eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016. A oitava tempada, subtitulada Apocalypse, ten lugar na costa oeste durante o ano 2021, e conta a historia dos sobreviventes despois dun holocausto nuclear global.
A serie emítise a través da canle de televisión por cable FX nos Estados Unidos. O 3 de agosto de 2018, a serie foi confirmada para unha décima tempada.[7]
Malia que a recepción das diferentes tempadas foi variado, American Horror Story foi amplamente aclamado polos críticos de televisión, sendo especialmente eloxiado o elenco e as interpretacións, particularmente as de Jessica Lange, que gañou dous Premios Emmy, un Globo de Ouro e un Premio do Sindicato de Actores. Kathy Bates e James Cromwell tamén gañaron cadanseu Premio Emmy polas súas actuacións, xunto con Lady Gaga que recibiu un Globo de Ouro. A serie mantén altos índices de audiencia para a canle FX network, sendo a primeira tempada a serie máis vista en televisión por cable de 2011.
Episodios
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Lista de episodios de American Horror Story.
Tempada | Episodios | Emisión orixinal | ||
---|---|---|---|---|
Inicio | Final | |||
1 Murder House | 12 | 5 de outubro de 2011 | 21 de decembro de 2011 | |
2 Asylum | 13 | 17 de outubro de 2012 | 23 de xaneiro de 2013 | |
3 Coven | 13 | 9 de outubro de 2013 | 29 de xaneiro de 2014 | |
4 Freak Show | 13 | 8 de outubro de 2014 | 21 de xaneiro de 2015 | |
5 Hotel | 12 | 7 de outubro de 2015 | 13 de xaneiro de 2016 | |
6 Roanoke | 10 | 14 de setembro de 2016 | 16 de novembro de 2016 | |
7 Cult | 11 | 5 de setembro de 2017 | 14 de novembro de 2017 | |
8 Apocalypse | 10 | 12 de setembro de 2018 | 14 de novembro de 2018 | |
9 1984 | 9 | 18 de setembro de 2019 | 13 de novembro de 2019 | |
10 Double Feature | 10 | 25 de agosto de 2021 | 20 de outubro de 2021 | |
11 NYC | 11 | 19 de outubro de 2022 | 16 de novembro de 2022 |
Murder House (2011)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: American Horror Story: Murder House.
A primeira temporada, retroactivamente titulada American Horror Story: Murder House,[8][9][10] trata sobre a infidelidade. A historia acontece en 2011 e está protagonizada pola familia Harmon: o psiquiatra Ben (Dylan McDermott), a súa muller Vivien (Connie Britton) e a súa filla adolescente Violet (Taissa Farmiga). Os Harmon múdanse de Boston aos Ánxeles despois de que Vivien dese a luz un feto morto e Ben tivese unha relación extraconxugal. A familia trasládase a unha mansión restaurada e, axiña, atópanse cos habitantes anteriores da casa, o desfigurado Larry Harvey (Denis O'Hare) e os Langdon: Constance Langdon (Jessica Lange) e os seus dous fillos, Tate (Evan Peters) e Addie (Jamie Brewer). Mentres que Ben e Vivien intentan recuperar a súa relación, Violet, que sofre depresión, atopa consolo en Tate. Os Langdon e Larry inflúen frecuentemente nas vidas dos Harmon, á vez que a familia descobre que a casa está encantada polas pantasmas dos anteriores habitantes.
Asylum (2012–13)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: American Horror Story: Asylum.
A segunda temporada, titulada American Horror Story: Asylum, trata sobre a cordura. A historia sucede en 1964 e protagonízana os pacientes, doutores e monxas que traballan e residen na institución mental Briarcliff, fundada para tratar e albergar criminais dementes. Entre os gardiáns que levan a institución están a severa irmá Jude (Jessica Lange), a súa protexida irmá Mary Eunice (Lily Rabe) e o fundador da institución, monseñor Timothy Howard (Joseph Fiennes). Os doutores encargados de tratar os pacientes no manicomio son o psiquiatra Dr. Oliver Thredson (Zachary Quinto) e o cientítico sádico Dr. Arthur Arden (James Cromwell). Entre os pacientes, moitos dos cales afirman que foron inxustamente institucionalizados, están a xornalista lesbiana Lana Winters (Sarah Paulson), o acusado de asasinatos en serie Kit Walker (Evan Peters) e a presunta asasina Grace (Lizzie Brocheré).
Coven (2013–14)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: American Horror Story: Coven.
