Saltar ao contido

Carlos II de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos II de España

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Carlos II Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de novembro de 1661 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de novembro de 1700 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Real do Mosteiro do Escorial
Mosteiro do Escorial Editar o valor en Wikidata
Monarca da Coroa de Aragón
17 de setembro de 1665 – 1 de novembro de 1700
← Filipe IV de EspañaFilipe V de España →
Rei de Sardeña
17 de setembro de 1665 – 1 de novembro de 1700
Monarca de Castela e León
17 de setembro de 1665 – 1 de novembro de 1700
← Filipe IV de EspañaFilipe V de España →
Príncipe de Asturias
6 de novembro de 1661 – 17 de setembro de 1665
← Filipe Próspero de AustriaLois I de España → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaReal Alcázar de Madrid Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque de Brabante (1665–1700)
Conde de Barcelona
Rei de Castela
Rei de Navarra
Rei de Galicia
Rei de León
Rei de Granada
Rei das Españas
Rei de Sardeña
Rei de Aragón
Conde de Borgoña
Señor dos Países Baixos
Rei de Nápoles e Sicilia
Duque de Milán
Rei de Xerusalén Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa dos Austria Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMariana de Neoburgo (1690, 1690–)
Maria Luísa d'Orleães (1679–) Editar o valor en Wikidata
PaisFilipe IV de España Editar o valor en Wikidata  e Mariana de Austria Editar o valor en Wikidata
IrmánsXoán Xosé de Austria
Baltasar Carlos de España
Filipe Próspero de Austria
María Tareixa de Austria e Borbón
Margarida Tareixa de Austria
Fernando Tomé de Austria Editar o valor en Wikidata
ParentesMargarida de Austria-Estiria, avoa paterna
Filipe III de España, avó paterno
Fernando III de Habsburgo, avó materno
María Ana de Austria, avoa materna Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1 de maio de 1677oath of the Fueros de Aragón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) Traducir, (vol:6, 10, p.360, 478)
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX836090 WikiTree: Habsburg-60 Find a Grave: 3966 Editar o valor en Wikidata

Carlos II de España, chamado «o Enfeitizado», tamén coñecido como Carlos II de Habsburgo,[1] nado en Madrid, España o 6 de novembro de 1661 e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1700), foi Rei de España[2] entre 1665 e 1700, último da Casa de Austria. Fillo e herdeiro de Filipe IV e de Mariana de Austria, permaneceu baixo a rexencia da súa nai ata que alcanzou a maioría de idade en 1675. O seu alcume víñalle da atribución do seu lamentable estado físico á bruxería e influencias diabólicas. Parece ser que o sucesivos matrimonios consanguíneos da familia real produciron tal dexeneración que Carlos creceu raquítico, enfermizo e de curta intelixencia, ademais de estéril (sospéitase que sufría a síndrome de Klinefelter),[3] o que carreou un grave conflito sucesorio, ao finar sen descendencia e extinguirse así a rama española dos Austrias.[4]

Rexencia de Mariana de Austria (1665-1675)

[editar | editar a fonte]
Carlos II de España no Salón dos Espellos, por Juan Carreño de Miranda (c. 1675).

Filipe IV casou no seu primeiro matrimonio con Isabel de Francia (finada en 1644). Desta unión naceu un único fillo varón, o príncipe Baltasar Carlos, morto en 1646, o que provocou que o rei decidise casar en segundas nupcias (1649) coa súa sobriña a arquiduquesa Mariana de Austria, filla do emperador Fernando III e de María Ana de Austria (irmá de Filipe IV), co obxectivo de asegurar a continuidade dinástica no trono. Deste matrimonio naceron varios fillos, dos cales só sobreviviron a infanta Margarida Tareixa e o último dos fillos varóns, Carlos.

