Cerinthe major
Cerinthe major | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cerinthe major | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Cerinthe major' L. |
A Cerinthe major é unha planta da familia das Boraginaceae.
Descrición
[editar | editar a fonte]Planta anual, glabra, de 15-80 cm de altura. Talo erecto, ramificado. Follas verde-azuladas con manchas brancas, con pequenas protuberancias, ciliadas, as inferiores cortamente pecioladas, espatuladas, as superiores sésiles, ovaladas, acorazonadas pola base, de 3-6 cm de longo e até 1,5 cm de ancho. Flores inclinadas, en acios terminais. Esporófilos ovais, con frecuencia de ton violeta, tan longos ou máis que o cáliz. 5 sépalos de lonxitude desigual. Corola amarela, de ton violeta amarronado pola base, na garganta cun anel marrón avermellado, tubular, de 1,5-2 (3) cm de longo e até 8 mm de ancho, máis do dobre de longo que o cáliz. Marxe moi curta, por arriba escotado ou pouco dentado, moi revolto, núcula negruzca, glabra.[1]
Hábitat
[editar | editar a fonte]Terreos de cultivos e baldíos. Marxes dos camiños.
Distribución
[editar | editar a fonte]No Mediterráneo e Portugal.
Propiedades
[editar | editar a fonte]Indicacións: é utilizado como diurético, antiescorbútico. Usado en ictericia.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Cerinthe minor foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 136. 1753.[3]
- Citoloxía
Número de cromosomas de Cerinthe major (Fam. Boraginaceae) e taxóns infraespecíficos: 2n=16[4]
- Cerinthe aspera Roth
- Cerinthe gymnandra Gasp.
- Cerinthe longiflora Viv.
- Cerinthe oranensis Batt.[5]
- Ceranthe acuta (Moench) Opiz
- Cerinthe acuta Moench
- Cerinthe alpina Vis.
- Cerinthe aperta Clairv.
- Cerinthe glabra subsp. longiflora (Viv.) Kerguélen
- Cerinthe glauca Moench
- Cerinthe major subsp. elegans (Fiori) Giardina & Raimondo
- Cerinthe major var. elegans Fiori
- Cerinthe strigosa Rchb.
- Cerinthe versicolor Hallier ex Steud.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bayer, E.; Buttler K.P.; Finkenzeller X.; Grau J. (1989). Plantas del Mediterráneo. Barcelona:Blume. ISBN 84-7031-629-X.
- ↑ "Cerinthe major". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2010. Consultado o 30 de novembro de 2009.
- ↑ "Cerinthe major". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 23 de decembro de 2012.
- ↑ Chromosome numbers of some flowering plants of Spain and France. Gadella, Th., E. Kliphuis & E. A. Mennega (1966) Acta Bot. Neerl. 15(2): 484-489
- ↑ "Cerinthe major". Real Jardín Botánico: Proyecto Anthos. Consultado o 23 de decembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cerinthe major |