Ambientada no ano 2013, a tempada conta a historia das descendentes das bruxas que sobreviviron os xuízos de Salem e os seus problemas para agochar a súa identidade no mundo moderno. Aquelas persoas que comparten esta aflición xenética están sendo sometidos a ataques violentos de forzas externas, como os relixiosos e os cazadores de bruxas. Zoe Benson (Taissa Farmiga), é unha moza adolescente que descoñecía a existencia das bruxas e que descobre a súa identidade como descendente de Salem despois dun violento accidente que provoca a morte do seu mozo. É enviada a un internado para rapazas en Nova Orleáns que busca protexer e gorecer as bruxas novas dos perigos do mundo exterior. Alí, coñece a outras estudantes, como a narcisista estrela do cinema Madison Montgomery (Emma Roberts), a falangueira Queenie (Gabourey Sidibe), e a enigmática Nan (Jamie Brewer), ó tempo que se namora de Kyle Spencer (Evan Peters), un estudante non bruxo. A escola é rexentada pola directora Cordelia Foxx (Sarah Paulson), a xefa do Consello de Bruxas e excéntrica da moda Myrtle Snow (Frances Conroy), e o mordomo mudo Spalding (Denis O'Hare). A nai de Cordelia, Fiona Goode (Jessica Lange), é a Suprema e a máis poderosa das bruxas da súa xeración, aínda que regularmente desatende as súas responsabilidades, para desgusto de Cordelia e a súa rival Myrtle. Despois de que unha multitude descobre e case mata unha joven bruxa que vive nos pantanos chaamada Misty Day (Lily Rabe), Fiona regresa ó internado para garantir a a seguridade das outras mozas, pero tamén para cumprir os seus propios obxectivos ocultos. Os eventos revelan unha longa rivalidade entre as bruxas de Salem e as practicantes de vudú de Nova Orleáns, así como unha desavinza histórica entre a Raíña vudú Marie Laveau (Angela Bassett) e a asasina en serie Delphine LaLaurie (Kathy Bates).
Produción
[editar | editar a fonte]“ | ” | |
—Murphy sobre o formato antolóxido da serie.[12] |
Os creadores Murphy e Falchuk comezaron a traballar en American Horror Story antes de que a serie de Fox Glee comezase a produción. Murphy quería facer o oposto ó que fixera con anterioridade e por iso comezou a traballar na serie. Declarou: "Pasei de Nip/Tuck a Glee, así que tiña sentido que quixese facer algo escuro e desafiante. E eu sempre amei, ó igual que Brad, o xénero de terror. Así que foi algo natural para min."[13] Falchuk estaba intrigado pola idea de explorar unha perspectiva diferente no xénero de terror, afirmando que o seu obxectivo principal na creación da serie era arrepiar ós espectadores. "Queres que a xente se desequilibre un pouco despois," declarou.[14]
En febreiro de 2011, FX anunciou oficialmente que encargou o piloto para unha posible serie de Ryan Murphy e Brad Falchuk, cos propios Murphy e Falchuk como guionista e con Murphy como director. Dante Di Loreto foi anunciado como produtor executivo. A produción da serie comezou en abril de 2011.[15] En xullo de 2011, FX anunciou oficialmente que o proxecto se convertería nunha serie.[16]
Dende o comezo, Murphy e Falchuk pensaron que cada tempada da serie debería ser unha historia diferente.[12] Despois da emisión da primeira tempada, Murphy falou da súa intención de cambiar o elenco de actores e a localización para a segunda tempada.[17] Porén, dixo que algúns dos actores que protagonizaron a primeira tempada poderían regresar. "As persoas que regresen intepretarán personaxes, criaturas e monstros completamente diferentes. As historias dos [Harmons] acabaron. As persoas que volverán farán personaxes completamente novas", anunciou.[12] En novembro de 2012, o director executivo de FX, John Landgraf, describiu o formato único da serie dicindo: "A noción de facer unha serie de miniseries antolóxicas cun só elenco foi innovadora, tremendamente exitosa e demostrará ser unha tendencia."[8]
No PaleyFest de 2013, Falchuk comparou a serie cos filmes de terror: "Esixe un pouco de compaixón ó final porque namoras destes personaxes dun xeito diferente a como o farías nun filme," declarou. "Se nun filme queres matar a todos agás a unha persoa, pode sairte coa túa, pero se queres facer unha serie de televisión de terror, tes unha responsabilidade diferente cos personaxes porque a audiencia ten un afecto diferente con eles."[18]
Murphy explicou despois que o proceso de planificación dunha tempada da serie leva arredor dun ano. "Primeiro creamos unha historia e despois creamos as personaxes", dixo. "É unha elenco de compañía, polo que moveremos á xente e, ás veces, non haberá un papel para alguén. Ó igual que cando comezamos [a segunda temporada], realmente non tiña idea de que Dylan [McDermott] sería a persoa que interpretaría ó fillo de Sarah, pero canto máis afondabamos, pensei, funcionaría moi ben."[18]
Nun artigo de 2015 para Entertainment Weekly, Murphy revelou que a serie estaba pensando en producir dúas tempadas. A primeira emitiríase en primavera e a segunda no outono. Explicou, "Estamos a facer algo que nunca antes fixeramos e onde estamos facendo dous grupos diferentes de salas de guionistas. Algúns dos nosos guionistas irán rotando, pero un grupo completamente diferente chegará a finais de agosto. O seguinte que estamos elaborando é moi diferente a [ Hotel ]. Non máis pequeno. Pero simplemente non é opulento. Máis pícaro e máis escuro."[19]
Personaxes
[editar | editar a fonte]Clave
- Unha cela gris escuro indica que o actor non apareceu na temporada.
- Os actores que apareceron en varias temporadas están en orde segundo o número de episodios totais nos que apareceron.