O príncipe Carlos apenas tiña catro anos cando o seu pai finou (1665), deixando este establecido no seu testamento como rexente a súa viúva, a raíña Mariana:

"[...] nomeo por gobernadora de todos os meus Reinos estados e señoríos, e titora do príncipe o meu fillo, e doutro calquera fillo ou filla que me houber de suceder á Raíña dona Mariana de Austria miña moi querida, e amada muller con todas as facultades, e poder, que conforme as leis de foros, e privilexios, estilos e costumes de cada un dos ditos meus reinos, estados e señoríos..."[5]

A raíña sería asistida por unha Xunta de Rexencia formada por seis membros: o Presidente do Consello de Castela (García Haro Sotomayor y Guzmán, conde de Castrillo) , o Vicechanceler do Consello de Aragón (Cristóbal Crespí de Valldaura), un representante do Consello de Estado (Gaspar de Bracamonte y Guzmán, conde de Peñaranda), un Grande de España (Guillén Ramón de Moncada, marqués de Aytona), o Inquisidor xeral (cardeal Pascual de Aragón) e o Arcebispo de Toledo (cardeal Baltasar Moscoso y Sandoval) como máxima autoridade relixiosa na Monarquía.

Cando se abriu o testamento de Filipe IV, un dos membros da Xunta xa falecera: quedaba así vacante o posto do Arcebispado de Toledo. O seu titular, o cardeal Baltasar Moscoso y Sandoval, morrera só unhas horas antes que Filipe IV. A raíña tivo que buscar solucións e coa intención de deixar vacante o posto de Inquisidor xeral, obrigou a Pascual de Aragón a ocupar o Arcebispado de Toledo. Deste xeito, o posto de inquisidor quedou libre para ser copado pouco despois polo máximo confidente da raíña: o seu confesor o pai Juan Everardo Nithard.

O valemento de Xoán Everardo Nithard

[editar | editar a fonte]
Retrato do cardeal Xoán Everardo Nithard, por Alonso del Arco (c. 1674).

A morte de Filipe IV e a asunción da rexencia por parte de Mariana de Austria fixeron que esta se sentise de súpeto soa no medio do vórtice de acontecementos que se sucederon tralo falecemento do seu marido. Albo das miradas, das exaltacións e das críticas, a raíña viúva requiriu o apoio do seu fiel confesor, o pai xesuíta Xoán Everardo Nithard, que a acompañou en 1649 a Madrid desde a corte de Viena, e non só na súa vertente espiritual, senón na controvertida vertente política.

Así, o pai Nithard chegou a copar postos de gran relevancia na monarquía, actuando como un verdadeiro "valido" ao ser case a única persoa na que a raíña rexente depositou a súa plena confianza. Nithard suscitou co seu ascenso un gran número de odios, tanto nos círculos políticos como nos relixiosos; e é que o pai xesuíta non só entrou a formar parte do Consello de Estado en xaneiro de 1666, senón que tamén alcanzou o posto de Inquisidor xeral, a cúspide da grande institución eclesiástica da monarquía. O ascenso do xesuíta a tal dignidade xurídico-relixiosa non foi en absoluto fácil, pero a raíña puxo en xogo todos os recursos que tivo ao seu alcance para conseguir tal cargo para o seu confesor. En primeiro lugar conseguiu que o Inquisidor xeral en funcións, o arcebispo de Toledo, Pascual de Aragón, renunciase ao seu posto e se retirase para o seu arcebispado, deixando á vez o seu posto na Xunta de Rexencia na que, segundo o testamento de Filipe IV, debía estar o Inquisidor xeral.

O segundo paso era o de naturalizar a Nithard, pois un estranxeiro non podía alcanzar o posto de Inquisidor xeral, para o que tivo que gañarse o apoio das cidades castelás con voto en cortes. En terceiro e último lugar, foi necesaria unha aprobación papal xa que Nithard, como xesuíta, debido ás regras da súa compañía, non podía aceptar cargo ningún sen o consentimento do Sumo Pontífice. A raíña non dubidou entón en dirixirse ao papa Alexandre VII para solicitar vehementemente a súa aprobación do posto inquisitorial para o seu confesor.

O papa eximiu a Nithard do seu voto xesuítico que lle impedía exercer cargos políticos, na bula promulgada o 15 de outubro de 1666; con este último acto, o pai xesuíta obtivo o cargo de Inquisidor xeral que de xeito instantáneo o converteu en membro da Xunta de Rexencia.

A nobreza rexeitou desde un principio o ascenso de Nithard, ao que consideraron un advenedizo carente dos merecementos que ostentaba; e os dominicos, orde oposta aos xesuítas, sentíronse feridos no seu orgullo ao observar como un xesuíta lles arrebataba a primacía do confesionario real, así como o gran posto inquisitorial.

