Arturo Mor Roig
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de decembro de 1914 Lleida |
Morte | 15 de xullo de 1974 (59 anos) San Justo, Arxentina (pt) |
Deputado da Arxentina | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Buenos Aires Pontificia Universidade Católica da Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | União Cívica Radical (pt) |
Arturo Mor Roig, político arxentino nado en Lleida o 14 de decembro de 1914. Morreu asasinado por Montoneros o 15 de xullo de 1974 en San Justo, Provincia de Buenos Aires.
Mocidade
[editar | editar a fonte]Emigrou a Arxentina xunto aos seus pais, establecéndose en San Pedro, Provincia de Buenos Aires, onde Mor Roig pasou a súa mocidade. Graduado na Universidade de Buenos Aires, posteriormente realizaría o seu doutoramento en Ciencias Políticas na Universidade Católica Argentina. Se transladaría a vivir a San Nicolás de los Arrollos, onde casou e tivo catro fillos.
Labor lexislativo
[editar | editar a fonte]Afiliouse á Unión Cívica Radical en 1939. Tras actuar como concelleiro en San Nicolás, foi electo senador provincial en Buenos Aires, cargo que desempeñou entre 1953 e 1955. Trala Revolución Libertadora que derrocou ao goberno do xeneral Juan Domingo Perón, o radicalismo dividiuse en Unión Cívica Radical del Pueblo (UCRP) dirixida por Ricardo Balbín de tendencia antiperonista, e a Unión Cívica Radical Intransigente (UCRI) dirixida por Arturo Frondizi con tendencia a conciliar co peronismo. Mor Roig tomou partido pola UCR del Pueblo, acompañando a Balbín nas eleccións de 1958, aínda que quen gañou finalmente as eleccións sería a UCR intransixente de Frondizi.
En 1958 Mor Roig resultou elixido deputado nacional exercendo o seu cargo ata 1962, cando foi derrocado Frondizi por un golpe de estado que se fixo notar en todas as provincias, e clausurou o congreso. Apoiou a Arturo Illia nas eleccións de 1963, cando volveu ser elixido deputado nacional e alcanzou a presidencia da Cámara dos Deputados, ata o novo golpe de estado de 1966, que instalou a ditadura do xeneral Onganía.
Labor ministerial
[editar | editar a fonte]Durante a presidencia de Alejandro Agustín Lanusse, ocupou o cargo de Ministro do Interior, sendo Mor Roig membro da mesa directiva do Partido Radical. Aceptou o cargo malia a oposición de Ricardo Balbín, e ata Raúl Alfonsín esixiu a expulsión de Mor Roig do Partido Radical.
A súa xestión como Ministro do Interior caracterizouse pola derrogación da Lei N° 18.975, que prohibía as actividades dos partidos políticos, coa posterior devolución dos bens aos partidos. Ademais, impulsou a creación da Cámara Nacional Electoral, e a sanción do Código Electoral incluíndo a convocatoria a eleccións xerais para o 11 de marzo de 1973. Impulsou o Gran Acuerdo Nacional, baseado no proxecto La Hora de los Pueblos, que buscou o diálogo e a saída electoral ao goberno militar.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Tralo seu paso polo Ministerio do Interior, retirouse da actividade política, mudándose á Cidade de Buenos Aires. Dedicouse a escribir artigos para o diario "El Día" da cidade de La Plata.
Mentres almorzaba nun restaurante de San Xusto, foi asasinado a mans de Montoneros, o 15 de xullo de 1974.