Borussia Mönchengladbach
Borussia Mönchengladbach | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Borussia VfL 1900 Mönchengladbach e.V. | |||
Alcume(s) | Die Fohlen (Os poldros) | |||
Fundación | 1 de agosto de 1900 | |||
Estadio | Borussia-Park, Mönchengladbach Alemaña | |||
Inauguración | 30 de xullo de 2004 | |||
Capacidade | 54.057 | |||
Presidente | Rolf Königs | |||
Adestrador | Adi Hütter | |||
Liga | Bundesliga | |||
2021–22 | 10.º | |||
Vestimenta | Puma | |||
Patrocinador | Deutsche Postbank | |||
Na rede | ||||
http://www.borussia.de/ | ||||
| ||||
O Borussia Mönchengladbach é un equipo de fútbol alemán da cidade de Mönchengladbach, en Renania do Norte-Westfalia. Fundouse en 1900 e actualmente xoga na 1. Bundesliga.
Historia
[editar | editar a fonte]O club nun inicio chamouse Turnverein Germania 1889. Posteriormente pasa a chamarse VfTuR 1889 M.Gladbach. Pero, por desgraza súa, o club participou na Bundesliga por vez primeira en 1965, aínda que en 1960 conquistara o seu primeiro título nacional: a Copa de Alemaña.
Os éxitos volveron en 1970, gañando a súa primeira liga. Desde ese ano ata 1979 consolidouse como un dos clubs máis exitosos da súa historia, tanto nacional como internacionalmente. Gañou cinco ligas, tres copas (unha destas últimas foi en 1995), máis a Copa da UEFA, trofeo que o gañou en 1975 e en 1979. Ademais, disputou a final da Copa de Europa en 1977, que acabou perdendo ante o Liverpool. Ao ano seguinte o Borussia Mönchengladbach representou á UEFA en calidade de subcampión da Copa de Europa na Copa Intercontinental debido a que o Liverpool non quixo disputala. Foi derrotado polo club arxentino Boca Juniors.
Logo de sumar actuacións máis ben modestas (terminando desde o 3° ata o 15°, nalgunhas tempadas) e de gañar o seu terceiro título copeiro, en 1999 descende á segunda división alemá. O ascenso non o conseguiría senón ata o final da tempada 2000/01, culminando segundo nesa categoría.
Na tempada 2006-2007 o club descendeu á segunda división. En 2007-2008 finalizou en primeiro lugar da táboa, por iso é polo que ascendeu de novo.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón verde, medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta verde, pantalón verde, e medias verdes.
- Terceiro uniforme: Camiseta negra, pantalón negro, medias negras.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]- Actualizado a 20 de xaneiro de 2022.[1]
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- 1. Bundesliga (5): 1970, 1971, 1975, 1976, 1977.
- 2. Bundesliga (1): 2008
- Copa de Alemaña (DFB Pokal) (3): 1960, 1973, 1995.
- Supercopa de Alemaña (1): 1976 (no oficial)
Torneos internacionais
[editar | editar a fonte]- Copa da UEFA (2): 1975, 1979.
- Subcampión da Liga de Campións da UEFA (1): 1977.
Torneos amigables
[editar | editar a fonte]- Trofeo Ciudad de Zaragoza (1): 1973.
- Trofeo Joan Gamper (1): 1972.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Squad – Borussia Mönchengladbach". borussia.de. Consultado o 1 de xullo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en alemán)
- Borussia-Park (en alemán)