Xa que logo, a conxuntura política dun momento no cal o ministro-favorito estaba en decadencia, a baixa condición do elixido, a orde á cal pertencía, as súas mostras de ambición pouco acordes coa súa condición xesuítica e a súa sospeitosa proximidade á raíña, foron as premisas determinantes das numerosas críticas que Nithard recibiu durante o seu valemento.

Porén, Nithard non tivo tanta influencia política como se pensou,[6] e de feito espertaron máis oposición as circunstancias do seu encumbramento ou a súa condición de xesuíta estranxeiro de baixa estirpe e o favoritismo que a raíña mostrou pola súa persoa, que a súa verdadeira xestión á fronte da Monarquía. Nithard fíxose odioso porque taponou as vías de acceso á raíña, feito do que tampouco foi totalmente responsable, pois Mariana de Austria amosaba moita desconfianza coa nobreza española e con Xoán Xosé de Austria, o máximo inimigo do confesor. O papel de Nithard como político e aínda como a máis alta autoridade relixiosa da Monarquía foi máis ben mediocre, sendo a súa verdadeira influencia difícil de calibrar. Parece que favoreceu a inserción de determinados personaxes na Xunta de ministros, foi o ideólogo da Garda Chamberga etc., pero os seus votos no Consello de Estado, de carácter máis teolóxico que político, non sempre foron atendidos.

Por outra banda, Nithard tampouco soubo procurar para si unha rede de poder que o mantivese no seu valemento; ao contrario, nos tres anos nos que gozou da proximidade da raíña, foi gañando inimigos ata ser expulsado coa esperanza de que a súa longa distancia acougase a tormentosa situación política.

O conflito entre Xoán Xosé de Austria e Nithard: A caída do valido

[editar | editar a fonte]
Retrato de Xoán Xosé de Austria (1678), de Juan Carreño de Miranda.

Entre 1665 e 1668, Xoán Xosé de Austria, fillo bastardo de Filipe IV e, polo tanto, medio-irmán de Carlos II, loitou con forza por conseguir un posto de relevancia na Corte, visiblemente desgastado polas súas continuadas campañas militares en Italia, Cataluña, Flandres e Portugal.

Cando finou Filipe IV, en setembro de 1665, Xoán Xosé de Austria tiña 36 anos, mentres que o seu medio-irmán, Carlos II, tan só 4. No seu testamento[7] o Rei deixou disposto o seguinte (cláusula 37):

Por canto declarei por meu fillo a don Xoán Xosé de Austria, que o tiven sendo casado, e o recoñezo por tal, rogo e encargo ao meu sucesor e á Raíña, a miña moi querida e amada muller, o amparen e favorezan e se sirvan del como de cousa miña, procurando acomodalo de facenda, de xeito que poida vivir conforme a súa calidade, se non lla der eu antes da miña morte.[8]

Porén, Xoán Xosé de Austria quedou excluído de todo posto político de relevancia, sexa na Xunta de Rexencia que no Consello de Estado, o que provocou nel un grande estado de prostración, como así indicaba por escrito á Raíña:

[...] que non se dirá contra o máis sagrado da miña intención se visen que Vosa Maxestade me pechaba a porta que Vosa Maxestade, que Deus teña [Filipe IV], me abriu para concorrer nos bancos dun Consello, que é a porta do toque da confianza, e o aprecio dos máis relevantes vasalos, acaso o desmerecín despois acá co meu proceder, ou se viu sombra ou asomo que poida escurecelo? Non señora, nin isto foi, nin pode Vosa Maxestade permitir que me faga un desfavor deste tamaño.[9][10]

A todo isto uniuse o seu malestar, como o doutros grandes e nobres, polo rápido ascenso do xesuíta Nithard.

No terreo político Nithard tivo continuos fracasos, tanto no interior como o exterior (valla recordar o malestar pola firma do Tratado de Lisboa que recoñecía oficialmente a independencia de Portugal). Gañouse ademais moitas antipatías por aconsellar a prohibición das representacións teatrais.

