Comarca da Terra de Trives
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | A Pobra de Trives | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.835 (2020) (8,88 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 431,71 km² | ||||
A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. A súa capital é A Pobra de Trives, e pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A comarca está bañada polo leste polo río Bibei. Un dos seus accidentes xeográficos máis importantes é o pico Cabeza de Manzaneda, con máis de 1.750 metros. A extensión é de 431,71 quilómetros cadrados,[1] un 1,46% da superficie total de Galicia.
Demografía
[editar | editar a fonte]No ano 2020, a comarca posuía 3.835 habitantes.[1] Unha proba da súa pouca poboación é a densidade, de tan só 8,88 habitantes por quilómetro cadrado, moi inferior á media galega.
Concello | Habitantes 2020[2] |
---|---|
Chandrexa de Queixa | 472 |
Manzaneda | 843 |
A Pobra de Trives | 2.014 |
San Xoán de Río | 506 |
Total | 3.835 |
Padrón municipal 2020 | 3.835 habitantes[1] |
---|---|
Menores de 15 anos | 219 (5,71 %) |
Entre 16 e 64 anos | 2.012 (52,46 %) |
Maiores de 65 anos | 1.604 (41,83 %) |
Turismo
[editar | editar a fonte]O negocio do turismo rural comeza a ter valor na comarca. Pero a existencia da estación de esquí no concello de Manzaneda dá moita importancia turística a esta zona, xa que é a única estación de esquí galega.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes da comarca da Terra de Trives.
-
Concellos de Terra de Trives.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-02.
- ↑ "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-02.
Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |