Anatomía dun asasinato
Anatomía dun asasinato | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Anatomy of a Murder |
Director | Otto Preminger |
Produtor | Otto Preminger |
Guión | Wendell Mayes |
Baseado en | Anatomy of a Murder de Robert Traver |
Intérpretes | James Stewart Lee Remick Ben Gazzara Arthur O'Connell Eve Arden Kathryn Grant George C. Scott |
Música | Duke Ellington |
Fotografía | Sam Leavitt |
Montaxe | Louis R. Loeffler |
Estudio | Carlyle Productions |
Distribuidora | Columbia Pictures Corporation |
Estrea | 1 de xullo de 1959 11 de decembro de 1993 (TVG) |
Duración | 160 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Recadación | $11 000 000 |
Na rede | |
Anatomía dun asasinato (en inglés: Anatomy of a Murder) é un filme estadounidense producido e dirixido por Otto Preminger que se estreou en 1959. O guión é obra de Wendell Mayes e baséase na novela homónima escrita por John D. Voelker baixo o alcume Robert Traver. Voelker baseou a novela nun caso de asasinato de 1952 no que foi avogado da defensa.[1]
Está protagonizado por James Stewart, Lee Remick, Ben Gazzara, Eve Arden, George C. Scott, Arthur O'Connell, Kathryn Grant, Brooks West, Orson Bean e Murray Hamilton. O xuíz foi interpretado por Joseph N. Welch, un avogado real. Foi un dos primeiros filmes de Hollywood en abordar os temas do sexo e a violación en termos gráficos. Inclúe unha das secuencias de Saul Bass de máis sona, a banda sonora de Duke Ellington, que tamén aparece no filme, e foi descrito por un profesor de dereito como "probablemente o máis puro filme xurídico xamais feito".[2]
En 2012, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".[3]
Foi estreado en galego a través da TVG o 11 de decembro de 1993.[4]
Sinopse
[editar | editar a fonte]En Míchigan, o avogado dunha pequena localidade, Paul Biegler, ex-fiscal de distrito que perdeu no seu intento de reelección, pasa a maior parte do seu tempo pescando, tocando o piano e saíndo co seu amigo e colega alcohólico Parnell McCarthy e a súa sardónica secretaria Maida Rutledge.
Un día, Biegler recibe a Laura Manion, esposa do tenente Frederick "Manny" Manion, arrestado polo asasinato de Barney Quill, dono dun bar. Manion non nega o crime, mais afirma que Quill violou a súa esposa. Mesmo con esta motivación, sería difícil conseguir que fose absolto do asasinato, mais Manion di non ter recordo ningún do suceso, o que suxire que pode ter unha defensa por loucura temporal.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- James Stewart como Paul Biegler
- Lee Remick como Laura Manion
- Ben Gazzara como Tenente Frederick Manion
- Arthur O'Connell como Parnell McCarthy
- Eve Arden como Maida Rutledge
- Kathryn Grant como Mary Pilant
- George C. Scott como Claude Dancer
- Orson Bean como Dr. Matthew Smith
- Russ Brown como George Lemon
- Murray Hamilton como Alphonse Paquette
- Brooks West como Mitch Lodwick
- Ken Lynch como Sarxento James Durgo
- John Qualen como Sheriff Sulo
- Howard McNear como Dr. Dompierre
- Alexander Campbell como Dr. Gregory Harcourt
- Ned Wever como Dr. Raschid
- Jimmy Conlin como Madigan
- Royal Beal como Sheriff Battisfore
- Joseph Kearns como Mr. Burke
- Don Ross como Duke Miller
- Lloyd Le Vasseur como empregado do xulgado
- James Waters como sarxento
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ NY Daily News (ed.). "Justice Story: The Murder Behind the Movie" (en inglés). Consultado o 16 de outubro de 2017.
- ↑ Asimow, Michael (febreiro de 1998). "Picturing Justice film review from a legal perspective". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2010. Consultado o 01 de febreiro de 2018.
- ↑ King, Susan (19 de decembro de 2012). Los Angeles Times, ed. "National Film Registry selects 25 films for preservation".
- ↑ La Voz de Galicia, 11 de decembro de 1993. Páx. 67
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anatomía dun asasinato |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baulch, Vivian M. The Detroit News, ed. "When Hollywood Came to the Upper Peninsula". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2013. Consultado o 01 de febreiro de 2018.
- Bergman, Paul; Asimow, Michael (2006). Reel Justice: The Courtroom Goes to the Movies. Kansas City: Andrews and McMeel. ISBN 0-7407-5460-2.
- Bergman, Shirley J. (novembro–decembro de 2001). "The Real Trial" (PDF). Michigan History 86 (6): 90–91. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de decembro de 2006. Consultado o 01 de febreiro de 2018.
- Machura, Stefan; Robson, Peter, eds. (2001). Law and Film: Representing Law in Movies. Cambridge: Blackwell Publishing. pp. 15, 17, 129. ISBN 0-631-22816-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Anatomía dun asasinato na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)