Por outra banda, as esixencias de diñeiro para facer fronte aos múltiples problemas expresados, poñían de relevo a incapacidade do confesor de poñer en marcha unha política económica eficiente. Ademais, os seus proxectos conducintes ao establecemento dunha contribución única e a rebaixar os impostos do consumo, non foron aceptados.

Reinado de Carlos II (1665-1700)

[editar | editar a fonte]
Retrato de María Luísa de Orleáns, raíña de España, por José García Hidalgo (c. 1679).
Retrato de Mariana de Neoburgo, raíña de España, por W. Humer.

Carlos II foi proclamado rei en 1665, aos catro anos. Era unha persoa educada por teólogos e sen coñecementos políticos. Mantivo correspondencia con Sor Úrsula Micaela Morata, mística alacantina, para lle pedir consello. A súa mala saúde facía sospeitar que morrería novo, polo que de novo se descoidou a súa educación; ninguén se preocupou de preparalo adecuadamente para as tarefas de goberno.

A loita contra Valenzuela aumentou e, apoiándose na nobreza, Xoán Xosé de Austria marchou sobre Madrid e tomou o poder en 1677. Valenzuela foi desterrado e a Raíña nai abandonou a Corte, fixando a residencia no Alcázar de Toledo.

Xoán Xosé de Austria, co apoio popular, converteuse no novo valido. O seu goberno quedou ensombrecido pola loita política contra os seus adversarios e a dramática situación da monarquía hispánica, obrigada a ceder o Franco Condado a Francia mediante a Paz de Nimega en 1679. Nese mesmo ano, o Rei, de 18 anos de idade, casa en primeiras nupcias con María Luísa de Orleáns, sobriña de Lois XIV de Francia. Aínda que nunca chegou a estar verdadeiramente namorada do seu marido, co paso dos anos María Luísa chegou a sentir un xenuíno afecto por el. Carlos, pola súa banda, amaba tenramente á súa esposa. Ante a falta de sucesor a raíña chegou a realizar peregrinacións e a venerar reliquias sagradas. Finalmente morreu en 1689, deixando ao rei nun estado depresivo.

O Rei, plenamente consciente da súa incapacidade para asumir as funcións de goberno, deixou o mesmo nas mans do duque de Medinaceli (1680-1685) como o seu valido, e posteriormente no conde de Oropesa (1685-1691). O último intentou poñer orde na economía e facenda real, creando para iso a Superintendencia Xeral da Real Facenda, presidida polo marqués de Vélez, que, aínda que non funcionou como era de esperar, marcou o comezo das futuras reformas borbónicas. Ao enfrontamento coa tradicional aristocracia e a Igrexa, e a súa falta de sintonía coa nova raíña, Mariana de Neoburgo, segunda esposa do Rei, uníronse os desastres da guerra contra Francia –perda de Luxemburgo pola Tregua de Ratisbona en 1684, invasión francesa de Cataluña en 1691– que precipitaron a súa caída en xuño de 1691.

Un dos feitos máis importantes que cambiaría máis tarde a monarquía hispánica foi a Paz de Ryswick, asinada con Francia en 1697 logo da ocupación francesa no Palatinado. A consecuencia máis importante desta paz foi a posibilidade de Francia de acceder ao trono da Coroa española.

O problema sucesorio

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Guerra de Sucesión Española.
Retrato do rei Carlos II, por W. Humer.
Moeda española de ouro acuñada en 1700, o ano da morte de Carlos II.

Aínda que nos últimos anos do seu reinado o Rei decidiu gobernar persoalmente, a súa manifesta incapacidade puxo o exercicio do poder nas mans da súa esposa, a raíña Mariana de Neoburgo, aconsellada polo arcebispo de Toledo, o cardeal Luís Fernández de Portocarrero. Segundo un embaixador francés, durante os últimos anos o rei atopábase en estado moi precario: «O seu mal, máis que unha enfermidade concreta, é un esgotamento xeral».

