Saltar ao contido

Casa da Navegación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa da Navegación
Coordenadas
PaísGalicia
CidadeBaiona
TipoMuseo do mar
DirectorRosa Villar Quinteiro
Inauguración1 de marzo de 2015[1][2]
Visitantes4.632 o primeiro mes,[3]
8.346 os 6 primeiros meses[4]
Na rede
Facebook: CasaNavegacionBaiona Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Casa da Navegación é un espazo expositivo de titularidade municipal do concello de Baiona, na provincia de Pontevedra.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O museo, proxecto que comezou no ano 2009, costeado pola Deputación provincial de Pontevedra e o concello de Baiona, foi inaugurado o 1 de marzo de 2015 por representantes doutras dúas institucións: o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a daquela ministra de Fomento, Ana Pastor Julián.[1][2]

O edificio, a Casa María Carvajal,[5] que anteriormente foi casa do concello, foi rehabilitado para o uso actual.[6] De dous andares, alberga unha colección procedente, en parte, do Museo do Mar de Galicia e o Museo Provincial de Pontevedra, onde estaba en depósito, que inclúe unha réplica feita no 2001 da Carta Puebla fundacional de Afonso IX, cartografía da colección de Román Pereiro Alonso e outros documentos, pezas arqueolóxicas (unha lauda sepulcral, unha moeda do século XIII e fragmentos de cerámica), unha maqueta da carabela Pinta feita en 1985, o robot submarino RU-27, mobiliario (entre o que destaca o arquivo do corrixidor),[7] aparellos de pesca cedidos por Remigio Leyenda, fotografías cedidas por Esperanza Fernández Vernet, instrumentos de navegación, obxectos procedentes de naufraxios, vellas lámpadas do faro Silleiro e dúas pequenas pezas de artillaría.[8]

En 2015 o Valedor do Pobo abriu un expediente por ter o museo todo o texto exposto (tanto as placas dos obxectos como os paneis de gran formato) exclusivamente en castelán e inglés, excluído a lingua galega. O concello alegou falta de espazo e que a exposición estaba orientada a un público estranxeiro.[9]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]