Antolín Sánchez Presedo
Antolín Sánchez Presedo, de nome completo Antolín Luís Mariano Sánchez Presedo[1], nado en Betanzos o 5 de abril de 1955, é un político galego membro do PSOE, e deputado no Parlamento Europeo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, e mestrado en Dereito da Unión Europea pola Universidade Carlos III de Madrid.[1]
Finais dos setenta e década dos oitenta
[editar | editar a fonte]Deputado no Parlamento de Galicia dende a I ata a IV lexislatura (1981-1997), e concelleiro da súa cidade natal dende 1979 ata que, en 1983, obtén a alcaldía de Betanzos ó gañar as eleccións municipais por maioría absoluta. En 1985 é nomeado Secretario Xeral do PSdeG-PSOE en substitución de Paco Vázquez, motivo polo que deixa a alcaldía betanceira co fin de prepara-las eleccións autonómicas que se celebrarían en novembro dese ano.
A pesar de perde-las citadas eleccións, en 1987, e debido á moción de censura presentada contra o goberno de Xerardo Fernández Albor (que triunfaría grazas ó voto do tránsfuga Xosé Luís Barreiro), o PSdeG-PSOE acada o poder, formando un goberno tripartito coa Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego. Sánchez Presedo sería nomeado Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas dese goberno, mantendo o cargo ata a vitoria do Partido Popular nas eleccións autonómicas de 1989.
Candidatura á presidencia da Xunta
[editar | editar a fonte]En 1993 foi candidato á presidencia da Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE. A contundente derrota electoral precipitou a súa saída coma Secretario Xeral do partido, situación que aproveitaría para estudar o citado máster e dedicarse posteriormente ó exercicio da avogacía.
Parlamento Europeo
[editar | editar a fonte]En 2004 regresa á política: é elixido deputado no Parlamento Europeo, cargo que ostentou até as eleccións de 2014.
Predecesor: Vicente de la Fuente García |
Alcalde de Betanzos 1983 - 1985 |
Sucesor: Manuel Lagares Pérez |
Predecesor: Fernando Pedrosa Roldán |
Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas 1987- 1990 |
Sucesor: Xosé Cuíña |
Predecesor: Antonio Rodríguez Rodríguez |
Secretario Xeral do PSdeG 1985 – 1994 |
Sucesor: Francisco Vázquez Vázquez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Ficha na web Galicia Política". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2014. Consultado o 27 de novembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de eurodiputado de Antolín Sánchez Presedo (en castelán)
- Europarlamentarios de Galicia
- Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Alcaldes de Betanzos
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Conselleiros da Xunta de Galicia
- Nados en Betanzos
- Nados en 1955
- Europarlamentarios do S&D
- Europarlamentarios de España (2004-2009)
- Europarlamentarios de España (2009-2014)
- Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia