Anxo Gómez Sánchez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | A Grela, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | catedrático, escritor |
Anxo Gómez Sánchez, nado na Grela (A Coruña), é un filólogo, escritor e profesor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciado en Filoloxía Hispánica, subsección galego-portugués, na Universidade da Coruña. Profesor de Lingua Galega en Carral.
Obras
[editar | editar a fonte]Edición
[editar | editar a fonte]- Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, 1996, AS-PG/A Nosa Terra.
- A prosa e o teatro do primeiro renacemento: antoloxía, 1996, AS-PG/A Nosa Terra.
- Antoloxía, de Ánxel Fole, 1997, AS-PG/A Nosa Terra.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- La Galiciana, de Xan da Cova, 1995, Cadernos de Teatro, A Coruña. Con Mercedes Queixas.
- Literatura feminina e feminista da segunda metade do século XIX: antoloxía, 1996, AS-PG/A Nosa Terra. Edición con Pilar García Negro e Francisco Rodríguez.
- A literatura galega do pre-renacemento (1808-1863), 1996, AS-PG/A Nosa Terra. Con Pilar García Negro.
- Obra literaria e xornalística: antoloxía, de Valentín Lamas Carvajal, 1996, AS-PG/A Nosa Terra. Edición con Pilar García Negro e Mercedes Queixas.
- Poetas entre a tradición e a modernidade: antoloxía, 1997, AS-PG/A Nosa Terra. Con Manuel María.
- Historia da lingua galega, 1998, Edicións A Nosa Terra. Con Xosé Ramón Freixeiro Mato.
- Historia xeral da literatura galega, 2001, Edicións A Nosa Terra. Con Mercedes Queixas.
- Linguas non normalizadas: presente e futuro. Actas do congreso (Pazo da Cultura de Pontevedra, 15, 16, 17 de novembro de 2001), 2002, AS-PG. Coordinador con Gonzalo Constenla e Mercedes Queixas.
- A volta a Curros en 9 etapas, 2008, Concello da Coruña. Con Olga Patiño.