Saltar ao contido

Catedral de Milán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Milán
Catedral de Milán dende a Piazza del Duomo
Datos xerais
PaísItalia Italia
RexiónLombardía
TipoCatedral
AdvocaciónNosa Señora
LocalizaciónMilán
Coordenadas45°27′50″N 9°11′26″L / 45.463968, 9.190578
CatalogaciónPatrimonio da Humanidade pola UNESCO en Francia (1979).
Culto
CultoIgrexa católica latina
DioceseArquidiocese de Milán
Arquitectura
Construción1386 - séc. XIX
Estilogótico, neoclásico e neogótico
Medidas158 x 92 (altura=108,5m)
Páxina webwww.duomomilano.it/en/
editar datos en Wikidata ]

A catedral de Milán (en italiano: duomo di Milano) sitúase na praza central da cidade de Milán, na Lombardía, no norte de Italia. É a sé da arquidiocese de Milán e unha das máis célebres e complexas edificacións en estilo gótico de Europa.

Historia e arte

[editar | editar a fonte]

Trátase dunha catedral inmensa, con 157 m de lonxitude e 109 m de largura. O interior ten cinco naves cunha altura que chega aos 45 metros, divididas por 40 piares. Posúe un transepto con tres naves. O estilo gótico da catedral é único (gótico flamíxero).

Fachada principal da catedral con ameados do século XVIII

A construción do edificio comezou en 1386 baixo a iniciativa do arcebispo Antonio da Saluzzo, nun estilo gótico serodio de influencia francesa e centroeuropea, distinto ao estilo corrente daquela en Italia. Os traballos foron apoiados polo señor da cidade, o duque Gian Galeazzo Visconti, que impulsou a obra a través de facilidades fiscais e promoveu o uso do mármore de Candoglia como material de construción. A obra avanzou axiña, e en 1418 o altar mor da catedral foi consagrado polo papa Martiño V. Xa a mediados do século XV a parte leste (ábsida) da igrexa estaba completa. A partir desta data, porén, as obras proseguiron amodo até fins do século XV.

Vista da nave da catedral.

Entre 1500 e 1510 a cúpula octagonal do cruceiro foi completada e o interior foi decorado con varias series de estatuas. Porén, a fachada oeste do edificio permaneceu aínda inacabada. En 1577 a catedral foi consagrada novamente polo arcebispo Carlos Borromeu. A fachada non foi construída até o século XVII, en estilo manierista. A mediados do século XVIII foi completada a parte externa da cúpula, onde se colocou a estatua da Madoninna.

En 1805, por iniciativa directa de Napoleón, que invadira a Italia, as obras foron recomezadas. Nesa época a fachada principal e gran parte dos detalles exteriores, como os pináculos, foi completada nunha mestura de estilos, entre o neogótico e o neobarroco. Non foi até 1813 cando a catedral foi dada por finalizada, máis de catrocentos anos após o inicio das obras. Porén no século XX foi necesario trocar as cinco portas da fachada, traballos que remataron en 1965.

A catedral é actualmente un importante punto turístico de Milán, e dende o alto é posíbel ollar toda a cidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]