Competencia administrativa
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Competencia.
A competencia administrativa é un dos presupostos da acción da administración pública
No exercicio das potestades públicas, o suxeito activo ha ser sempre un órgano da Administración, pero ademais debe ser o órgano competente.
Clases
[editar | editar a fonte]- Por razón do territorio, en virtude da cal cada órgano administrativo ten competencia fronte aos seus iguais no territorio que se lle asigne.
- Segundo o tipo de administración (administración estatal, autonómica ou local), cada órgano terá as súas competencias, propias e excluíntes, ou ben compartidas. O acto administrativo ditado por un órgano incompetente territorialmente é nulo de pleno dereito.
- Por razón da materia, en virtude da cal a cada órgano da Administración atribúenselle competencias nunha ou máis materias. O acto administrativo ditado por un órgano incompetente por razón da materia é nulo de pleno dereito.
- Por razón da xerarquía, en virtude do cal atribúese a competencia a uns órganos preferentemente respecto dos seus superiores ou inferiores. O acto administrativo ditado por un órgano incompetente por razón da xerarquía é anulable.