Saltar ao contido

As Celtas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As Celtas
Fundación2024
EstadioBalaídos
PresidenteMarián Mouriño
AdestradorVicky Vázquez

As Celtas é un equipo de fútbol da cidade de Vigo. Constitúe a sección feminina do Real Club Celta de Vigo. Na tempada 2024-25 compite na Terceira Federación, a cuarta categoría nacional, e o seu terreo de xogo é a Cidade Deportiva Afouteza.

O 7 de maio de 2024 o RC Celta anunciou nun acto na cidade deportiva da Madroa a creación da sección feminina do equipo. O nome escollido para a escuadra feminina foi As Celtas[1]. O equipo xurdiu da fusión coa Unión Deportiva Mos, que nesa tempada xogaba na Terceira Federación feminina. Ao acto acudiu o cadro de xogadores do Celta, incluído o adestrador, Claudio Giráldez, e os directivos. Tamén acudiron, en representación oficial, diferentes cargos da Xunta de Galicia, entre eles o Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; e o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.[2] Tamén estivo presente o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.

No acto repartíronse camisolas conmemorativas e posteriormente houbo varias actuacións de artistas galegos: Lil Kids e EME DJ. Ademais, leuse un manifesto coas bases e o espírito do equipo feminino.

Xa están aquí.
Somos mulleres de terra e sementeira, mulleres de mar,
mulleres de ferro.
Somos As Celtas

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]