Apiales
Apiales | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Familias | |||||||||
As Apiales é unha orde de plantas anxiospermas que contén familias moi recoñecidas: cenoria, apio, pirixel, hedra.
No sistema de Cronquist, só se inclúen as Apiaceae e Araliaceae, e a orde situouse coas rósidas máis ca coas astéridas. As Pittosporaceae estaban coas Rosales, e outras formas na familia Cornaceae. As familias están a ser reclasificadas e haberá pequenas variacións, en particular nas Torriceliaceae que poden ser divididas.
Hai tendencia ao paso de formas leñosas a herbáceas. Con condutos resiníferos. Flores pentámeras, hermafroditas, diclamideas, ás veces co cáliz moi pequeno, xineceo ínfero, bicarpelar, de carpelos pechados e estilos libres; en umbelas. Ás veces hai dimorfismo floral.
Importancia nos países tépedos e fríos.
Biotipos
[editar | editar a fonte]Árbores (algunhas Ferula), arbustos (Bupleurum), e máis frecuentemente herbas, anuais, bianuais ou perennes. Follas case sempre alternas. Contén dúas familias.
Sinonimia
[editar | editar a fonte]- Araliales, Pittosporales
- [1]
Notas
[editar | editar a fonte]- Chandler, G.T. e G. M. Plunkett. 1994. Evolución en Apiales: marcadores nucleares e cloroplastos xuntos na maioría dos casos en perfecta harmonía. Botanical Journal of the Linnean Society 144: Pag. 123-147 (abstract dispoñible online aquí).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Apiales |