Arconte basileus
O Arconte basileus (grego: Ἄρχων Βασιλεύς árkhōn Basiléus) era un cargo político da Grecia antiga. O termo significa literalmente "maxistrado rei".
Na Atenas clásica o arconte basileus representaba o último vestixio da monarquía. Aínda que gran parte dos poderes desta foran transferidos a outras institucións como o Areópago e posteriormente a Boulé e a Ecclesía, o arconte basileus mantiña nominalmente a posición máis alta na política ateniense, xunto co arconte epónimo e o polemarca. O arconte basileus era o encargado de supervisar a organización dos ritos relixiosos.
Orixinalmente o arconte basileus era elixido de entre a aristocracia ateniense (os Eupátridas) cada dez anos. Despois do -683 o cargo era mantido unicamente por un ano, e tras as reformas de Solón, era elixido de entre os atenienses máis adiñeirados ou Pentakosiomedimnoi (Πεντακοσιομέδιμνοι). Despois do -487 os arcontados eran elixidos por sorteo.
Crese que a muller do arconte basileus ou Basilinna tiña que se desposarse e ter relacións con Dionisos durante un festival no Bukoleion de Atenas para garantir a seguridade da pole[1], pero descoñécese en que consistía a cerimonia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stanton p. 7
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Stanton, Greg R. (1990). Athenian Politics c.800–500 B.C.: A Sourcebook (en inglés). Londres e Nova York: Routledge. p. 226. ISBN 9780415040617.