Saltar ao contido

Burgred de Mercia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBurgred de Mercia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IX Editar o valor en Wikidata
Morte888 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSanto Spirito in Sassia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rei de Mercia
852 – 874
← Beorhtwulf de MerciaCeolwulf II de Mercia → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguerreiro Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEtelsvita (853–) Editar o valor en Wikidata
FillosBeorhtweald Ealdorman of Kent, Beorhtnoð æthling of Kent Editar o valor en Wikidata
PaisBeorhtwulf de Mercia Editar o valor en Wikidata  e Sædryð (?) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Mercia-124

Burgred ou Burhred ou Burghred, finado en 880, foi rei de Mercia entre os anos 852 e 874.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Burgred ascendeu ao trono en 852. Ese mesmo ano ou ao seguinte, Aethelwulf de Wessex solicita a súa axuda para someter o norte de Gales. A campaña foi un éxito e a alianza entre os dous reis quedou selada co matrimonio de Burgred con Aethelswith, filla de Aethelwulf. En 858, o rei merciano apelou a Aethelred de Wessex e o seu irmán, Alfredo o Grande, para recibir axuda militar contra os viquingos daneses, quen conquistaran Nottingham. Os exércitos de Wessex e de Mercia non tiveron que empregarse a fondo e aos daneses permitíuselles pasar alí o inverno. En 874, os daneses trasládanse desde Lindsey cara a Repton e expulsan a Burgred do seu reino.[1] Colocaron no seu lugar a un nobre merciano chamado Ceolwulf, esixíndolle xuramentos de lealdade cara a eles[2]. Burgred retirouse a Roma e faleceu alí no ano 880. De acordo coa Crónica Anglosaxoa, foi enterrado "na igrexa de Santa María, no colexio da nación Inglesa" en Roma.

Burgred é mencionado na Crónica Anglosaxoa durante os anos 852, 853, 868 e 874.

Acháronse moedas pertencentes ao reinado de Burgred -todas posuían a inscrición "Burgred"-, en varios lugares. En decembro do ano 2003, atopáronse moedas de prata do reinado de Burgred en Yorkshire, nun lugar que podería tratarse do primeiro enterramento viquingo en chan inglés no que se usou un barco no ritual.

  1. "Burgred, king of Mercia". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2021-02-09. 
  2. A Crónica Anglosaxoa

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • The Anglo-Saxon Chronicle: MS A v. 3, Janet Bately (ed.), Brewer, Rochester (NY) 1986, ISBN 0-85991-103-9.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]