Dada a falta de posteridade directa do Rei, comezou unha complexa rede de intrigas de palacio en torno da sucesión. Este asunto, convertido en cuestión de Estado, consumiu os esforzos da diplomacia europea. Trala morte do herdeiro pactado, José Fernando de Baviera, en 1699, o rei Carlos II fixo testamento o 3 de outubro de 1700 en favor de Felipe de Anjou, neto de Lois XIV de Francia e da súa irmá, a infanta María Tareixa de Austria e Borbón (1638–1683), a maior das fillas de Filipe IV. Esta candidatura era apoiada polo cardeal Portocarrero. A cláusula 13 do devandito testamento rezaba:

Recoñecendo, conforme diversas consultas de ministro de Estado e Xustiza, que a razón en que se funda a renuncia das señoras dona Ana e dona María Tareixa, raíñas de Francia, a miña tía e a miña irmá, á sucesión destes reinos, foi evitar o prexuízo de unirse á Coroa de Francia; e recoñecendo que, vindo cesar este motivo fundamental, subsiste o dereito da sucesión no parente máis inmediato, conforme as leis destes Reinos, e que hoxe se verifica este caso no fillo segundo do Delfín de Francia: xa que logo, arranxándome a devanditas leis, declaro ser o meu sucesor, no caso de Deus me levar sen deixar fillos, ao Duque de Anjou, fillo segundo do Delfín, e como tal chámoo para a sucesión de todos os meus Reinos e dominios, sen excepción de ningunha parte deles. E mando e ordeno a todos os meus súbditos e vasalos de todos os meus Reinos e señoríos que, no caso referido de que Deus me leve sen sucesión lexítima, o teñan e recoñezan polo seu rei e señor natural, e se lle dea, axiña e sen a menor dilación, a posesión actual, precedendo o xuramento que debe facer de observar as leis, foros e costumes dos devanditos meus Reinos e señoríos.[11]

Mariana de Neoburgo, en cambio, apoiaba as pretensións do seu sobriño, o arquiduque Carlos de Austria, fillo do emperador Leopoldo I. As pretensións do arquiduque austríaco foron apoiadas por Inglaterra e Holanda, as tradicionais inimigas de España durante o século XVI, que ademais rivalizaban coa Francia hexemónica de Lois XIV.

Aínda que o enfeitizado Carlos fose manipulado pola súa contorna para apontoar a candidatura do duque de Anjou, este xa se antepoñía ao seu rival por dereito dinástico.

Carlos II, último dos Habsburgo españois, faleceu o 1 de novembro de 1700, aos 38 anos, aínda que aparentaba unha maior idade. Segundo o médico forense, o cadáver de Carlos «non tiña nin unha soa pinga de sangue, o corazón apareceu do tamaño dun gran de pementa, os pulmóns corroídos, os intestinos putrefactos e gangrenados, tiña un só testículo negro como o carbón e a cabeza chea de auga».[12]

Dise que no momento de expirar viuse en Madrid brillar o planeta Venus xunto ao Sol, o cal se considerou un milagre. Ao mesmo tempo, na afastada Bruxelas, onde evidentemente non chegaran aínda as noticias da morte do rei, cantouse un Tedeum na igrexa de Santa Gúdula pola súa recuperación. Ao decatarse disto, o astrólogo Van Velen exclamou que rezaban pola melloría do monarca cando en realidade acababa de falecer.

O 6 de novembro a noticia do falecemento do rei Carlos II chegou a Versalles. O día 16 Lois XIV anunciou que aceptaba o estipulado no testamento do rei español. O xa Filipe V de España partiu para Madrid, onde chegou o 22 de xaneiro de 1701. A tensión entre Francia e España e o resto de potencias europeas, que xa desde un principio desconfiaban do poder que ían acumular os Borbóns, aumentou debido a unha serie de erros políticos cometidos nas cortes de Versalles e Madrid. Austria, que non recoñecía a Filipe V como rei enviou un exército para os territorios españois en Italia, sen previa declaración de guerra. O primeiro encontro entre este exército e o francés produciríase en Carpi o 9 de xullo. O 7 de setembro Inglaterra, as Provincias Unidas e Austria asinaron o Tratado da Haia e en maio de 1702 todos declaraban a guerra a Francia e España.