- Os personaxes que aparecen en cursiva son personaxes recorrentes na temporada correspondente.
Actor | Personaxe(s) | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Murder House (2011) |
Asylum (2012) | ||||||
Jessica Lange | Constance Langdon | Irmá Jude Martin | |||||
Lily Rabe | Nora Montgomery | Irmá Mary Eunice McKee | |||||
Sarah Paulson | Billie Dean Howard | Lana Winters | |||||
Evan Peters | Tate Langdon | Kit Walker | |||||
Zachary Quinto | Chad Warwick | Dr. Oliver Thredson | |||||
Dylan McDermott | Dr. Ben Harmon | Johnny Morgan | |||||
Frances Conroy | Moira O'Hara (vella) | O anxo da morte / Shachath | |||||
Connie Britton | Vivien Harmon | ||||||
Taissa Farmiga | Violet Harmon | ||||||
Denis O'Hare | Larry Harvey | ||||||
Joseph Fiennes | Monseñor Timothy Howard | ||||||
Lizzie Brocheré | Grace Bertrand | ||||||
James Cromwell | Dr. Arthur Arden |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Droesch, Paul. "American Horror Story (TV Series) 2011". Allmovie. Consultado o 26 de novembro de 2012.
- ↑ Droesch, Paul. "American Horror Story TV Series (2011)". AllMovie. Consultado o 13 de decembro de 2015.
- ↑ Amazon.com (ed.). "American Horror Story 6 Seasons 2011". Consultado o 24 de xullo de 2016.
- ↑ Pehanick, Maggie (24 de abril de 2016). "The True Stories Behind 18 American Horror Story Characters". Popsugar.com. Consultado o 8 de maio de 2016.
- ↑ Wood, Lucy (18 de outubro de 2015). "DID YOU KNOW THESE AMERICAN HORROR STORY PLOTLINES ARE BASED ON TRUE EVENTS?". Sugarscape.com. Consultado o 8 de maio de 2016.
- ↑ Gennis, Sadie (20 de outubro de 2015). "The Real-Life Inspirations Behind American Horror Story: Hotel". TV Guide. Consultado o 8 de maio de 2016.
- ↑ Andreeva, Nellie (3 de agosto de 2018). "‘American Horror Story’ Renewed For Season 10 by FX". Deadline. Consultado o 13 de agosto de 2018.
- ↑ 8,0 8,1 de Moraes, Lisa (15 de novembro de 2012). The Washington Post, ed. "FX picks up third season of 'American Horror Story'". Consultado o 15 de novembro de 2012.
- ↑ Lesley Goldberg (15 de novembro de 2012). "FX Renews 'American Horror Story' for Third Season". The Hollywood Reporter.
- ↑ Harnick, Chris (15 de novembro de 2012). "'American Horror Story' Renewed: FX Orders Season 3 With Jessica Lange". The Huffington Post. Consultado o 15 de novembro de 2012.
- ↑ Traducido do orixinal: "What you saw in the finale was the end of the Harmon house. The second season of the show will be a brand-new home or building to haunt. Just like this year, every season of this show will have a beginning, middle and end. [The second season] won't be in L.A. It will obviously be in America, but in a completely different locale".
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Mullins, Jenna (22 de decembro de 2011). E! Online, ed. "American Horror Story Season Two Scoop: New House and (Mostly) New Faces". NBCUniversal. Consultado o 12 de novembro de 2015.
- ↑ Stack, Tim (5 de outubro de 2011). Entertainment Weekly, ed. "'American Horror Story' co-creator Ryan Murphy talks premiere, his favorite scene, and identity of Rubber Man – EXCLUSIVE". Consultado o 10 de novembro de 2015.
- ↑ Juergens, Brian (3 de outubro de 2011). "Ryan Murphy and Brad Falchuk Talk "American Horror Story": Blood, Infidelity, and Zachary Quinto". NewNowNext. Consultado o 12 de novembro de 2015.
- ↑ Fienberg, Daniel (17 de febreiro de 2011). "FX orders 'American Horror Story' from 'Glee' pair". HitFix. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2015. Consultado o 17 de febreiro de 2011.
- ↑ The Futon Critic, ed. (18 de xullo de 2011). "FX Orders "American Horror Story" to Series". Futon Media. Consultado o 10 de novembro de 2015.
- ↑ Itzkoff, Dave (22 de decembro de 2011). The New York Times, ed. "'American Horror Story' Will Scare Up a New Cast and New Haunted Home for Season 2". Consultado o 10 de novembro de 2015.
- ↑ 18,0 18,1 Luna, Keri (19 de marzo de 2013). "American Horror Story Creators, Cast Tease Season 3". Spinoff.ComicBookResources.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2013. Consultado o 21 de abril de 2013.
- ↑ Stack, Tim (27 de agosto de 2015). Entertainment Weekly, ed. "There could be TWO seasons of American Horror Story in 2016". Consultado o 27 de agosto de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: American Horror Story |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en inglés)
- American Horror Story na IMDb (en inglés)
- American Horror Story[Ligazón morta] na TV.com (en inglés)
- American Horror Story en Metacritic (en inglés)