Bromatoloxía
A bromatoloxía, ou ciencia dos alimentos,[1] é a ciencia da natureza dedicada ao estudo dos alimentos.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo bromatoloxía está formado pola unión dos elementos bromat- e -loxía, derivados do nome do grego antigo βρῶμα, -ατος brôma, -atos "alimento", e o sufixo grego -λογία -loxía, "tratado", "estudo", "ciencia", repectivamente.[2]
Concepto
[editar | editar a fonte]Moitas veces confúndese o termo co de "tecnoloxía alimentaria". Pero o Instituto de Tecnólogos de Alimentos (Institute of Food Technologists) dos Estados Unidos, define a ciencia dos alimentos como "a disciplina na que se utilizan as ciencias biolóxicas e físicas, e a enxeñaría, para estudar a natureza dos alimentos, as causas da súa deterioración, os principios subxacentes no procesamento dos alimentos e a mellora dos alimentos para o consumidor".[3] O libro de texto Food Science define a ciencia dos alimentos, en termos máis simples, como "a aplicación das ciencias básicas e a enxenaría para estudar a natureza física, química e bioquímica dos alimentos e os principios do procesamento dos alimentos".[4]
Actividades dos bromatólogos
[editar | editar a fonte]As actividades dos tecnólogos en alimentos, ou bromatólogos, inclúen o desenvolvemento de novos produtos alimenticios, o deseño de procesos para producir estes alimentos, a selección de materiais de empaquetado, os estudos de vida útil, a avaliación sensorial de produtos mediante enquisas ou consultas con posíbeis consumidores, así como probas microbiolóxicas e químicas.[5] Os científicos de alimentos poden estudar fenómenos máis fundamentais que estean directamente relacionados coa produción de produtos alimenticios e as súas propiedades.
Disciplinas que comprende a bromatoloxía
[editar | editar a fonte]A ciencia dos alimentos reúne múltiplas disciplinas científicas. Incorpora conceptos de campos como a química, a física, a fisioloxía, a microbioloxía e a bioquímica, entre outros. A tecnoloxía alimentaria incorpora conceptos da enxeñaría química, por exemplo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ bromatoloxía no Dicionario da RAG.
- ↑ bromatología no DRAE.
- ↑ Heldman, Dennis R. (Outubro de 2006): "IFT y la profesión de ciencia alimentaria". Tecnología de los Alimentos, p. 11.
- ↑ Potter, Norman N.; Hotchkiss, Joseph H. (1998). Food Science (5th ed.). Springer. ISBN 978-0-8342-1265-7.
- ↑ "Food Science Activity Guides". IFT.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2015. Consultado o 4 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bromatoloxía |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Wanucha, Genevieve (24 de febreiro de 2009): "Two Happy Clams: The Friendship that Forged Food Science". MIT Technology Review.