Imaxe do Rei

[editar | editar a fonte]

Cando o rei tiña vinte anos, a súa figura e deplorable estado chegarían a impresionar ao nuncio papal:[13]

O rei é máis ben baixo que alto, non mal formado, feo de rostro; ten o pescozo longo, a cara longa e como encurvada cara arriba; o labio inferior típico dos Austria; ollos non moi grandes, de cor azul turquesa e pel fina e delicada. O cabelo é loiro e longo, e o leva peitado cara atrás, de xeito que as orellas quedan ao descuberto. Non pode enderezar o seu corpo senón cando camiña, a menos de arrimarse a unha parece, unha mesa ou outra cousa. O seu corpo é tan débil como a súa mente. De cando en vez da sinais de intelixencia, de memoria e de certa vivacidade, pero non agora; polo común ten un aspecto lento e indiferente, torpe e indolente, parecendo estupefacto. Pódese facer con el o que se desexe, pois carece de vontade propia.[14]

Devanceiros

[editar | editar a fonte]
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Carlos I de España
 
 
 
 
 
 
 
8. Filipe II de España (=28)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Isabel de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
4. Filipe III de España (=14)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Maximiliano II de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
9. Ana de Austria (=29)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. María de Austria e Portugal
 
 
 
 
 
 
 
2. Filipe IV de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Fernando I de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
10. Carlos II de Estiria (=24/30)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Ana de Bohemia e Hungría
 
 
 
 
 
 
 
5. Margarida de Austria-Estiria (=15)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Alberte V de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
11. María Ana de Baviera (=25/31)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Ana de Habsburgo-Jagellón
 
 
 
 
 
 
 
1. Carlos II de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Carlos II de Estiria (=10/30)
 
 
 
 
 
 
 
12. Fernando II de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. María Ana de Baviera (=11/31)
 
 
 
 
 
 
 
6. Fernando III de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Guillerme V de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
13. María Ana de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Renata de Lorena
 
 
 
 
 
 
 
3. Mariana de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Filipe II de España (=8)
 
 
 
 
 
 
 
14. Filipe III de España (=4)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Ana de Austria (=9)
 
 
 
 
 
 
 
7. María Ana de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Carlos II de Estiria (=10/24)
 
 
 
 
 
 
 
15. Margarida de Austria-Estiria (=5)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. María Ana de Baviera (=11/25)
 
 
 
 
 
