Ben Foster (actor)
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Benjamin A. Foster 29 de outubro de 1980 (44 anos) Boston, Estados Unidos de América |
Residencia | Nova York |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Maharishi School of the Age of Enlightenment (en) Centro Interlochen de Artes (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actor, guionista, actor de televisión, actor de cinema, produtor de cinema |
Período de actividade | 1995 - |
Familia | |
Cónxuxe | Laura Prepon (2018–2024), divorcio |
Irmáns | Jon Foster |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Ben Foster, nado en Boston (Massachusetts) o 29 de outubro de 1980, é un actor estadounidense, gañador dos premios "Daytime Emmy" e do "Sindicato de Actores". É coñecido polos seus papeis en filmes para o público adolescente tales como Liberty Heights 'e Get Over It, así como tamén filmes de acción como Hostage (2005), X-Men: The Last Stand (2006), Alpha Dog (2007), O tren das 3:10 (2007) e Pandorum (2009).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foster é un actor xudeu fillo de Stephen Foster, que é dono dun restaurante.[1] Ten un irmán máis novo, Jon Foster, que tamén é actor. A súa avoa paterna emigrou de Rusia para fuxir dos pogroms.[2][3] Os pais de Foster, quen el describe como «hippies de espírito ceibe e opositores da Guerra de Vietnam», mudáronse á pequena vila de Fairfield, Iowa, cando Ben tiña catro anos logo de que a súa casa en Boston fose roubada mentres a familia estaba presente.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ós dezaseis anos, Foster deixa a escola e múdase aos Ánxeles. Entre 1996 e 1997 apareceu na serie de televisión Flash Forward e durante os seguintes tres anos tivo pequenos papeis en filmes para televisión e en dous episodios da serie Freaks and Geeks. No 2001, actuou en Get Over It. Foster tamén tivo un papel recorrente (22 episodios) na serie Six Feet Under, polo cal compartiu un premio do Sindicato de Actores entregado ó mellor elenco de actores dunha serie dramática.
Tras filmar 11:14 e The Punisher, apareceu en Hostage xunto a Bruce Willis, Kevin Pollak e Michelle Horn. No 2006, Foster actuou en X-Men: The Last Stand, interpretando ao superheroe dos cómics Ángel/Warren Worthington III. Un dos seus papeis máis notorios foi no filme de suspense Alpha Dog, onde interpretou a un drogadicto chamado "Jake Mazursky". Foster simulou glaucomas nos seus ollos durante a filmación para aparentar o abuso de drogas.[4] No 2007, interpretou o asasino "Charlie Prince" no filme O tren das 3:10, o que lle valeu un nomeamento do Sindicato de Actores e outra para os premios Saturn.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Actualmente Foster vive co seu irmán Jon nos Ánxeles. Segundo a revista Bossip, Foster estivo saíndo coa actriz Zoë Kravitz por máis de cinco meses,[5] quen o acompañou á preestrea de O tren das 3:10.[6]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1996–1997 | Flash Forward | Tucker James | 26 episodios |
1997 | Kounterfeit | Travis | |
1998 | I've Been Waiting for You | Charlie | TV filme |
You Wish | Earl | Episodio: "Future Shock" | |
Breakfast with Einstein | Ryan | TV filme | |
1973 | Peter | TV filme | |
1999 | Liberty Heights | Ben Kurtzman | |
Freaks and Geeks | Eli | Episodio: "Piloto" | |
2000 | Family Law | Jason Nelson | Episodio: "A Mother's Son" |
2001 | Get Over It | Berke Landers | |
Boston Public | Max Warner | Episodio: "Twenty-Nine" | |
2002 | The Laramie Project | Aaron Kreifels | |
Big Trouble | Matt Arnold | ||
Bang Bang You're Dead | Trevor Adams | ||
Phone Booth | Big Q | ||
2003 | Northfork | Cod | |
11:14 | Eddie | ||
Six Feet Under | Russell Corwin | 22 episodios | |
2004 | The Punisher | Spacker Dave | |
The Heart Is Deceitful Above All Things | Fleshy Boy | ||
2005 | Hostage | Mars Krupcheck | |
The Dead Zone | Darren Foldes | Episode: "The Last Goodbye" | |
2006 | X-Men: The Last Stand | Warren Worthington III/Angel | |
2007 | Alpha Dog | Jake Mazursky | |
O tren das 3:10 | Charlie Prince | ||
My Name Is Earl | Glenn | Episodio: "My Name Is Inmate#2801-016: Part 1" Episodio: "My Name Is Inmate#2801-016: Part 2" | |
30 Days of Night | The Stranger | ||
2008 | Birds of America | Jay | |
2009 | The Messenger | Will Montgomery | |
Blink | AJ | Curtametraxe | |
Pandorum | Bower | ||
2010 | Here[7] | Will Shepard | |
2011 | The Mechanic[8] | Steve McKenna | |
Rampart | Terry | ||
2012 | Yellow | Nowell | |
Contraband | Sebastian Abney | ||
360 | TBA |
Premios
[editar | editar a fonte]Gañados
[editar | editar a fonte]- 2003
- Daytime Emmy, por Bang Bang You're Dead
- 2004
- Screen Actors Guild Awards, por Six Feet Under
- 2006
- Young Hollywood Awards, por Alpha Dog
Nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1997
- Gemini Award, por Flash Forward
- 1998
- Gemini Award, por Flash Forward
- 2001
- Teen Choice Awards, por Get Over It
- 2005
- Screen Actors Guild Awards, por Six Feet Under
- 2007
- Satellite Awards, por O tren das 3:10
- 2008
- Screen Actors Guild Awards, por O tren das 3:10
- Saturn Award, por O tren das 3:10
- 2009
- Gotham Awards, por The Messenger
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biografía de Ben Foster (1980-)
- ↑ Breed, Allan G (25-01-1999). "Ben Foster has been stealing the show since second grade". Associated Press Archive. Arquivado dende o orixinal o 30-12-2013. Consultado o 10-12-2007.
- ↑ 3,0 3,1 Miller, Gerri (1999). "Foster Reaches for the "Heights"". JVibe. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2007. Consultado o 2006-12-12.
- ↑ "X-MEN STAR FOSTER RISKS EYESIGHT TO PLAY DRUGGIE". Contact Music. 2006-12-12. Arquivado dende o orixinal o 28-05-2007. Consultado o 12-12-2006.
- ↑ "Bossip » Archivo »". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2008. Consultado o 23 de xuño de 2011.
- ↑ "Fotografías de Zoe Kravitz y Ben Foster en el preestreno de 3:10 to Yuma". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2007. Consultado o 23 de xuño de 2011.
- ↑ Mitchell, Wendy (2009-07-27). "Ben Foster, Lubna Azabal join Braden King's Armenia-set Here". Screen Daily. Consultado o 2010-11-15.
- ↑ Scott, Mike (1999-11-09). "New Orleans film shoot to disrupt traffic on Convention Center Boulevard". Nola.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2011. Consultado o 2010-11-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ben Foster |