Saltar ao contido

BLITS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BLITS / Ball Lens In The Space
Representación de BLITS en órbita.
TipoTecnolóxico / científico
OrganizaciónNII Pretsizionnogo Priborostroeniya
Contratistas principaisNII Pretsizionnogo Priborostroeniya
Satélite deTerra
Data de lanzamento17 de setembro de 2009, 15:55 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz 2-1b Fregat[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónExperimental, xeodesia.[2][5]
NSSDC ID2009-049G
Masa7,53 kg[2][5][6]
DimensiónsEsfera de 170 mm de diámetro.[6]
Datos orbitais
Semieixo maior7197 km[1]
Inclinación98,4 graos[1]
Apoapse829,1 km[1]
Periapse823,8 km[1]

BLITS, acrónimo de Ball Lens In The Space, é un satélite artificial ruso lanzado o 17 de setembro de 2009 como carga secundaria a bordo dun foguete Soiuz 2-1b Fregat desde o Cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

BLITS é un satélite pasivo, con forma de esfera de 170 mm de diámetro. Está construído de tal xeito que é retrorreflector, coa misión principal de validar o concepto de satélite esférico de vidro retrorreflector e obter datos científicos en xeofísica, xeodinámica e relatividade grazas a medicións desde terra mediante láser con precisión dun milímetro ou inferior.[5]

O satélite está formado por dous hemisferios feitos con vidro de baixo índice de refracción e unha esfera interna feita de vidro de alto índice de refracción. Un dos hemisferios está recuberto cunha capa protectora de aluminio e verniz. A masa total do satélite é de 7,53 kg.[5]

Desde o 22 de xaneiro de 2013, BLITS é seguido como se fora dous obxectos en órbita, o que indica unha posible fragmentación en órbita, posiblemente debido a unha colisión.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "BLITS" (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (4 de novembro de 2011). "BLITS" (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 10 May 2010 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (10-54995(E)). 6 de xullo de 2010: 4. Consultado o 12 de agosto de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "BLITS" (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "BLITS" (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2018. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2018). "BLITS" (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]