Awake
Awake | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Dream Theater | ||||
Publicado | 4 de outubro de 1994 | |||
Gravación | maio - xullo de 1994 | |||
Estudio(s) | One on One Studios e Devonshire Studios | |||
Duración | 75:00 | |||
Xénero(s) | metal progresivo, rock progresivo | |||
Selo(s) | East West Records | |||
Produtor | John Purdell, Duane Baron | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Awake é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de metal progresivo Dream Theater, publicado o 4 de outubro de 1994 a través do selo East West Records. Foi o derradeiro disco do grupo en contar co teclista Kevin Moore, que anunciou a súa decisión de deixar a banda durante a gravación do traballo.
Gran parte do material para Awake foi escrito en sesións de composición entre febreiro e abril de 1994, durante as cales Dream Theater foi presionado polo seu selo para producir un álbum tan exitoso como Images and Words (1992) cun sinxelo semellante a "Pull Me Under". A discográfica quería que a banda producise un disco máis orientado cara ao metal, agardando que fose máis doado de comercializar. John Purdell e Duane Baron produciron, gravaron e mesturaron o traballo. A portada do álbum, deseñada pola banda, contén numerosas referencias as letras das cancións.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Toda a música composta por Dream Theater, agás onde se indique.
N.º | Título | Letras | Duración | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "6:00" | Kevin Moore | 5:31 | ||||||
2. | "Caught in a Web" | James LaBrie, John Petrucci | 5:28 | ||||||
3. | "Innocence Faded" | Petrucci | 5:42 | ||||||
4. | "I. Erotomania" | (instrumental) | 6:44 | ||||||
5. | "II. Voices" | Petrucci | 9:53 | ||||||
6. | "III. The Silent Man" (music: Petrucci) | Petrucci | 3:47 | ||||||
7. | "The Mirror" | Mike Portnoy | 6:45 | ||||||
8. | "Lie" | Moore | 6:33 | ||||||
9. | "Lifting Shadows Off a Dream" | John Myung | 6:05 | ||||||
10. | "Scarred" | Petrucci | 10:59 | ||||||
11. | "Space-Dye Vest" (música: Moore) | Moore | 7:29 | ||||||
74:56 |
Disco extra no Xapón | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Eve" | 5:05 |