 
  1. VVAA (2010). Cronología de los reyes españoles (en castelán). Linkgua. p. 18. ISBN 978-84-9816-763-4. 
  2. A titulación variaba duns territorios a outros, desde o Tratado de Lisboa (1668) comprendía na súa totalidade:
    Rei de Castela e de León, de Aragón (como Carlos II), das dúas Sicilias (Nápoles, como Carlos V, e Sicilia, como Carlos III), de Navarra (como Carlos V), de Xerusalén, de Hungría, de Dalmacia, de Croacia, de Granada, de Valencia, de Toledo, de Galicia, de Mallorca, de Sevilla, de Sardeña, de Córdoba, de Córsega, de Murcia, de Xaén, de los Algarves, de Alxeciras, de Xibraltar, das illas Canarias, das Indias orientais e occidentais, das Illas e Terra Firme do Mar Océano, Arquiduque de Austria,
    Duque de Borgoña (como Carlos III), de Brabante e Lotarinxia, Limburgo, Luxemburgo, Güeldres, Milán, Atenas e Neopatria,
    Conde de Habsburgo, de Flandres, de Artois, Palatino de Borgoña, de Tirol, de Henao, de Namur, de Barcelona, de Rosellón e de Cerdaña,
    Príncipe de Suabia,
    Margrave do Sacro Imperio Romano, Marqués de Oristán e Conde de Gociano,
    Señor de Vizcaya e de Molina, de Frisia, Salins e Malinas
    Dominador en Asia e África
  3. Sobre a estreita consanguinidade dos Austrias como explicación de boa parte das enfermidades do Rei, véxase Gonzalo Álvarez et alii, «El "hechizo" genético de Carlos II», Investigación y Ciencia, 403, abril de 2010, págs. 10-11.
  4. Biografías y Vidas. "Carlos II de España". Consultado o 4 de xullo de 2004. 
  5. "[...] nombro por gobernadora de todos mis Reynos estados y señoríos, y tutora del príncipe mi hijo, y de otro qualquier hijo o hija que me hubiere de suceder a la Reyna doña Mariana de Austria mi muy chara, y amada muger con todas las facultades, y poder, que conforme a las leyes fueros, y privilegios, estilos y costumbres de cada uno de los dichos mis regnos, estados y señoríos..."Copia del testamento de Felipe IV, cláusula 21.
  6. Oliván Santaliestra, Laura: "Mariana de Austria en la encrucijada política del siglo XVII", páx. 100. Universidade Complutense de Madrid. Madrid 2006
  7. Testamento de Felipe IV (1982), introducción de Domínguez Ortiz, Antonio. Colección Documenta
  8. Por cuanto tengo declarado por mi hijo a don Xoán Xosé de Austria, que le hube siendo casado, y le reconozco por tal, ruego y encargo a mi sucesor y a la Reina, mi muy cara y amada mujer, le amparen y favorezcan y se sirvan de él como de cosa mía, procurando acomodarle de hacienda, de manera que pueda vivir conforme a su calidad, si no se la hubiero dado yo antes de mi muerte.
  9. [...] que no se dirá contra lo más sagrado de mi intención si viesen que Su Majestad me cerraba la puerta que Su Majestad que Dios haya [Felipe IV] me abrió para concurrir en los bancos de un Consejo, que es la puerta del toque de la confianza, y el aprecio de los más relevantes vasallos, ¿acaso lo he desmerecido después acá con mi proceder, o se ha visto sombra o asomo que pueda oscurecerlo? No señora, ni esto ha sido, ni puede Vuestra Majestad permitir que me haga un disfavor de este tamaño.
  10. A.H.N., Estado, Libro 873.
  11. Testamento de Carlos II.
  12. GARGANTILLA, Pedro. "Enfermedades de los reyes de España. Los Austrias : de la locura de Juana a la impotencia de Carlos II el Hechizado". La Esfera de los Libros, 2005. ISBN 8497343387.
  13. Pfandl, Ludwig, Carlos II, Afrodisio Aguado, Madrid, 1947, p. 386.
  14. El rey es más bien bajo que alto, no mal formado, feo de rostro; tiene el cuello largo, la cara larga y como encorvada hacia arriba; el labio inferior típico de los Austria; ojos no muy grandes, de color azul turquesa y cutis fino y delicado. El cabello es rubio y largo, y lo lleva peinado para atrás, de modo que las orejas quedan al descubierto. No puede enderezar su cuerpo sino cuando camina, a menos de arrimarse a una pared, una mesa u otra cosa. Su cuerpo es tan débil como su mente. De vez en cuando da señales de inteligencia, de memoria y de cierta vivacidad, pero no ahora; por lo común tiene un aspecto lento e indiferente, torpe e indolente, pareciendo estupefacto. Se puede hacer con él lo que se desee, pues carece de voluntad propia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Baviera, Adalberto de. Mariana de Neoburgo, Reina de España Espasa-Calpe, Madrid, 1938.
  • Calvo Poyato, José. La vida y época de Carlos II el Hechizado Planeta, Barcelona, 1998.
  • Contreras, Jaime. Carlos II el Hechizado. Poder y melancolía en la Corte del último Austria. Temas de Hoy, Madrid, 2003.
  • Maura Gamazo, Gabriel. Vida y reinado de Carlos II Espasa-Calpe, Madrid, 1942.
  • Pfandl, Ludwig. Carlos II Afrodisio Aguado, Madrid, 1947.
  • Ribot, Luis. El arte de gobernar. Estudios sobre la España de los Austrias. Alianza, Madrid, 2006.
  • Dr. Antonio Castillo. «Carlos II. El fin de una dinastía enferma»Arquivado 02 de febreiro de 2015 en Wayback Machine., 2005

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Filipe Próspero de Austria
Príncipe de Asturias
1661-1665
Sucesor:
Lois de Borbón
Predecesor:
Filipe IV

Rei de España, Nápoles, Sicilia e Sardeña
Soberano dos Países Baixos
Duque de Milán

1665-1700
Sucesor:
Filipe V
Predecesor:
Filipe IV de España
Conde de Borgoña
1665-1678
Sucesor:
Incorporado a Francia
(Tratado de Nimega)
Predecesor:
Filipe IV de España
Conde de Charolais
1665-1684
Sucesor:
Lois II de Borbón-Condé