Saltar ao contido

Caldiserica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caldiserica
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Caldiserica
Clase: Caldisericia Mori et al. 2009
Orde: Caldisericales Mori et al. 2009
Familia: Caldisericaceae Mori et al. 2009
Xénero e especie

Caldiserica é un pequeno filo de bacterias proposto recentemente, que consta dunha soa especie, Caldisericum exile. Esta especie, descuberta en 2009, ten secuencias do seu ARNr 16S o suficientemente distintas como para ser clasificado na súa propia familia, orde, clase e filo.[1] Pertence ao filo candidato OP5, que se lle deu o nome de Caldiserica phyl. nov.

Caldisericum exile AZM16c01T foi atopada en fontes termais do Xapón. É unha bacteria anaeróbica, termófila (crece optimamente a 65 °C), o seu pH óptimo é 6,5, reduce tiosulfato, ten un flaxelo polar e forma filamentos. O seu contido G+C foi de 34,6 mol%.